Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Festas e horarios



Os horarios das festas seguen a ser portada nos peródicos, mentras hoxe espero entrevistarme coa Delegada Provincial de Presidencia para falar do tema. Por certo, que retrasou a entrevista e deu a autorización despois de serlle pedida a audiencia, e non deu noticias directas, senón que nos tivemos que enterar pola prensa. A pesares de que o día anterior pola noite estiven falando de outras cousas co 1º Tenente de Alcalde… Fíate dos políticos.
O caso é que as festas comezan: esta noite, ‘espectáculo pirodixital’, que saberemos o que é. E mentras en Nova Orleans comeza un brote de cólera debido ás condicións hixiénicas, convócase o congreso para suceder a Fraga: será en xaneiro (pregúntome, non está xa ‘sucedido’?).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *