A nova de que en Burela está a constituírse unha asociación de pubs non causa sorpresa. Aquí xa funcionan a través da ACIA, se ben non é o mesmo. Tampouco é sorprendendente que queiran promocionar a noite: a extensión do negocio é algo que todo colectivo empresarial quere, buscando maximizar a ganancia. Cáusame algo máis de sorpresa que se poña como condición alguén na porta para vixiar os vasos que entran e saen: aínda que non saíu na prensa (que eu saiba), en Ribadeo tamén houbo ‘portas’ nalgúns locais, con función mixta ás veces, de vixiancia outras (non me costa que fóra só para vixiar o tema dos vasos, que tamén foron controlados nalgún local algún tempo). Non me causa sorpresa pois porque os haxa, senón porque sexa obrigado (eso dí o xornal) para estar na asociación e pola definición expresa de función de contról de vasos, que non entendín moi ben. Sobre os ruídos, non di nada. en troques, si aparece o de ‘contar no concello’. Aquí non lles fai falta: xa contan, como se pode ver en moitas declaracións e, sobre todo, actuacións.
Asi, de novo, parece que os empresarios se adianten ó concello, esta volta fóra de Ribadeo. Para mín a cousa está en saber se o fan dun xeito natural (son os que están máis no allo) ou se adiantan sinxelamente porque o concello dun xeito ou outro pasa do tema (estilo Ribadeo). Os resultados poden ser moi diferentes porque será diferente a orientación: a diferenza básica entre crear negocio coas menos complicacións posibles ou procurar insertar un negocio de xeito que creza harmónicamente na sociedade.
Hai un ano, falaba da capela da Virxen do Camiño, no xardín, da súa necesidade de pintura e da posibilidade do seu suo turístico. Polo momento, a cousa segue peor.