Un número non ten por que representar unha única cousa

Sempre tiven unha obsesión polas interfaces de texto que tiña MS-DOS. Había algo especial na combinación de caracteres, cores, menús, etc que aparecían sobre aquel fondo negro.

E, como adoita pasar cando es neno e che fascina algo, quería saber como estaba feito.

Cando por fin adquirín os coñecementos suficientes para programar, por aquel entón en Turbo Pascal, comecei a investigar como se podían debuxar áreas de texto con caracteres ASCII, unha ventá sobre outra. Pero había un problema: se escribía a nova ventá directamente na pantalla, destruía o que había debaixo. Como facían os programas para lembrar o que había ahí e restauralo despois?

A resposta estaba na a memoria de vídeo, unha dirección en memoria (B800:$0000) que almacenaba todo o que mostraba a pantalla.

Recordo usar algunha rutina en assembler para intentar ler os atributos dos caracteres que aparecían na pantalla. En concreto, quería coñecer que cor tiña un carácter, tanto a cor do texto como a cor do fondo para despois restaurala.

Eu coñecía perfectamente os códigos das cores de MS-DOS: 1 era azul, 2 verde, 3 cyan, 4 vermello… Os valores que esperaba atopar estaban entre 0 e 15.

Pero o valor que recibía da memoria era moito maior que 15.

Como podía ser?

Lembro aquela sensación perfectamente. Non o entendía, pero tiña a intuición de que aquel número tiña que estar dicíndome algo máis.

Curiosamente, foi nun soño cando me veu a intuición: había máis información contida nese número.

Non era un número que representase unha cousa. Era un número que estaba codificando varias cousas á vez. Algo moi típico en sistemas optimizados polas limitacións de memoria.

A cor do texto estaba nunha parte do número.

A cor do fondo estaba noutra.

En realidade, os bits do número estaban divididos en pequenos campos de información.

High and low (en 8 bits)

1111 | 1111

bg fg

Os bits altos e os bits baixos.

Podemos utilizar os bits para almacenar diferentes valores, empaquetándoos todos dentro do mesmo número.


Manipulando bits en C:

O outro día nun proxecto máis avanzado aprendín estas 3 instruccións básicas en C para manipular un único bit:

x |= 1u<<N; // establecemos a 1 o bit número N

x&=~(1u<<N); //limpamos e establecemos a 0 bit N

x^=1u<<N; //alternamos entre 1 e 0 o bit N

Exemplo nun entero positivo (unsigned) de 32 bits:

31 30…. …2 1 0 (posicións N)

0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0

Se queremos activar e establecer o bit da posición 30 faríamos:

x |= 1u<<30;

31 30…. …2 1 0 (posicións N)

0 1 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *