Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Imaxe típica


Hoxe é o día seguinte á vitoria de Fernando Alonso no mundial, que ten revolucionada á xente. Fai moito máis tempo que tivo lugar a decisión que da lugar á imaxe de árbores pelados no Xardín de Sela: a decisión de cortar as árbores porque tiñan demasiado desenvolvemento. O resultado é que houbo case unha vintena que non deu tirado despois para arriba. E que levan xa anos ben pelados, sen cortiza ou ben con hedra… Pero non é só eso: na imaxe aparece o aparcamento ata na mesma esquina (esta vez, respectando o paso roxiblanco), o lixo xusto na cabeceira do xardín, carteis algo anárquicos, sinais de tráfico provisionais impedindo o paso a unha rúa despois de estar cortado ou semicortado un ano (non lembrades que a paralela a ela leva cortada todo ese tempo, e que o fronte do edificio botou abaixo a rúa?), … é dicir, moi ‘tipical Ribadeo’ desta tempada, correspondente coa protesta que se levou a cabo onte coa marcha costeira en contra da factoría de Rinlo-Meirengos. Esperemos que a tempada pase.

No mundo, Polonia veu o día de dereitas tras as eleccións de onte e o Katrina, unha vez desfeito, da un respiro a Bush, que se ve cada vez máis respondido pola xente que se opón á guerra de Iraq, como no seu tempo pasou con Vietnam. Pero o día de hoxe pasará como o do anuncio da deposición total de armas por parte do IRA Irlandés. Será desta?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *