Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sacrificar ‘Un pouco’ o medio natural en Galicia




Esa é a proposta que me atopo nun xornal do domingo, feita por o partido político que aínda hoxe é maioritario en Galicia. E pregúntome que é eso de ‘un pouco’. A cita, “Para que Galicia siga siendo capital mundial de la acuicultura hay que sacrificar un poco el medio natural”, está atribuída a José Manuel Balseiro, portavoz de pesca do partido.
O de un pouco de sacrificio alleo é algo moi recorrido. O propio, non tanto. Coincide o recurso a fastidiar un pouco a nosa costa coa elección de As Catedrais (é dicir, Augas Santas) como mellor praia de Galicia. Algo que parece incompatible co anterior. E que tamén asombra un pouco a quen vaia por alí non á praia nin de turista, pois a cantidade de xente que por alí pasa coido que fai difícil desfrutar da praia, que polo demáis desaparece coa marea (eso si é unha ventaxa nos tempos que corren)
Mentres constatan en Viveiro a grande afluencia de turistas, a pesares do tempo mediano que houbo ata o momento este verán.
Dúas notas extra: Xa varias persoas me preguntaron pola distribucións de delegacións. Lembro que está en Ribadeo Historia, nesta entrada.
E, durante a semana pasada foron caendo a contagotas na prensa novas presentando unha mesma realidade: os salarios, a nivel España, perden porcentaxes de valor en relación ás ganancias do capital.
As fotos, un raposo na cuneta en pleno aparcamento de Santa Cruz. Era pequeno, como pode verse por comparación cunha man. A foto é de onte.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *