Onte sorprendeume un ciclista na noite. Non ten nada de particular, excepto a súa mera existencia. Pasadas as dez, na súa bici sorteba os coches que invaden Ribadeo, e mesmo pasaba á beira dun aparcamento xa ateigado de coches e luz. Facío no seu vehículo de xeito tranquilo e normal, presumible que dirixíndose á casa para descansar despois dunha xornada de traballo. a imaxe foi para min, apacible e tranquila, lembrando ó tempo que a temperatura do globo está subindo debido ó incremento do efecto invernadoiro en gran parte producido polo escape dos vehículos.
A foto, de Pena Furada, na saída da Ría de Ribadeo.