Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Estratexias vs. estratexias (mar108), un artigo do ano 99


…un vello artigo (aló polo 1999):
Ó longo da historia, sempre se manifestou, en toda guerra, unha loita de estratexias. Neste caso ó que me quero referir, as económicas, as usadas polas empresas no seu combate polo crecimento e supervivencia, bátense contra as de futuro, as que poideran garantizar o mantimento da Terra nun xeito parello a como ate agora a coñecimos.
De xeito contínuo as estratexias dos grupos económicos tentan forzar os límites que se impoñen de xeito natural, xa sexa pola tala das selvas do Brasil ou pretendendo reabrir unha balsa de refugallos tóxicos despois dunha catástrofe coa ameaza, en caso contrario, de máis de dous mil despidos. A loita / paradoxo que se da en moitos casos provén da estrutura económica e social a nivel mundial … estrutura que se quere cambiar dende hai algún tempo, pero que non se ve cerca aínda. Mentres, estratexias nun e noutro sentido seguirán a loitar e non a cooperar.
Asi, hoxe en dia pódense observar moitos exemplos desa guerra. Fai non moito tempo a prensa facía eco de que os prezos do petróleo baixan, e hai países que están aumentando a súa producción para que non suba. Hoxe, co aumento novamente do consumo, os prezos volveron aumentar. Analizando o por que da baixa (producíase no inverno, que é unha época dun consumo maior de combustible no hemisferio norte, e polo tanto, en toda a Terra), parece unha contradición, pois así os ingresos por exportacións deses países diminúen. Mentres, o petróleo segue consumíndose cada dia un pouco máis (como quedou amosado dende aquela), aínda que caiga en porcentaxe como subministrador de enerxía, e aumentan a súa importancia outras fontes enerxéticas, incluíndo unhas que non rematan de “despegar”: as renovables.
Pois ben, está amosado que o que se trata é de forzar os precios á baixa para lastrar así o desenvolvemento doutras fontes enerxéticas alternativas. Non importa que poidan ser máis rentables para un desenvolvemento que pode manter o planeta, ou que o impedir o desenvolvemento de novas fontes enerxéticas implique que pobos enteiros non podan dispoñer de cartos para subministrarse enerxéticamente. O caso é asegurar o poder dos países productores de petróleo que teñan grandes reservas e o das compañías multinacionais baseadas nesa fonte enerxética. Para min a estratexia é equivocada, pero ¡calquera se opón ós grandes popes do petróleo! E o caso é que cando hai en marcha unha idea e non hai oposición, esa idea triunfa.
En economía amosouse moitas veces, dende o primeiro ferrocarril pola beira do Sena ó formato de vídeo que triunfou, pasando polas opinións confesas do célebre Alan Greenspan para facer dar un volco ás finanzas norteamericanas. Calquera dos tres casos pode dicirse emblemático: Alan Greenspan, Presidente da Reserva Federal dos EUA, co poder suficiente como para que cando falara sobre finanzas se sobreentendera que o que dixera ía suceder. Nun caso tal, a xente fai como se fora seguro que sucederá e así é impepinable que ocorra.
No ferrocarril á beira do Sena, ó comezo do desenvolvemento deste medio de transporte o século pasado, había dous proxectos enfrontados. Un deles contaba co apoio dos Rotschild, daquela a familia máis rica do mundo (e aínda hoxe moi respetable nese sentido). Saíron ambos a bolsa para financiarse, pero a maniobra foi clara: dende unha posición dominante na bolsa, os Rotschild manexaron o prezo das accións dos opoñentes, de tal xeito que a sociedade contraria quebrou antes de que o ferrocarril poidese facer a súa primeira viaxe. E eso que o proxecto parecía ser o mellor.
Tamén mellor técnicamente era (e non só parecía) o formato beta en relación ó VHS. Trate de buscar hoxe un lector de vídeo en formato beta, ou cintas nese formato. Tampouco neste caso non houbo oposición. O que parece que sucedeu foi que o formato VHS foi concedido en licencia a moitos fabricantes, mentras o beta só o seguiu fabricando a industria que o patentou. As productoras de películas viron máis rentable o reproducir en cintas VHS por ser máis o número de productores deses aparellos, e os usuarios de beta atopáronse que tiñan unha oferta menor. Este fenómeno acelerouse ata que o beta desapareceu. Un caso semellante é o dos ordenadores mac fronte os pc.
Retomemos o caso do petróleo, sempre en marcha. O uso de novas tecnoloxías fai que se revisen ó alza as reservas disponibles, pois é posible un mellor aproveitamento. É evidente que a Terra non aumenta de recursos, que non son renovables e están catalogados nunha alta porcentaxe, case por completo, segundo se supón. Así, a pesar de que consumo aumenta, as reservas pasaron de estimarense en vinte anos (arredor de 1985) a 40 anos hoxe … sen aumentar grandemente os xacementos catalogados. Resultado da estratexia: hai máis cartos para as tecnoloxías do petróleo, e seguirá aumentando a contaminación e desperdiciándose este recurso como fonte de enerxía non renovable. Estratexia económica,1 – Estratexia ecolóxica,0.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *