Despois da felicitación, esquecíaseme o agasallo: para os ribadenses, a ría de Ribadeo deixounos alomenos un agasallo hoxe mesmo, a reducción dun tesón ó quedar constituído nun en marea baixa os dous de Mirasol – Vilavella, para pasar a ser o de Mirasol e Vilavella, dende o que se pode pasar a terra firme polo Costal sen mollar as unllas dos pés en marea baixa. Poderase comprobar mañá entre 11 e 11:30, se as condicións de vento e demáis son propicias. A foto, polo momento está por sacar.