Onte coincidín na Veiga (enténdase, Veiga de Ribadeo, segundo consta no seu palco da música de hai un século) pouco despois do máximo de marea alí (que é despois do máximo de marea en Porcillán, ó igual que este éo un pouquiño despois do máximo na illa Pancha) e puiden observar como aínda estaba algo ainundada a zona baxa do aparcamento coa auga que saía das alcantarillas. Hai que lembrar que a Veiga se fixo en grande parte sobre zonas que de non estar construídas, hoxe serían marismas e xuncais, e que os ríos foron desviados e canalizados. A auga, un líquido, estúdase no colexio que non ten forma fixa, que se adapta ós recipientes, e esquécese dicir que polo tanto, cando hai moita, pode rebosar tamén con facilidade. Se onte fora un día chuvioso, xa estaba cantada a inundación. Aínda así, o día anterior manifestáranse 500 persoas en contra do deslinde de costas, pois queren aproveitar máis xuncais para dar unha expansión ó pobo, expansión que tildan de ‘mantible’. As fotos dan idea da mantenibilidade en marea alta.
Despois de ver o que amosan as fotos, vin os carteis para a manifestación e os planos (en post a parte), e aínda agora estou pensando se enentedería ben e a manifestación non sería para pedir a costas que o deslinde incluíra pra o futuro tirar edificios xa construídos. Pero parece que non.