Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un novo contubernio xudeo-masónico?


Hoxe, sábado 3 de novembro de 2007 aparece na Comarca un pequeno artigo asinado de xeito anónimo como ‘Pichi’. Para quen non esteña enterado, ese seudónimo deu pé a outros artigos anteriores do que poderiamos chamar ‘crítica política’, por chamarlle algo. A ampliación sucesiva da culpabilidade do malo que sucede no concello (tapando ou non considerando algunha hazaña dalgún grupo político), dende pouco despois das eleccións municipais, pasou dende ó equipo de goberno, primeiro polo principal grupo da oposición, para estar agora xa na asociación de veciños, alomenos na persoa de tres membros da diretiva relacionados coa mesma, entre as que me atopo. Claro está, como manda o estilo mantido, tamén con alusións e non con nomes. Só dicir que as acusacións verquidas e sucesivamente ampliadas fan delas unha nova versión daquel ‘contubernio xudeo-masónico’ de tempos pasados, pero neste caso, curiosamente invocado dende unha oposición non só resentida, senón desinformada. Está visto que, por exemplo, o autor non pasa moito por este blog.
De calquera xeito, si teño que darlle a razón nalgo a ‘Pichi’: nin o Tesón, nin eu, estamos ‘dicindo’ tantas cousas deste goberno como do anterior. De calquera xeito, as causas son outras. A primeira, a estas alturas do anterior goberno non dicíamos moito máis (aí están os rexistros escritos en papel ou en formato dixital para corroboralo). A segunda, en valor absoluto, o anterior goberno (do que formaba parte tamén a maioría do equipo de goberno actual, non me esquezo) perpetrou abondas máis tropelías que as atribuíbles ó actual, o que, co pouco tempo que leva, pode xa equipararse en realizacións positivas.
Ben, mesmo no estilo, téñoo claro: prefería a aquél ‘charamuscas’ do século pasado.
Deste ‘Pichi’ agradezo que me equipare a dúas persoas que aprezo. Por certo, remata cunha cita de dúas verbas alemáns, ‘Deutsch Grüsse’, que lle conviría revisar se é que as puxo por algo máis de pola crenza de que non se lle entendería.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *