Onte, pleno obrigado polo PP. Punto 1, sobre o conservatorio e a escola.
Comezou con algo incomprensible. Dicindo o alcalde que era irregular e pedindo información. A resposta lóxica de Andina: Por que o convocou entón? e, a parte, que a información debida estaba entregada.
O punto foi el só a metade do pleno en tempo, e tratarei de resumir o dito por Mari Luz e Andina, os dou sprotagonistas:
Hai un acordo coa Consellería de 3 de maio de 2003 para un conservatorio en Ribadeo. O acordo esixe obras para a ‘transformación’ da escola en conservatorio. A proposta díse que é conservando a escola. M.L., que eso é agora, pero non o que se acordou de aquela.
Veñen diferencias de interpretación, aínda que para min, a tenor do dito a cousa está clara. Intentarei resumir o que foi dando de novo cada intervención:
M.Luz fixo a defensa da conservacón da escola pola función social, a posibilidade de asistir a menores de 8 anos, o non ter que pasar acceso, o seu custe (di que en Viveiro no grao elemental costa arredor dos 400€ mes) por ter taxas estipuladas pola consellería, a existencia de máis posibilidades de poñer materias fronte á constricción dos conservatorios, e non ter Ribadeo capacidade para ter conservatorio e escola ó esixir os conservatorios 180 alumnos.
A resposta de J.Carlos: conservación da escola, no mesmo espazo que o conservatorio, coida que non saturarán o espazo adicado á EM, que ademáis, se o conservatorio é algo profesional, terá outro horario, co que non habería problema, e que o conservatorio implicaría máis subvencións e máis e mellor profesorado.
M Luz: habería que usar o auditorio, que xa está saturado, a lei implica separación de espazo físico, o custe da EM de Ribadeo son 23Mpts por 50Mpts do conservatorio de viveiro (enténdese que o tamaño é semellante)
JC: non se queren cargar a EM.
M Luz: faltan estudos económicos, por exemplo, e é cousa de saber se é viable.
Santiago Fdez.: a zona de influenza é maior que Ribadeo, o que xustifica o conservatorio. É cuestión de prioridades: cano costou o convenio laboral do concello?
M Luz: hai unha cuestión de filosofía sobre o que é unha escola e o que é o conservatorio.
Resultado: aprobado por 7 (PP+Santiago) contra 6 (PSOE+BNG)
En boa parte do tempo estiven pensando nas ideas de Hernán, por eso lembrei e recuperei para o título o nome…
2º punto: exposición do PXOM
José Carlos: que se ensine, xa que está todo.
Balbino: está feito o avance, o 9 de abril chegou a avaliación ambiental, 154 páxinas que hai que dixerir e adoitar. Logo, a facer a conformidade legal interna, …
Fernando Suárez: a exposición non se adapta á lei 9/2002
Reinante: ó alcalde, algo así como que dixo vde que adiante co plan, que urbanismo xa o autorizaría.
J Carlos: a lei non impide a exposición, se o pleno o acorda, e que se expoña ‘o que se teña’, a día de hoxe.
De novo, 7 a favor e 6 en contra.
3º: Relación exhaustiva da obra pública contratada, o que se votou por unanimidade.
4º: Adopción de medidas a raíz do pleno de 21 de marzo.
O pp quería amaños en pistas e rúas, e polo que parece non se fixo moito. Fernando Suárez negou a oportunide de diversas obras pedidas, e entre acusación de demagoxia de J Carlos a F Suárez, afirmou que era o votado, e non había disculpa algunha, acuasicón de reinante de non crer nada a Balbino, outras menudencias, foi proposta a retirada de emolumentos a alcalde e tenente de alcalde, o que foi aprobado 7-6. A guinda foi que Balbino acusou á votación de irregular, pois tiña que ser proposta antes do pleno. O caso é que se votou e houbo pleno, a pesar de que o mesmo alcalde o convocou dicindo que era irregular (pero que se non o convocava, sería convocado de xeito altgernativo legal)…
En fin, pleno dixit. Por certo, o salón, cos asientos collidos.