Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De cines e fume


Que Ribadeo é unha vila de cine téntao amosar o Concello en Fitur, por exemplo, ou o festival On/Off, ais o que se ve día a día é precisamente a falta de coidado do cine teatro, un edificio que represetna a historia do século pasado en Ribadeo tan ben como calquera outro aínda que non chegue á maxestuosidade da Torre dos Moreno. Teño entendido que pretenden amañalo, pero non sei moi ben cómo nin cándo. Mentras, unhas fotos amosan o estado actual, illa urbana equivalente a un escollo que molesta e non aproveita. bo, aproveita para poñer propaganda; diversa na súa fachada principal, institucional (a célebre ‘sinaléctica’) na beira de Rosalía. Nembargantes, é un edificio moi usable para cousas diversas aínda no estgado no que está. A curta realizada sobre en On/Off deste ano coido que se quedou demasiado curta sobre a historia e dende logo, sobre as posibilidades. Unha lembranza só sobre o edificio: é dunha asociación privada, non do concello.

En fin, cando me enterei de que querían facer algo del foi xa hai o ano pasado, pero as cousas deo pazo van daquel xeito, e aínda esta semana pasada me falaron de tentar de mover o tema (alguén que non sabía nada del), e as cousas municipais se se deixan corren o perigo de converterse en fume.

Fume que se está a preparar para o segundo asalto legal o día 1 de setembro, no que os locais de 100m2 terán que estar divididos se queren albergar fumadores. Coido que en Ribadeo, como se ven comentando noutros sitios, falta a división a dous días do tema. Meterán multa ou pasará, o de ‘laissez faire’ por desidia ou amizade?

Teño tomadas fotos da actualidade do terreo da nova piscifactoría, pero hoxe xa van abondas.

Posteado hai un ano no blog de Ribadeo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *