Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.497 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Adeus ríos, adeus fontes…



coido que teño visto que Rosalía dixo ‘Adiós ríos, adiós fontes…’, pero ó que ía é a comparación con ‘adeus ría, adeus tesóns…’ que me suxeriu hoxe a vista do atestado que estaba a praia de san Román e o tesón da berlinga (eu seguirei a chamalo ‘das Figueiras’, algún día podo falar deso) como se pode ver na foto e noutras que saquei hoxe, ou lembrando como o outro día, ó atravesar bloques-Castropol-bloques, no medio da ría, de volta, dende unha ‘despanpanante’ motora me di o ‘motorista’ “que estás haciendo?” para continuar dicindo máis ou menos que me ían a decapitar cunha moto de auga. Naturalmente, non me ía poñer a discutir con metros de auga baixo os meus pés, a corrente arrastrando e unha motora en frente. Din as grazas e vía. Pero, a que velocidade se pode andar pola ría? Non é o primeiro susto que me levo, e por eso cambiei este ano de zona, pasando á parte dos bloques. Nembargantes, hoxe decateime de que, pola acumulación, xa non é doado que alguén pase entre tesón e san Román ou as Figueiras a toda apstilla, porque sería doado un choque… de calquera xeito, xa ando por aí cun rechiscante flotador atado para tentar evitar problemas (sobre todo para min)

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *