Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Amarela Augas Santas


Augas Santas, coñecida hoxe polo de As Catedrais, máis parece hoxe algo como ‘augas do inferno’ ou, na versión moderna, ‘rañaceos’.

Facendo o que me dixo un visitante do blog, un ‘fotoblog’, comento as fotos:

A primeira saiu con moita luz, e parece unha especie de visión, pero o contexto, obtido no alto do cantil, vai no sentido que dou na primeira frase e non no de lugar proteixo, por exemplo.

A segunda é unha foto dun lugar que se di protexido, zona LIC, e unha costa con protección de 200m e esas cousas.

A terceira, o coidado da bandeira amarela non se nota moito na foto, pero estaba nun tris de soltarse toda do amarre, e a vista con prortección tenta dar unha mirada de turista: lugar protexido para turistas. De feito, a dicir verdade, xusto cando me ía, era remprazada por outra que estaba menos marela pero enteira.

A última, o clamor do ceo ó ver unha zona de ‘augas santas’ convertida en ‘catedral’ de peregrinación… 🙂


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *