Onte houbo outro acto musical máis, o concerto do campamento musical. A música dos rapaces foi acompañada por uns ceos incribles; o que puiden gardar de ambos non fai fe á realidade…
As fotos, o equipo de profesores do campamento, o equipo da Semana Santa tentando obter cartos para celebrala o mellor posible, o edificio dos Moreno reproducido dun xeito transparente, e unha mostra das nubes (seguirán outras ó rematar a serie das Casas de indianos), máis un pequeno vídeo.