Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Algo diferente



Atopámonos hoxe na prensa con que o alcalde manda investigar se dous socorristas foron ó bar en hoario de salvamento. Ó mellor é porque non saiu na prensa, pero coido que é a primeira vez en tempo que vexo que algo desto pasa en Ribadeo. E refírome a que se tente un mínimo control, non a que haxa descontrol.
Pode interpretarse como un primeiro paso, pero a raíz de comentarios escoitados, coido que eso é o que espera a poboación, que haxa un primeiro paso. É de supoñer a existencia dun protocolo de actuación para os socorristas, e tamén lóxico sería que un protocolo adaptado fora de disposición de cada colectivo de persoal do concello. Hainos? Penso que non, senon que máis ben polo contrario estánse a transferir tarefas asignadas entre persoas: unha práctica que pode resultar moi ben, maximizando o rendemento no traballo de cada persoa e creando un clima de cooperación, pero que de non ser controlada ten moitas probabilidades de descontrolar á súa vez toda a estrutura de funcionamento da casa grande.
A imaxe, parella a outra que puxen ai non moito, unha vista da atalaia, flanqueada pola ría de Ribadeo e polo edificio ‘reconstruído’ da beira.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *