Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Catro palabras en tono distendido entre dous días de traballo: Corolario de Antonio ó Principio de Peter


“Para chegar ó máis alto hai que partir de algún lugar por riba do propio nivel de incompetencia”. e doado deducilo do chamado Principio de Peter, que saíu á luz xa hai uns vinte anos, que di máis ou menos: “Toda persoa sube dentro das organizacións ata o seu nivel de incompetencia”.
dedúcese que se chegas ó alto é que non te atopaches o teu nivel de incompetencia, logo a) ou non o tes, e serías perfecto, ou b) xa o deixaches atrás cando te incorporaches á organización.
Un comentario máis: organización pode sr igual á empresa, pero tamén asociación ou estrutura política. Corolario: como os que teñen unha herdanza previa (chámese nome, capital, familia, etc) non soen comezar pola base, son os que chegan á cima…
Non é para tomar en serio, pero é para pensar.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *