Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De viaxe por Ribadeo


Parece xa institucionalizado que a Volta a Galiza en barco parta de Ribadeo, e que a volta a España en avioneta pase por aquí, entre as moitas celebracións que esta época de verán ten establecidas, e que se trata de non perder, como no caso da xira, collida este ano in extremis polo concello. Mentres, procúrase que outras crezan, como o festival de curtas.

Por outra parte, vai chegando o que xa se temía hai algúns anos: os recheos pola parte asturiana. Así, xa se prevé un nas Figueiras, e, como non, con motivo da ampliación do peirao para embarcacións deportivas. É dicir, o xa lóxico, despois de comezar os recheos en Ribadeo, seguindo a traer secuelas que afectan á ría (tanto da que sexa de Ribadeo como ‘das Figueiras’…)

De calquera xeito, parece que en Ribadeo a moda é mirarse ó embigo. Acusación tras acusación cruzada sobre culpabilidades e demais, a débeda parece establecerse en 2,85M€. Non sei como está contratada, pero ó 4% (o que non parece moito ós xuros actuais) saen 114000€/ano de xuros (a parte amortización, claro), é dicir, algo máis de 300€/día ou o que é parello, algo máis de 50000pts/día. O tema da controversia da débeda é un teatro máis que engadir ás moitas actividades que se están a realizar.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *