Hai uns anos escribira un pequeno programa para converter un binario nunha ristra de bytes en modo texto (codify.c). Estaba farto de intentar enviar ficheiros binarios por Gmail e que os servidores de Google mo bloquearan.
Por casualidade, conservaba un deses ficheiros de texto cunha ristra de números que contiña o binario orixinal do Microsoft Edit de 1995, o editor de MS-DOS (edit.exe).
(edit.dec) 77.90.-2.0.-119.0.0.0.-51.1.-6.4.-1.-1.88.15.-128.0.0….. etc
Coa axuda dos modelos xerativos LLM, os axentes e o incremento recente na sua capacidade en enxeñaría inversa (99.2% accuracy!), animei o meu irmán a utilizar a súa subscrición a Codex de ChatGPT e o seu axente para intentar reconstruír o código fonte do editor clásico de Microsfor en C para linux.
Na primeira interacción xa conseguira unha versión moi fiel ao orixinal. Necesitaba algo de steering para pulir algúns detalles, pero despois duns poucos comentarios e correccións, en apenas dez minutos tiñamos un programa perfectamente funcional. Unha auténtica réplica do orixinal.
Parece maxia.
Eu mesmo intentara desenvolver un editor parecido e sei o que me custou (c-edit). Anos. E sei tamén o buggy que é o resultado, sendo eu, claro está, un programador afeccionado.
Pero isto é outra cousa. Isto é maxia. Non, máis ben, é como activar un cheat code nun videoxogo: a IA parece un cheat code para o propio universo.
Pero qué aburrido é xogar a un videoxogo con todos os cheatcodes activados! Xa non é o mesmo. Desaparece parte do desafío, do esforzo, do sentido.
O único silver lining de todo isto é pensar que esa mesma capacidade, esa especie de maxia out cheatcode, poda permitir avances extraordinarios noutros ámbitos, como a medicina ou a bioloxía. Quizais aí si paga a pena ter todos os trucos activados.
