Ontes foi un día estatísticamente curioso para min. Traía a prensa unha cousa que hai anos non coniderei que fora posible: en Galiza xa se produce máis enerxía por mor do vento (eólica) que pola auga (hidráulica). E eso que somos o país da auga. Claro que estes días tamén o somos do vento, e parece máis doado a comprensión desa estatística.
Pero non foi a única estatística que resultou curiosa: xusto ó día despois de que o blog acadase todo un record de visitas, co 50% máis que no mes anterior, rexistrouse un número que é o menor dos de visitas diarias en día non de fin de semana en moito tempo. E non lle atopo explicación, nin polo tema nin por outras cousas.
Houbo máis cuestións estatísticas, entre elas que asistín tanto a unha celebración por un nacemento como a un enterro, que foi o que me levou a escribir esta entrada. Certamente, estamos preparados apra unhas estatísticas, pero nunca para outras. O que a nerxía eólica esteña tendo un desenvolvemento mellor do esperado é algo ó que un se vai afacendo con tempo, e que saúda. O que se morra unha persoa querida, eso xa costa, enon se afai un nunca. E é que as estatísticas gardan tras de si as historias individuais, e esas poden tocar á xente como ningunha estatística o fai. Citei o caso da morte, pero pasa con todo: aí ven a selectividade, onde non importa que outro ano máis volte a aprobar máis do 80% se a persoa en concreto suspende. Ou que só morra unha persoa en desprazamentos por carretera cada non sei cantos millóns de kilómetros feitos, senón por un despiste morra a persoa con nome e apelidos, concreta, e así sucesivamente. Vivimos nun mundo social, pero a base desa sociedade seguimos a ser as persoas, aínda que moitas veces non se nos conte máis que como estatísticas, para as eleccións, por exemplo. É curioso a este respecto que o que conte sexa a estatística total, pero aínda hoxe se vaia pedindo o voto de xeito individualizado casa por casa. Es en contradicción: as estatísticas fáns a base de individuos.
Por eso hai que tomarse as estatísticas con relatividade e voltar a interpretación de datos concretos para chegar ó humano. En Xove un equipo completo de edís do PP abandoa o partido, e non importa que sexa un grupo para poder metelo como interpretación estatistica ou non: abandoaron o partido e vía. O xulgado arquivou o caso das filtracións polo PXOM, e pode cadrar nas estatísticas sobre xuízos que mantén esta corporación, que xa son abondos, pero volta a ser un caso individual. O alcalde voltou a lembrar os votos para poñer ó PP na oposición: non é a primeira nin seguramente será a derradeira volta que o fai, pero de novo as estatśiticas non teñen moito sentido, aínda que den unha traxectoria continuada do alcalde. Augasantas non terá bandeira azul, e xa case se pode facer estatística co conxunto das praias, pero o caso é a que soa que digan que non ten baixada para minusválidos e que parece ser que non se cite o tema da limpeza, por exemplo. E así sucesivamente, cara ó pasado, no presente e tamén no futuro. Por exemplo, canta xente haberá na manifestación do domingo en Santiago polo medio ambiente? cantos mariñanos e mariñanas acudirán á invitación da coordinadora pola defensa do litoral? e eso, de forma case totalmente independente do sentir da necesidade de defensa que o litoral ten en cada unha das eprsoas da bisbarra.