Quen non lembra aquela poesía na que Rosalía dí:
‘Adiós, ríos/
adiós, fontes /
adiós, regatos pequenos/
adiós, vista dos meus ollos/
non sei cándo nos veremos’…
Rosalía poñía as verbas en boca de alguén que emigraba e daba un derradeiro adéus, pois non sabía se ía voltar. Os versos viñéronme á cabeza cun titular: ‘Los promotores mariñanos opinan que la masificación no es posible‘ (a negriña é miña). E é o caso de que podemos aplicar as verbas de Rosalía á inversa, a unha terra que se vai alonxando de nós do mesmo xeito que o emigrante se alonxaba da súa terra. E non vai a cousa só polo urbanismo asoballador:
‘Sogama cambiará de modelo para reducir al mínimo la incineración’ … Abaixo poño un artigo meu publicado vai un decenio en relación co tema. Pero de seguro que non cambiaron polo que eu escribira e fora publicado o 12/6/96.
Hoxe son novas as menores reservas de petróleo Repsol, que fixeron caer fortemente a súa cotización en bolsa ó anunciarse que estiveran sobrevaloradas. Para min a cousa está non en Repsol, senón en que é unha demostración máis de que estamos a esgotar os nosos recursos naturais, e, outra vez, vemos só economía monetaria.
E segue a ser nova a encíclica papal. Estáme entrando o remusguillo de leela; se chega o caso, xa darei conta do tema.
Remato con dúas citas, ambas tomadas dun artigo de Ramón Chao e aplicables á polítca mundia (como el o fixo), á política local (como sería desexable) e tamén a nivel de pensamento particular:
– Ninguén é abondo poderoso como para ser sempre o máis poderoso (Tucídides. Aplíquese a Bush ou a calquera alcalde, entre outras posibilidades)
– O problema da proliferación é que se se fixo unha excepción unha vez, non hai razón para que os demáis non faigan o mesmo (Principe Faisal. Aplíquese a que deixen por exemplo, ter a bomba atómica a Israel e outros queran tela, ou a que permitan abrir un establecemento nun lugar prohibido, ou construír nun lugar indebido, …)
—
¿Que vas facer con este papel?
¿Que vas facer con este papel?
Imaxino que pasarás un rato leéndoo e logo o destinarás á basura, onde o máis probable e que quede por moito tempo. As cousas son así, e o periódico é efímero. Se pensamos na cantidade de basura que producimos e a comparamos, por exemplo, co noso propio peso, veremos que producimos e que levamos producido en xeral moita máis basura que o que somos na actualidade. Compréndese facil o problema das basuras: Non hai sitio para elas.
A realidade pode verse nembargantes como moito máis complexa. Noutros tempos non se producían basuras en grandes cantidades. Hoxe estamos nunha época na que a producción de bens materiais se acrecentou moito, pero tamén, ano a a no, a cantidade de basura. Aínda é grande a porcentaxe de personas que lembra, por exemplo, o comprar o azucre a granel. O prestixio do envase, e a posibilidade dunha ganancia maior fixeron que eso xa non se vexa. Por suposto, houbo outras causas como os alegatos á hixiene/sanidade, pero creo que non había moita mortandade por inxerir azucre en mal estado. Así as cousas, ¿cántos anos fai que non ves ofrecido azucre dese xeito?.
Por unha banda, fóronse impoñendo os envases, ate chegar ás veces a situacións esperpénticas, como a do perfume nun frasco pequeno, metido nunha bolsa de diseño, envasado nunha caixa, envolta en papel de regalo, metida nunha bolsa para transportalo. Pola outra, o afastamento dun modo de vida achegado á natureza fai que cada vez podamos aproveitar menos cousas. É dicir, aumentamos o problema e diminuímos a posibilidade de solución. Con elo xurde unha dificultade engadida cara á búsqueda de solucións: o aproveitamento dos nosos propios residuos cada vez se vai máis da nosa esfera personal para pasar a ser de solución comunitaria e allea (léase “societaria” ou, tamén, “empresarial”).E iste comentario é a nivel privado, familiar, sen metérmonos no mundo da empresa, onde se consideran outros aspectos en diferente grao, como a primacía do compoñente económico.
Nestas estamos, tratando de solucionar o problema con regulacións diversas que normalmente non son mui ben acatadas, ou son “puenteadas” de diversos xeitos polas empresas. No caso dos particulares altérnanse momentos de acatamento pleno con outros de auto-disculpa plena. Aplicando o principio de “a grandes problemas, grandes remedios”, trátanse de buscar solucións globais, como no caso de Galicia. Chócame, dende o meu punto de vista de inexperto en basuras e/ou merda que se busque unha solución na que a base é incinerar para producir enerxía, e ademais dun xeito centralizado, a través dunha empresa participada por unha eléctrica.
¿Por que? Queimar destrúe recursos que costou aproveitar, centralizar implica transportar e algo patrocinado (=> subvencionado) por unha institución pública váise a destinar para … ¿solucionar un problema?
Pode que sexa algo lonxe da realidade pensar nesas obxeccións, ou noutras como a contaminación na mesma Cerceda (por certo, ¿cándo parará de “chover das Pontes” esa auga que deixa queimadas as plantas?). Eu mesmo penso que hai que deixar como boa a solución que os técnicos den por mellor. Pero hai veces que non me fío moito do resultado, como cando hai mezcla de política e economía. Ollo. Non estou a dicir que cheire mal esa unión, pero as cousas, claras, e, polo momento, eu non as vexo así. Ademais, cando o problema é complexo, como no tema das basuras, técnicamente pode haber ideas contrapostas nas que prime unha ou outra característica do proxecto, estando unhas e outras ben fundamentadas pero suplindo xubxectivamente lagoas no coñecemento profundo, científico do tema. Evidentemente, isto embrolla máis as cousas e as afasta da comprensión/decisión popular. Así, a xente non contamos con máis apoios nos que fundar a nosa decisión de rexetar ou apoiar o proxecto que os que dan os sentimentos ou, en todo caso de xeito posterior, o olfato, dando lugar a demagoxias de todo tipo, a máis do debate serio e consciente.
Mentras, ¿hai unha campaña seria para reducir o problema, para reducir a cantidade de basura?. Non a vexo. Eso me fai dudar aínda un pouquiño máis da liña que se pretende seguir para buscar unha solución.