Presento hoxe dúas imaxes, unha, tomada dende o ceo pero máis achegada a nós que a outra, máis terrestre (ou pedestre), pero lonxe de nós, polo menos de algúns de nós.
A primeira é das Médoas dende o ceo. Non é demasiado boa, pero obseŕevase perfectamente como a montaña foi comida para obter o ouro, deixando limpa e excavada de xeito que hoxe costa facerse á idea de que había aí antes.
A segunda é dunha composición que quere lembrar a derradeira cea pintada por Leonardo da Vinci, nun remake feito a partir de Marilyn Monroe dun xeito que chama a atención, pero non deixa de ser lonxe da identidade de moitos de nós, e moitos tamén a considerarán horrenda, de mal gusto ou de baixa estofa (a verba que quería empregar non me lembro, pero é eso o que significa, dun xeito pexorativo…) Por certo, está feita tamén en Bucarest.