Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo, o trato da xustiza


Ou non entendo ben ou resulta que en Ribadeo non chega con que a xustiza dictamine, senón que hai que ter forza, seguir insistindo para que se actúe en consecuencia.

Así parece polo tema de actualidade das alturas: a xustiza polo que parece, dictaminou, pero oído que non é xa a primeira vez que conmina ó cumprimento en fronte a uns intereses que parecen grandes en contra, e o concello non se move moito. Se houbo voltas e máis voltas en recursos, non o sei, pero o caso é que a sentencia aínda está por cumprir.

Algo polo estilo pasa no da piscifactoría, aínda que agora está parada, pero onde parece que o concello ten unha posición clara e non neutra respecto da lei, polas súas actuacións ata o momento.

Noutro tema que coñezo de primeira man é aínda peor.

A este paso, cando o sr. alcalde abandoe o concello (sexa cando sexa) os xulgados non o van abandoar de súpeto por deixar de ser representante municipal, senón que seguirán tras del polas actuacións mantidas ó fronte do concello (digamos, pola costume). Esperemos que non se convirta en xeito de gobernar no futuro: eso depende de que os cidadáns deixemos facer ou non, pois está visto que se non protestamos, aquí non se fan as cousas como é debido (anda que non o teño repetido e vai dando a razón xuízo tras xuízo…), e se non levantamos moito a voz, e moi posible que se arrisquen a facelas como lles pete en troques de facelas ben.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *