Hoxe son nova as vacacións do alcalde: polo que parece, 14 días (iso dixo) a min, a impresión que me daba, era que foron máis. Non vou a investigar o tema. A cousa non son as vacacións, é a xestión. E aí, con todos os erros, xa estou farto de falar (e continuarei facéndoo)
A foto vai de descanso, a galería do centro social da terceira idade ribadense é un lugar para desfrutar: eu téñoo feito. E para mirar: a torre dos Moreno ó fondo, nesta perspectiva, da un aquel de paisaxe turístico por riba dunha galería que é bonita a parte do seu uso.