Son provisionais, pero…
votos obtidos | %sobre censo | %sobre votos | %sobre votos a partidos | 1ºcon | 2ºcon | 3ºcon | 4ºcon | (5ºcon) | ||
BNG | 1927 | 21,22 | 30,53 | 31,23 | 1927 | 963,50 | 642,33 | 481,55 | 385,40 | |
PP | 1815 | 19,99 | 28,75 | 29,41 | 1815 | 907,50 | 605,00 | 453,75 | 363,00 | |
PSOE | 1530 | 16,85 | 24,24 | 24,79 | 1530 | 765,00 | 510,00 | 382,50 | ||
UPRi | 899 | 9,90 | 14,24 | 14,57 | 899 | 449,50 | 299,67 | |||
Total partidos | 6171 | 67,96 | 97,77 | 100,00 | ||||||
nulos | 50 | 0,55 | 0,79 | |||||||
branco | 91 | 1,00 | 1,44 | |||||||
total emitidos | 6312 | 69,51 | 100,00 | |||||||
abst | 30,49% | |||||||||
Total censo | 9081 |
(as anteriores cifras son divisións para cálculo de números e ver cántos concellais ten cada un: váise dividindo por 1, por dous, tres, etc, e collendo no caso de Ribadeo os 13 números maiores).
é dicir, cada concellal costoulle 480 votos ó BNG, 453 ó PP, 510 ó PSOE e só 449 á UPRi.
De ter un concellal máis, tería ido a parar ó BNG, e de ter un menos, teríao perdido a UPRi.
A abstención foi do 30,49%, maior que das pasada municipais.
Previsiblemente, será alcalde Fernando Suárez, da lista máis votada, aínda que terá que selo cos votos de outro partido. Matemáticamente, a maioría podería acadarse con BNG-PP, BNG-PSOE, ou PP-PSOE, pero por cuestión de apctos a outros niveis e demáis, o lóxico é BNG-PSOE, invertindo o que pasaba no mandato anterior.
Chama a atención que os que optaron polo voto en branco sobresaen netamente sobre os votos nulos, indicando que xa se comeza a saber o significado dos votos en branco, como rexeitamento ás opcións que se presentan. Se ben polo momento a porcentaxe é pequena, non é descartable que aumente substancialmente no futuro.
De igual xeito a chama que o partido máis votado, sobre o total de votos posibles, acade pouco máis do 21%
Seguiremos a falar noutro momento.