Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un domingo distendido


Ás portas do novo ano, collamos por Ribadeo este domingo un pouco distendido á vista das montañas nevadas á outra beira da ría (a noite anterior, para non variar, foi outra cousa). Aí vai un pequeno acertixo: o calendrio á beira, repartido por Amadores da Música, que por certo, ten xa aí a convocatoria de asamblea xeral, ten cousas de Chenchu e de Hernán que perduran no tempo. Cales son?
Onte remataron as xornadas sobre drogodependencias, segue aberta a inscrición para actividades para os cativos este Nadal, hai expo na casa das Letras (libros antigos) e na Oficina de Turismo (sobre o Enxeñeiro Schultz), e tamén, aínda que non se comunique tanto, están en periodo de exposición os documentos sobre o célebre ascensor atalaia/porcillán, e deberan de estalo tamén os do paseo ás Aceas (este non foi anunciado, que eu saiba), e os do Parque… Canto traballo costa facer unha política transparente! (debe costalo, polo raro que se fai)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *