Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Retazos dun pleno no Concello de Ribadeo (2ª de hoxe)


O normal é que os plenos sempre den para moito. Este de hoxe, luns aínda, non foi menos. Falouse de subas de taxas e de expropiación de terreos para facer un paseo marítimo e recuperación dunha acea e un muíño de regato en Zona de especial Proteccón de Aves (supoño que máis adiante no tempo falaremos algo do tema). Pero o que deu máis de si esta volta foron as preguntas do apartado de rogos e preguntas. A prosa do alcalde deu para moito cubrindo unha falta de datos que en retospectiva aprece alarmante. E que deu lugar para que a oposición o acusara de xeito repetido de que o papel de contestación estaba confeccionado por un asesor do alcalde. Quen? Parece que a oposición o tiña moi craro, e se é certo, algo tan longo como foi, falando sen dicir nada (ou moi pouco), en galego, co estilo que tiña, coido que non o fan moitos asesores do alcalde.
Algúns puntos entre a maraña duns 70 minutos que se deu son:
A urbanización do alcalde (enténdase, na que está a vivir) está con luz de obra.
O concello só puxo 1800€ dos máis de 20000€ que costou o festival de música clásica do verán. O 85% púxoo unha caixa de aforros.
Hai un retraso de 3 anos na remisión de docmentación sobre a xestión do punto inerte ó concello, que lla pediu á empresa hai vinte días e que espera tela para o próximo pleno (a pregunta pola dita docuemtnación estaba feita a comezos de setembro)
Cita, coido que literal, dunhas verbas do alcalde:”Aquí todos, incluído el PP, tienen a su disposición toda la documentación que quieran”. Neste punto, lembrei que entre outras, ese mesmo alcalde non me facilita información pedida xa por cuarta volta (sempre a petición da mesma documentación, ó longo de 9 meses)
En canto á contestación das preguntas do Tesón,
pouco que dicir: ó non poder responder a asociación ‘in situ’, a resposta do alcalde pode ser moi vaga. Comezar dicindo que substituiu un ‘por ausencia’ da sinatura por ‘por autorización’, confundindo a ausencia do presidente da asociación (e sinatura miña por dito motivo) con a concesión de autorización (que non facía falta por ser as preguntas acordo da directiva de O Tesón). En relación á primeira pregunta, o edificio para derribo está en trámite (un ano despois) de entrada para facer o plan de derribo. O segundo, entendo que está aprado (non é o que me di xente que está a ver a cousa), o terceiro, do muro, que non sabe cal é (cando foi el mesmo o que daba a nova no periódico pola que me enterei eu do tema), e do resto, que cumpre non sei cantas leis e normas que citou (sen dar ningún dato).
En canto ó tema da piscifactoría, todo competencia da Xunta, excepto a licencia de obra, que corresponde ó concello… unha contestación completa.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *