Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

On, Off e a auga




A auga botou abaixo a presentación ó aire libre das curtas feitas en Ribadeo: tivo que ser no cine teatro, coas xente sen avisar. Curtas que tiñan moita miga, con algúns defectos técnicos lóxicos nunha realización total de pouco tempo, seguindo o lema non escrito ‘apresa, apresa’. Polo menos a min gustáronme en xeral; e puxen o meu gran de area co vídeo de ‘Rinlo, o día despois’ (en youtube, “Olas en Rinlo“)
Onde, a falta de poder dividirme non puiden ir, foi ó fesival lírico que tivo lugar no Hernán Naval…
Mentras, parece que aínda continúa a operación antidroga, despois dunha trintena de detidos, o que non implica que se acabe co ruído nouturno entre outras cousas.
As fotos, da vella baixada ó mar de Rinlo, hoxe non moi ben conservada no seu tramo final, e da auga escorrendo despois de estoupar a onda contra as rochas na viciñanza da cetarea vella.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *