Autor: admin

  • Un vídeo contra toda violencia

    Featured image of post Un vídeo contra toda violencia

    Fai tres anos publiquei este texto ao atravesar o que foi para min unha epifanía. Dende aquela non fun capaz de lelo enteiro sen derrubarme. Ata hoxe, día no que me sinto máis forte que nunca e ao mesmo tempo igual de vulnerable que sempre. Confío que este acto inspire a calquera que o precise e lle faga sentir máis comprendidos a todos os que se vexan rodeados pola violencia.

    n

  • A utopía como solución aos problemas de incendios

    Featured image of post A utopía como solución aos problemas de incendios

    Os incendio en Galicia xa semellan ser unha actividade cultural da nosa tradición. Do mesmo xeito, os montes de pinos e eucaliptos convertéronse no emblema galego para os estranxeiros quen se deleita por “ver as árbores australianas” sen viaxar ao hemisferio sur e ignoran a importancia da fraga atlántica, se cadra pola súa escaseza no noso territorio.

    n

    Cando os galegos pensamos en solucionar o problema do lume acostumamos a barallar opcións que son, máis ben, parches temporais. A limpeza do monte como unha obriga, por exemplo, que ao supor unha gran carga de traballo obtén pouco cumprimento. E é que non é práctico estar a remendar. O que eu propoño é unha utopía pois seguirmos cos mesmos métodos (métodos que segundo o consenso científico demostraron non ser efectivos) tamén o é. Acábasenos o tempo: A natureza non pode seguir a ser tratada deste xeito.

    n

    Teño a fortuna de vivir a poucos quilómetros dunha minúscula fraga, a do Santo Estevo do Ermo en Barreiros. Trátase dun deses recunchos que ofrece moito máis do que esixe, como o fai a boa xente. Cando paseo polos seus camiños non deixo de preguntarme, porque non pode Galicia recuperar a paisaxe perdida, e en tanto, as súas xenerosas árbores froiteiras, as variadas e saborosas setas e a fauna salvaxe como coellos e mouchos.

    n

    Os galegos presumimos de natureza, non obstante, implicámonos en prácticas que a destrúen. Como sería a nosa Galicia se fixeramos un monte para que o desfruten os nosos descendentes aínda que nós non lle sacásemos máis que un pouco de aire limpo?

    n

    Imaxino un monte húmido, deses que non importa a época do ano, sempre atopas onde enlamarte. Ese tipo de monte ao que o lume lle da preguiza queimar e nos dá máis tempo a reaccionar. Sentada nunha rocha de granito, pecho os ollos e cheiro o arrecendo da terra mollada, esa que é fogar de bechos pero tamén cogomelos. Unha terra rica en nutrientes que nos permite desfrutar de castañas de bo tamaño, de abelás, e de mazás silvestres. Un monte no que se darían as cerdeiras, no que o xabarín se alimentaría reducindo as súas excursións á aldea e por tanto sen esnaquizar os nosos hortos.

    n

    Claro que é unha utopía, pois que outra sensación ten un cando camiña pola senda que nos leva ao mosteiro de Caaveiro? As fragas do Eume, nun período no que o capitalismo arrasa con todo, son en si un verdadeiro paraíso. Non podo máis que pensar nas novas xeracións e en como terán que facer unha fileira para poder gozar dun pedazo de natureza pois esta ilusión miña na que reverdecemos os nosos montes e retornamos as nosas paisaxes ao chufado bosque atlántico, non é máis que unha utopía. Si, unha realidade que ninguén desexa o suficiente como para tomar a decisión de reforestar con conciencia.

    n

    Unha tolería desas que temos os novos, que pensamos nese futuro do que non queremos falar porque esa conversa sempre ven acompañada dos inminentes desastres naturais dos que a ciencia nos advirte, ou da escaseza de auga limpa que cada ano se fai máis evidente, ou da imposibilidade de cultivar nun solo desprovisto de nutrientes, e por tanto, infértil. Culparemos aos tempos modernos, a que todo cambia e sempre vai a peor, aínda que antes era moito máis duro, iso non o podemos esquecer. E nunca dubidaremos deste sistema baseado na explotación extrema dos recursos, un sistema que non respecta os límites naturais dos nosos montes e que tampouco trouxo esa prosperidade que tanto nos venderon.

    n

    Mais eu, non deixo de deleitarme con ese mundo imaxinario no que a pequena fraga do Santo Estevo do Ermo se estende a través de todo o territorio galego. Carrexo un macuto de tea no ombreiro e unha navalla no peto. Observo os limacos e analizo as herbas aromáticas e medicinais que vou atopando. De cando en cando, recollo algún froito, algún regalo da natureza, que se empecina en aliviarme a fame a cambio de non esixirlle demasiado. E pregúntome porque algún día quixemos cambiar todo isto por vivir nun rañaceos de cemento, onde a auga non xurde e as sementes non brotan.

    n

  • É a emigración unha solución ao descontento das enfermeiras galegas?

    Featured image of post É a emigración unha solución ao descontento das enfermeiras galegas?

    O relato de tres emigrantes

    n

    Galicia é unha comunidade que sufre moita emigración afectando a unha gran variedade de ámbitos e en especial á enfermería. Para afondar na situación desta profesión contactei coa delegación galega do sindicato de enfermería (SATSE) e de auxiliares (SAE) quen, a pesares da preocupación que teñen por este fenómeno, non posúen datos concretos. Dende a oficina do SAE de Burela, Trini, delegada liberada, coméntame que dende a súa experiencia “non é habitual o caso de auxiliares que emigren ao estranxeiro” pero si que é común a escapada destes profesionais a outras comunidades autónomas “que ofrecen contratos maiores de 9 meses”. A duración dos contratos tamén é algo que preocupa aos seus compañeiros do SATSE quen denuncia a precariedade das vacantes ofertadas e a inestabilidades dos contratos “que non deberían ser inferiores a un ano”.

    n

    Sen o apoio de datos concretos, indaguei sobre a experiencia de algúns enfermeiros galegos que no seu momento tomaron a decisión de emigrar. O motivo principal para dar este paso acostuma a ser a “inseguridade laboral”, como Carlos Baneira de 31 anos explica. El viviu case 8 anos no condado de Northamptonshire onde desempeñou a enfermería no hospital de Kettering. Chegou alí despois de considerar outras opcións como estudar un máster ou “traballar como un escravo para unha clínica ou hospital privado que me pagase unha miseria”. Carlos decidiu lanzarse á aventura en busca de “oportunidades que sobrepasasen as súas expectativas” e lle permitisen acadar un “desenvolvemento laboral”.

    n

    Laura Goday (33 anos) de A Coruña e L.C (31 anos) de Lugo, estudaron xuntas na UDC e posteriormente, tras pasar por lugares como Kent ou Wolverhampton respectivamente, reencontráronse no hospital de Cardiff en Gales. Antes de emigrar, L.C. foi voluntaria da Cruz Vermella e traballou esporadicamente, mentres que Laura non tivo a oportunidade de entrar ao mundo laboral galego. “En 7-8 meses esperando o PIN (número de colexiada inglés), non me chamaron nin unha sola vez para o Sergas” explica Laura quen confesa que a experiencia de vivir e traballar noutro país xa estaba nos seus planes pois “estudaba inglés de antes”.

    n

    n

    nn

    Fotografía de un hospital obtida de Pixabay

    n

    Imaxinarse a un mesmo no estranxeiro é fácil, facelo xa é outra historia. O choque cultural é inevitable, “unha cousa é a imaxe que dan os ingleses de si mesmos e outra a realidade”, explica Laura. Moitos chegaron a Inglaterra a través dunha axencia por que era o máis fácil, “non che facía falta nivel de inglés, agora é máis difícil”. Estas axencias son contratadas polos hospitais cando a situación é de moita necesidade polo que é habitual que de primeiras vaias a un “pueblo dejado de la mano de Dios, nun hospital horroroso e nunha planta horrible”. Tamén depende de onde aterres xa que “require atopar o teu lugar”. Hoxe en día Laura traballa no campo dos cuidados intensivos e séntese tan cómoda en Gales “que ata me comprei unha casa”.

    n

    Por outra banda, Carlos cóntanos que se acostumou rapidamente ao traballo o cal define como “máis protocolario, todo ten que estar firmado e checkeado.” Se ven é certo que moitos dan o paso de emigrar tamén é certo que unha boa parte non o fai con gusto ou incluso descobren que non lles compensa. “Dun grupo de uns 25 españois, aos seis meses, 15 xa retornaran” explica ao preguntarlle sobre a súa adaptación ao país. Carlos escolleu a compañía de ingleses ao ver que o grupo co que emigrara principalmente quedaban “para falar do bo e bonito que era España e do rápido que se querían volver”. Considera que facer un esforzo por integrarse é importante.

    n

    O acceso ao sistema de saúde británico é moi diferente ao galego, “non funciona por puntos” relata L.C. quen agora traballa para o Sergas. O sistema de contratación é unha das vantaxe que ten o NHS (Sistema Nacional de Hospitais), o cal acostuma a ofrecer contratos indefinidos tras pasar unha entrevista en persoa “como o fai unha empresa privada”. Ademais, no comezo “recibes formación específica para o posto que vas desempeñar”. Iso axuda a que a profesional non só dispoña de maior confianza nas tarefas que está a desenvolver se non que converte ao Reino Unido, como di Carlos, “nun sitio moi estable económica, psicolóxica e laboralmente”.

    n

    Pola contra, L.C. quéixase de que “fas un pouco de todo, de enfermeira, de auxiliar, de fisioterapeuta, de celador… non paras nunca nos turnos.” En Galiza “a división de tarefas é máis clara” polo que se todo vai ben, unha enfermeira pode tomarse uns minutos de descanso para coller aire. Iso, se non está nun novo servizo no que terá que dar mil voltas para poder aprender a especialidade do seu último contrato.

    n

    Carlos veo con outros ollos e conta que a súa foi unha “experiencia moi positiva” xa que a “dinámica laboral está ben definida” facendo que ti saibas cales son as túas competencias reais e que “o resto do mundo as respecte” tamén.

    n

    Laura fala máis ben de etapas, “chegas moi emocionada e todo está moi ben ata que todo mal”. Á súa chegada notou como enfermería española sae moito máis preparadas da universidade do que o fai a británica. Isto fai que os primeiros meses “non che deixan facer nada” xa que a enfermeira júnior comeza con pouca independencia, “todas as habilidades se aprenden durante o traballo” e non importa que xa as adquiriras durante as prácticas do grado. Para esta enfermeira a espera resultou frustrante mais co paso do tempo agradece que haxa “moito diñeiro para educación” permitíndolle deste xeito evolucionar na súa carreira laboral e como profesional mesmo.

    n

    Ademais de atopar diferenzas na educación e no modo de traballo, estes enfermeiros tamén se atoparon cunha distribución ben distinta das quendas. As xornadas de doce horas son a norma en Reino Unido, aqueles días nos que un ten quenda son totalmente para o traballo, e os de descanso só para o ocio. “Non hai término medio”, incide Carlos quen no seu regreso ao Sergas se sorprendeu de que o contratasen “só cinco días para non ter que darlle dous días libres”. Ao mesmo tempo observou como dobrar quenda é “unha ocorrencia bastante habitual” xa que a inestabilidade dos contratos fai que os candidatos consideren que “non dobrar é unha opción riesgosa”.

    n

    Tras regresar a Galicia, xa ben iniciada a pandemia, o maior contrato que L.C. obtivo foi de seis meses. Esta inestabilidade significa que unha enfermeira “ten que saber de todo”, di ela referíndose á gran variedade de especialidades polas que xa pasou, “porque hoxe estás aquí e mañá noutro sitio totalmente distinto” xerando un estrés innecesario na traballadora e afectando do mesmo xeito á calidade dos cuidados que esta pode prover.

    n

    Existe unha gran cantidade de profesionais da enfermería que levan “traballando tres ou catro anos sin vacacións e con poucos días libres entre medias, enganchando contratos pequenos” cóntanos Carlos que tras traballar durante o Covid-19 nunha UCI galega “que se caía a pedazos” e baixo condicións que o poñían en perigo non só a el mesmo, se non aos seus compañeiros e pacientes, “decidiu non renovar o contrato”.

    n

    n

    nn

    Fotografía de un enfermeiro obtida de Pixabay

    n

    A enfermería no Reino Unido está moi ben vista, nisto coinciden os tres entrevistados. O mero feito de “dicir en redes sociais que pertences ao grupo de urxencias implicaba certo respecto”explica Carlos. “Os británicos queren moito ao seu NHS, úneos a todos”, di L.C. “aínda que non sempre se traduce no que é o trato directo”.

    n

    A parte do afecto que se recibe por parte da poboación, a enfermería é unha profesión respectada dentro dos hospitais. Na experiencia de Carlos, tanto con médicos, como auxiliares, como celadores ou outras disciplinas, “tes moita e moi boa relación” facilitando o traballo en equipo que poida que non se vexa tan a miúdo no Sergas. “Os médicos son os meus compañeiros”, puntualiza Laura, “os meus xefes son enfermeiros”.

    n

    n

    Semella que é na cantidade de persoal dispoñible onde está a clave.

    n

    n

    A miúdo, as diferencias culturais obsérvanse no trato humano. O persoal de enfermería é quen pasa máis tempo en contacto directo cos pacientes xa que boa parte do seu traballo baséase na vixilancia e observación.

    n

    En 2018 Locomún pedía prohibir a práctica de atar persoas á cama que aínda se permite a día de hoxe en España. Este é un recurso que o persoal de enfermería galego detesta empregar a pesar de que non se consegue atopar alternativa. No Reino Unido o emprego de restricións físicas é menos habitual, sempre e cando haxa persoal dispoñible, xa que o procedemento habitual para a seguridade do paciente se basea na presencia dun supervisor as 24 horas do día, é dicir, máis persoal dispoñible.

    n

    L.C. comenta que “no Reino Unido a cultura é moi respectuosa co paciente pero a costa de someternos a un medo ás denuncias” que afecta ao adecuado desenvolvemento dos coidados. E logo engade, “en Galiza, o paciente ten medo a protestar, deberían protestar máis”. Os sistemas de protección do paciente “de nós”, incide Laura, existen para preservar a seguridade e a privacidade do usuario, “choca ao principio, pero é necesario”.

    n

    Segundo un informe do University Hospital Southampton, en condicións normais, os centros ingleses teñen un rango máximo enfermeira-paciente de 1:10, coa maioría establecida entre 1:4 a 1:8. Esta é unha das grandes diferencias cos hospitais galegos. España é un dos países europeos coa maior proporción enfermeira-paciente (12.7 pacientes por enfermeira, cun rango entre 9.5 e 17.9) xa que segundo a OMS só contratamos a 5,3 enfermeiras por cada 1000 habitantes, mentres que Reino Unido dispón de 8.4, só superado dentro da UE polos Países Baixos (10.5) e Suecia (11.9). Esta diferenza non é trivial posto que, segundo un estudo observacional retrospectivo do 2014, por cada 10% de aumento en enfermeiras con maior nivel académico existe unha redución do 7% en mortalidade. Semella que é na cantidade de persoal dispoñible onde está a clave.

    n

    En Galicia, esa falta de persoal asúmeno con frecuencia as familias que, “ culturalmente, se involucran máis”, explica Laura. Doutro xeito, no Reino Unido existe unha visión máis holística do cuidado polo que existe un sistema social de apoio ás familias, para que así poidan participar no cuidado do paciente sen que elo supoña un trastorno na súa economía.

    n

    Ademais do cambio laboral que un experimenta coa emigración tamén se vive un cambio cultural no que ao ocio e as relacións se refire. Reino Unido trátase dun país “moito menos social”, nos di Carlos, os comercios acostuman a pechar sobre ás cinco ou seis da tarde e así mesmo o fan as cafeterías deixando o típico pub inglés como único lugar de encontro. “Volvíase unha cidade fantasma”, engade.

    n

    L.C, tras 6 anos, decidiu regresar e empregar os puntos que lle outorgaba a súa experiencia laboral británica para introducirse nas listas do Sergas. Ela volveu xusto a tempo para facelo xa que actualmente a situación é distinta. Mentres que o Reino Unido estaba na UE a experiencia obtida no NHS puntuaba no Sergas ao ser sanidade pública europea, mais isto finalizou no 2021. “A xente viña a conseguir puntos” relata Laura quen aínda reside alí sumando un total de 9 anos no país estranxeiro. Ela non pensa en volver. “Acostumada a esta maneira, pensar en volver ao de antes prodúceme ansiedade”. Actualmente continua vivindo en Cardiff onde xa ten o seu grupo de amigos cos que lle gusta facer sendeirismo xa que o paisaxe de “Gales é como a Galicia de Reino Unido”.

    n

    As imposicións de illamento durante a pandemia co seu consecuente distanciamento familiar e cultural foi o que finalmente trouxo de volta a Carlos. Segundo o Nursing Times, no 2016 había 7825 enfermeiras españolas traballando no sistema de saúde británico. No último estudo estadístico do NHS Digital declarouse a presencia de tan só 1588 españolas exercendo a enfermería nos seus hospitais, é dicir, existe unha tendencia ao descenso. “Laboralmente o Brexit non cambiou moito, pero si foi unha gran razón para que eu volvera”, confesa Carlos. O covid na UCI foi “unha das experiencias máis intensas da miña vida” pero foi máis ben “o non poder ir á casa a ver a familiares e amigos” o que lle fixo dar o paso. Aínda que no seu regreso si pasou polos hospitais galegos, actualmente, Carlos xa non exerce a enfermería, a precariedade e inestabilidade da profesión empurrouno a empregar os seus coñecementos no sector da cirurxía robótica como educador e promotor desta tecnoloxía.

    n


    n

    n

    Se che interesa a SAÚDE e o estado da SANIDADE PÚBLICA anímote a ler RESAIBO AMARGO, a primeira novela de Lucía Ferro na que, dende a súa propia experiencia como enfermeira, afonda no tema da mafia farmacéutica e a súa influencia sobre os coidados e a saúde mental.

    n

    n

    n

  • A covardía de colgar unha bandeira gay

    Featured image of post A covardía de colgar unha bandeira gay

    n

    No pasado mes de xuño moitos concellos galegos colgaron a bandeira do orgullo en balcóns e pontes para facer saber que eles son de esquerdas e teñen principios como a liberdade e a xustiza social. A visibilidade é importante, pero a visibilidade tamén é a miúdo unha farsa.

    n

    De que serve que os veciños dun pobo presuman de colgar unha bandeira multicolor se ven a violencia ante os seus ollos e péchannos para esquecer que está aí. Dirán que non é o seu lugar. Que non poden facer nada. Que mellor deixarllo á persoa indicada. E quen é esa persoa? Por desgraza, o maltratador. Por suposto ese termo non o mencionan pois para eles é simplemente un veciño máis, “coas súas cousiñas como todo cristián”.

    n

    E é que todo iso é certo. Defender os dereitos dos máis vulnerables non é un lugar que che caia do ceo, é unha posición que se escolle, é unha tarefa que se fai por gusto, por demostrarse a un mesmo que é consistente cos seus principios. Un ten que escoller pórse nese lugar, pois do contrario todo o que xurdirá será resentimento e frustración.

    n

    A decisión de por unha bandeira nun lugar tan visible, como é de esperar, xera unha reacción violenta por parte da poboación machista. Hai quen o ve como un acto valente, iso de se “atrever” a mostrar as sete cores do arco da vella, mais a valentía só aparece cando existe o medo, non cando un se sente rebelde.

    n

    Se esa visibilización non está acompañada dunha comunidade que ofreza protección á poboación vulnerable, as consecuencias desa fachada sen soporte real rematan por incrementar o discomfort que as persoas discriminadas xa sofrían. Defender os dereitos da parte máis violentada da poboación non consiste en pensar que todos somos iguais. Defender é un verbo e por tanto unha acción. Defender significa mediar, mollar os pés para que os que están empapados de discriminación se poidan secar ao sol durante un par de horas.

    n

    Pronto facemos escusas como que hai dous tipos de inmigración, os traballadores (que se deixan explotar) e os lacazáns (que esixen o respecto humano que todos merecemos polo simple feito de ter nacido). Ou iso de que “ser gay está ben pero non fai falta andar pregoándoo por aí.” Non sorprende que logo veñan as manifestación post-mortem cando unha muller é asasinada. Daquela os morados na cara xa non atopan escusas porque van acompañados do silencio dun latexo interrumpido.

    n

    É por iso que non entendo porqué cando unha muller maltrada dá o paso e se afasta do seu maltratador ninguén dubida en comprar o discurso fabricado deste mesmo quen converte á vítima nunha “histérica”.

    n

    O máis amargo de todo isto é que si, a muller que se foi está tola. E como non ha de estalo? As vítimas que si sobreviven fixérono durante anos nun ambiente tan tóxico como o veleno que sae dunha cheminea industrial.

    n

    n

    O maltrato entolece e afea á persoa, mais a indiferenza a ese maltrato é a aprobación do mesmo. É violencia social, de feito, pois a neglixencia tamén é maltrato.

    n

    n

    Semella que todos somos ignorantes dos efectos que provoca a violencia psicolóxica. Semella que o estrés post-traumático co que ten que lidiar a persoa maltratada é un luxo que se toma. Xa vos digo eu que non. Que a persoa que sae dunha relación de maltrato, sexa amorosa, familiar ou incluso de amizade, sae de aí coa cabeza feita farrapos. Esa persoa vai a quedar en ridículo socialmente porque leva anos reprimindo unha rabia tal que non se pode xestionar de súpeto, leva tempo. E non por soltala de maneira histriónica ou pouco asertiva é menos lexítima. Si, ha de cometer erros, pero mentres que eses erros non se volvan violencia física ou psicolóxica, non se poden comparar cos da persoa que a agrediu nun principio.

    n

    A persoa que maltrata destrúe á vítima por dentro e roubándolle a alma para deixala cunha morea de pezas de puzzle sen caixa na que buscar unha guía para reconstruírse a vida. A persoa que maltrata foi unha vítima que decidiu repetir o dano que recibiu no pasado e perpetuar así a cultura de violencia e manipulación que lle agreou a vida. Converter a merda en abono é posible, pero require esforzo e algún que outro fracaso.

    n

    A miúdo non é fácil distinguir á persoa violenta da violentada pois o narcisismo é carismático. Abren a porta da casa e sacan un sorriso, fan comedia e actúan tan ben que todos lle aplauden. É difícil apuntarlles co dedo, porque en canto lle vemos o rabo ao lobo, recordamos a nosa propia fraxilidade e éntranos o medo. O medo, recordade, é o que dita a valentía. Así que para solucionalo, para aliviar ese medo, póñense bandeiras na praza do pobo. E fálase de espazos libres de violencia machista como se algunha vez se fixese un esforzo activo por realmente construír dito lugar. Porque visibilizar é moito máis fácil que poñer a man en alto. Por que as palabras baleiras limpan a conciencia e iso permítenos durmir. E con isto non culpo a ninguén en particular. Nin a quen puxo a bandeira, nin a quen pechou os ollos. Culpo se cadra á covardía dunha esquerda chea de ideais que comparto e escasa de ferramentas emocionais que eu tamén estou a aprender.

    n

    Espero que no futuro, ademais de bandeiras, atope tamén axuda real á cidadanía vitimizada, lugares nos que durante dúas horas esas vítimas poidan erguer o queixo e dicir “Estou aquí” para logo volver a unha casa na que as prefiren invisibles e ocultas tras a cortina deste teatro que é a vida.

  • Migrante de lingua galega

    Featured image of post Migrante de lingua galega

    Saen da miña boca palabras antergas
    ncando piso o solo húmido da miña terra.

    n

    O aire galego, co seu cheiro a herba,
    na ouca salgada e a verde madeira,
    ndevólvelle ao meu peito estas doces verbas.

    n

    Aínda que a distancia non me quite de estar cerca
    npois cada día nesta lingua fálame a cabeza,
    né certo que cando estou alí e a escoito a ela,
    né como ouvir a un paxaro piar na primavera.

    n

    Recupera o corazón os sentimentos que a miúdo anhela.

    n

    E pois parece que esta lingua labrega,
    npolo seu fervente apego á natureza,
    nnon só resoa nas nosas membranas internas,
    nse non que tece un fío de tea vermella
    nconectándonos co universo e a súa sabedoría inmensa.

    n

    Feliz día, meus migrantes, das letras galegas.

  • Á xeración do Baby Boom salvouna o liberalismo, a nós, o socialismo

    Featured image of post Á xeración do Baby Boom salvouna o liberalismo, a nós, o socialismo

    Nas próximas eleccións eu non vou votar, non porque non queira, se non porque non me está permitido xa que os galegos residindo no estranxeiro non poden participar nas eleccións municipais. Iso non significa que me despreocupe, todo o contrario, pois os resultados das eleccións determinarán as miñas posibilidades de retornar a Galicia.

    n

    Eu son filla deses que chaman Boomers, unha xeración que naceu durante unha ditadura medrando coa esperanza do progreso económico. A min tócame ser Millenial, nacidos no cume da prosperidade e madurando nas profundidades de múltiples crises. E quen son os Z? A incerteza na que se están forxando convérteos na xeración de cristal, non porque rompan con facilidade, se non porque a honestidade máis cristalina é a única baza da que dispoñen. Nas mans destas tres xeracións está o futuro.

    n

    A cultura do esforzo pegou forte na primeira xeración. Tiveron pais sufridores dun réxime estrito no que, se non te adaptabas ás demandas do poder, as túas expectativas minguaba a golpe de porra. Así é que ven a alternativa liberal con ollos larpeiros posto que lles ofrecía todo o que o puritanismo de Franco lles tiña prohibido. A ditadura fixo que España fose atrasada no seu progreso tecnolóxico e industrial. Esta xeración madurou vendo como outras nacións, ademais de maior liberdade, posuían abundantes luxos suculentos para o adulto en desenrolo, luxos que coa apertura do país a Europa semellaban finalmente ao seu alcance.

    n

    Nesta tesitura, os Boomers tiñan vinte anos e a oferta laboral era ampla. Se traballaban a esgalla, recibían diñeiro á esgalla, e ese diñeiro gastábano en compracer eses desexos materialistas que semellaban darlles a liberdade coa que non naceran. O traballo sen medida recompensounos reiteradamente. Foron frecuentes as vivendas en propiedade sen precisar hipoteca e o acumulo de obxectos, innecesarios para a supervivencia, manxares para o ego, iso que o meu grupo social denomina postureo. O liberalismo salvábaos das penurias dunha cárcere mental creada polos barrotes que a pobreza dos seus proxenitores e a dureza do autoritarismo lles construíra.

    n

    Os Milenials, en cambio, observamos como ese traballo sen medida nin descanso desenlazaba na decepción. Vimos con ollos estudosos como a burbulla estoupaba e con ela o noso futuro. Aqueles que, aínda adolescentes, optaran por subirse á ola do salario rápido ofrecido polo mundo da construción e os seus derivados como o turismo, desfrutaron duns anos de abundancia que semellaban corroborar o que as xeracións previas nos contaran. Pouco tardaron en sufrir a realidade, cun golpe devastador desapareceu a fartura, deixándoos sen estudos e sen medio de vida algún.

    n

    Os que tivemos sorte, aproveitamos o que quedaba das becas que o goberno implantara durante esa época de florecemento, co temor constante de perdela, coa presión de escoller o camiño equivocado, pero polo menos desfrutamos de catro anos dunha educación superior que nos prometía un posto laboral digno. Ese plan, o de estudar na universidade e logo traballar nunha oficina como os señoritos, todo o que facía era prometer, pois rematamos a nosa formación para atoparnos cun mercado laboral que non nos deixaba oco. Non só iso, se non que a xa asentada xeración Boomer, retrocedía sobre os seus pasos para adaptarse á precariedade que tanto temían. Por suposto que os universitarios puideron optar a empregos lixeiramente mellor pagados pero o traballo sen medida nin descanso deixaba de supor unha fonte inesgotable de luxos materiais e convertíase nunha competición pola mera supervivencia. Manter o status quo para evitar caer máis baixo aínda é a día de hoxe o cantar de moitos paxaros. Sabemos que a rede de seguridade social que nos permitira estudar xa non estaba aí e por tanto,se caemos, non hai nada que nos poida soster.

    n

    Por elo é, que como Millenial, foi o socialismo o que me demostrou resultados ao darme a posibilidade de adquirir unha educación que doutro xeito eu non podería pagar e ao apoiarme cunha pensión de orfandade cando xa non había quen me apoiara. Por que cando naces nos primeiros chanzos da pirámide o único que che pode aliviar o sufrimento é unha sociedade que non só ofreza unha terra prometida á que chegar se non que lle asegure o bote salvavidas a cada un dos seus cidadáns. Un pode nadar moi ben e bracear con perseveranza pero un océano nunca se cruzará a nado.

    n

    A sociedade galega, ao igual que o mar Mediterráneo, son augas perigosas para a xuventude. Temos, por un lado, unha xeración que coñece ben o orgullo dos Boomers, que se esforzaron máis do que os seus corpos puideron asimilar ignorantes de que destruían a natureza ao seu paso. Por outra banda, está a impotente frustración dos Millenials, que decepcionados por un soño roto somos incapaces de imaxinar un futuro que non sexa distópico, e a miúdo ficamos inmóbiles ante a inxustiza.

    n

    Finalmente, aqueles que pertencen á xeración Z vense cun reloxo colgado ao colo que lles indica o tempo restante para a implosión do cambio climático. Malia as súas lexítimas preocupacións, non se lles permite entrar nas dinámica socioeconómicas e políticas sen non están dispostos a someterse ao sistema neoliberal. Non é sorpresa que, levados pola desesperación, moitos acepten as condicións deixándose levar por praceres inmediatos que calmen temporalmente esa ansiedade e ese medos que os máis vellos non sabemos como aliviar.

    n

    E é que non os podemos responsabilizar, somos as xeracións con máis experiencia quen temos a obrigación de ensinar aos máis novos a navegar a vida, e somos as xeracións previas as que nun principio, co noso exemplo, lles ensinamos a non permitirse sufrir e a gratificarse cando a mente chegou ao seu límite. Estáselles a pedir que rendan, que produzan, que xeren, para logo, no canto de abundancia, deixarlles un planeta desbaratado e a responsabilidade de reconstruílo. É lóxico que non lle atopen sentido a ese modo de vida, pois non o ten, xa que rendendo como o sistema esixe, producindo a este ritmo e xerando esa riqueza que fica só nas mans duns poucos, estamos agravando a situación e empurrándoos cara un futuro aínda peor.

    n

    Á xeración do Baby Boom salvouna o liberalismo, a nós os Millenials, o socialismo; e pregúntome eu: que os salvará a eles que desfrutan dos índices máis altos de ansiedade e suicidio que se viron dende a segunda guerra mundial? A meritocracia? Esa cenoria neoliberal que nos fixo correr cada vez a maior velocidade pero que cada vez se afasta máis? Ou un estado de benestar con altos impostos pero con abundantes axudas sociais?

    n

    Só podo darvos unha resposta a esas preguntas e, como boa galega, tamén acaba cun interrogante: Canta propiedade privada, cantos luxos e que gran fortuna cederías se che asegurasen o amparo social necesario para una supervivencia digna de por vida?

  • Existe a democracia nas redes sociais?

    Featured image of post Existe a democracia nas redes sociais?

    Este artigo é unha colaboración co xornal O Salto.

    n

    O fediverso como liberador de espazos públicos.

    n

    n

    Os nosos espazos públicos están sendo xestionados por corporacións con obxectivos e intereses privados que a miúdo entran en conflito co ben xeral. As redes sociais animan á xente a compartir as súas opinións en público e así contribuír a un mundo democrático, mais a censura agóchase acotío a plena vista…

    n

    n

    Para continuar coa lectura 👇️

    n

    Existe a democracia nas redes sociais?

  • Soñan co Vento

    Featured image of post Soñan co Vento

    Sopra o vento do oeste,
    ndo norte e do sur-este.

    n

    Sopran os ventos e chocan
    ncomo no mar as súas ondas.

    n

    Remuíños de aire cheos de inocentes follas
    nque loitan por agorecerse en madrigueiras de lobas.

    n

    A sorte duns poucos aparece cando os ventos tornan
    ne déixanse caer sobre a auguiña onda alí afogan.

    n

    Mentres tanto están os galos dourados
    ndetrás de grandes fiestras agochados
    nvendo como todos loitan como se o mundo fose o seu anfiteatro.

    n

    Escoitan os asubíos e tamén os berros
    ne pensan que é a canción que anuncia o entretempo.

    n

    Nin se decatan de que o que ven é certo,
    nde que non son marionetas nin bonecos.

    n

    E cando cansan de tanto entretemento
    nmarchan para a cama e soñan co vento.

    n

    Así son os días do alto estamento.

    n

  • O Berro do 8M

    Featured image of post O Berro do 8M

    Foto de Maria Orlova – Unsplash

    n

    Para ti, sexas quen sexas.

    n

    Illadas cada unha na súa casa,
    nseparadas por muros de argamasa,
    nsen nome, sen vida e sen fala,
    nasí nos quere a ideoloxía aburguesada.

    n

    Sen redes non se come nen se chama
    na quen nos apoia cando se nos ataca,
    npor iso é unha estratexia necesaria
    nesa de manternos soas e enfrontadas.

    n

    Non sempre é unha muller a que nos salva
    npero sempre leva o feminismo na alma
    nporque a igualdade é unha lei innata
    nque o patriarcado destrúe e mata.

    n

    Son importantes todas as vidas humanas,
    na vida en xeral, pois diso se trata
    nde honrar a natureza que tanto nos regala.

    n

    Chegou o momento de enterrar as armas
    npara que florezan alto as nosas entrañas,
    nque medren, que vivan, dignificadas,
    nsen medo, sen feridas e con menos rabia.

    n

    Loitamos pola supervivencia cando fixo falta
    nata tornar a humanidade nunha besta mala
    nque arrasa coa terra, co aire e coa auga
    npara fabricar moeda, esa cuncha imaxinaria.

    n

    Vivimos nunha ficción onde a crueldade gaña
    npara alivio duns poucos aos que nin o amor agrada.
    nCómprano, extráeno, fórzanno, e nunca os sacia.
    nSe se lles deixa, unha cousa está clara:

    n

    Acabarán co planeta Terra, con Marte e coa galaxia.

    n

    Mais non desesperes, non son todo desgrazas
    ntemos o feminismo activo e en marcha
    npara facerlle fronte a inxustizas e a farsas,
    npara expoñer os abusos e aos seus fachas.

    n

    As persoas non queren luxos, queren necesidades básicas,
    nos nosos dereitos humanos que aínda nos arrebatan.

    n

    Non retrocedemos camiño, aguantamos a batalla
    ncelebramos a vitoria cando unha lei é aprobada
    ne sentímolo éxito cando esta se ve aplicada
    npois ata aos conservadores lles gusta desfrutalas.

    n

    Eles fartos de neoliberalismo, e a liberdade sen probala.

    n

    Cando ven que poden exercer o amor que tanto buscaban
    ndeixan de cuestionarnos e eles tamén axiña casan.

    n

    Nunca se lles esgotan as escusas baratas,
    ntanto arremeten contra mulleres liberadas
    ncoma critican outras formas de democracia
    nou tiran bolas de goma a persoas racializadas.

    n

    Non inverten nunha mente equilibrada
    nnon cren nin na psicoloxía nin na terapia,
    na súa actitude sempre está endeusada
    npois están cegos á vulnerabilidade humana.

    n

    Iso mesmo é o que a todos nos dana,
    nnon son as feridas, é o negarse a tratalas.

    n

    O día que descubran que a dor pode ser paliada
    ne deixen de bebela, fumala e inxectala,
    npoderemos imaxinar a paz e incluso acadala.

    n

    Manteñámonos firmes nesta utopía deseñada
    npois serán os soños desas mentes esperanzadas
    nos que nos permitirán crear unha realidade igualitaria.

    n

    Que é o feminismo? Esa cuestión tan pouco preguntada.

    n

    Moreas de xente supoñen que é unha muller enfadada,
    noutras non ven inxustiza dende a súa posición privilexiada,
    nmais unha vez que alguén se digna a escoitala,
    nachan que a sociedade leva moito tempo infectada.
    nDe súpeto comprenden que non é unha rabia infundada,
    npois notan a mesma frustración na súa vida diaria.

    n

    O home séntense enteiro aínda cando as bágoas lle mollan a cara.

    n

    A muller que tanto sufriu xa non precisa ser vitimizada.

    n

    Ser inmigrante deixa de ser unha condena herdada.

    n

    Expresarte con arte xa non é unha conduta penalizada.

    n

    Todas as cores do arco da vella son aceptadas
    ne se aínda falta algunha faremos por integrala.

    n

    Feminismo interseccional ou igualdade comunitaria,
    na posibilidade social tanto me da como queiras chamala,
    nsempre que a esta e a esa persoa saibas respectalas.
    nNon ten por que ter a túa opinión nin a máis acertada
    npara ter dereito a falar e ser escoitada.

    n

    Para que a humanidade sobreviva á crise climática
    né preciso que a diversidade sexa alimentada,
    nposto que as ideas que ata agora foron probadas
    nproveñen na súa maioría de persoas interesadas
    nen manter o status quo a base de patrañas.

    n

    Dígocho a ti, persoa concienciada, mexes de pé ou agachada,
    núnete ao movemento desta ola que todo o abarca,
    ndiscriminacións, inxustizas e calquera problemática
    nque poña en dúbida o valor da vida animal e humana.

  • Por que os galegos nos ofendemos con As Bestas?

    Featured image of post Por que os galegos nos ofendemos con As Bestas?

    Acaban de ser os Goya e con elo, o conflito estoupou. As Bestas recibiu un total de nove galardóns acaparando a atención de todos. Pero non toda a atención é positiva, así pois, a rede inundouse de artigos de opinión nos que a comunidade galega se mostraba desencantada pola imaxe do rural que o filme reflectía.

    n

    Un galego ofendese con este filme porque está farto de que o traten de ignorante igualando o noso xentilicio con ser brutos. É unha ferida que carrexamos nos nosos corazóns e polo tanto a representación dun galego exhibindo tal nivel de violencia fainos removernos por dentro. Mais a arte ofende e cando nos ofendemos ten moito máis que ver con nós mesmos, con esa ferida aberta que xera inseguridades, que co que nos están a dicir.

    n

    No seu artigo para El Salto, a escritora Brigitte Vasallo, filla de galegos emigrados, atribuía esta visión distorsionada principalmente ao feito de que o director é madrileño. No seu artigo critica e compara esta obra coa tamén nomeada Alcarrás na que Carla Simón mostra outra perspectiva da invasión das enerxías renovables no rural.

    n

    O meu interese político e social levoume non só a seguir o traballo de Brigitte Vasallo, se non tamén a aprender moito dela. Acostumo a coincidir coa súa forma de ver o mundo e sobre todo coas súas preocupacións. É por iso que me centro na súa columna de opinión para expoñer a miña visión a pesares do difícil que me resulta ter que levarlle a contraria.

    n

    O debate ecolóxico

    n

    Vasallo focaliza a súa crítica no argumento dos filmes, é dicir, no impacto social e ecolóxico que a industria enerxética produce ao arrasar co campo por motivos económicos.

    n

    Alcarrás fai maior fincapé nos detalles que envolven a problemática das enerxías renovables no ambiente rural xa que lle dedica abundantes minutos de metraxe á destrución das hortas nas que se instalan as placas solares. Tamén se fai mención ás manifestacións que se organizan co motivo de esixir prezos dignos para os agricultores ou ás longas xornadas de traballo ás que se ven obrigados para poder manter a produción que se lle demanda. O único que lamento deste retrato é que semella acusar ao veciño cobizoso exculpando así a un sistema que é o verdadeiro culpable da destrución da natureza.

    n

    En As Bestas, despersonalízase a industria enerxética ao mostrala como un poder e non como un individuo concreto. Deste xeito conséguese amosar como dito poder manipula as clases baixas xerando graves conflitos na comunidade con moi pouco esforzo. Esta manipulación é especialmente relevante posto que é o que nos impide colectivizarnos, é o que debilita as comunidades e nos impulsa cara o individualismo.

    n

    Mentres que en Alcarrás se lle da un nome propio en As Bestas déixase o problema relegado ao sistema. Por un lado temos un filme que honra ás vítimas dunha inxustiza provocada por aqueles que explotan dende o alto dun sistema opresor e por outro temos unha demostración da vulnerabilidade da mente humana ante un sistema manipulador.

    n

    De cara a enfrontarse ao sistema e ao poderes opresivos, Alcarrás mostra o exemplo das protestas colectivas como expresión da frustración cidadá pero non ofrece alternativa algunha xa que acaba victimizando ao proletariado quen se ve desprovisto de toda axencia para actuar deixándolle como únicas posibilidades a queixa (que con frecuencia é ignorada) e a resignación tras a vitoria do poder capitalista.

    n

    En As Bestas non se ve esa loita ruidosa que tanto nos fai falta aínda que si ofrece unha alternativa representada pola aposta dun estilo de vida anticapitalista.

    n

    Hai quen critica que é o francés quen menciona o barbeito, como se un campesiño galego non soubese tal cousa. Mais nesa escena o francés non estaba a dar leccións de agricultura, se non que recalcaba a necesidade de renunciar a unha alta produción para respectar a nosa terra. A maior parte dos explotacións agrarias son conscientes de que o barbeito é a forma máis ecolóxica de coidar a terra, mais non titubean á hora de empregar químicos que lles permita aumentar a colleita, posto que neste mundo capitalista parvo é o que non usa as ferramentas das que dispón. Isto non o digo eu dende a distancia, isto téñollo eu escoitado a máis dun agricultor galego. O francés representa un tipo de persoa que decide renunciar a un estilo de vida para comungar cuns ideais concretos. A estas alturas non podemos ser inxenuos e pensar que podemos loitar contra o capitalismo sen renunciar a boa parte do estilo de vida que este fomentou. Iso non significa pasar fame e vivir con carencias, significa orientar a nosa existencia doutro xeito, algo que nos custa aceptar a todos pois o ser humano evita os cambios tanto como pode.

    n

    Vasallo di que “Sorogoyen denunciou o espolio eólico desprezando á xente que de verdade lle fai fronte” porque ela coñeceu o tema en profundidade grazas á Coordinadora do Macizo Central Ourensán, unha asociación que se desvive por protexer o territorio. É innegable que hai xente galega loitando e esa é unha fermosa imaxe dunha Galicia que resiste e se revela. Debemos celebrar e agradecer os esforzos destas persoas pero non podemos esquecer que en Galicia goberna o PP. Estamos a falar dunha maioría de votos que prefire unha Galicia neoliberal a unha Galicia verde. Poida que estea a sacar conclusións rápidas, mais non é iso sinal de que aínda que haxa xente galega concienciada tamén hai moita xente que vendería e vende o seus montes a calquera eléctrica interesada? Non é daquela necesario retratar o conflito veciñal que supón? Tal e como eu o vexo, a escolla dun francés é xustificada non só pola historia orixinal na que o filme se basea, se non porque a ignorancia deste personaxe dos códigos de comunicación culturais galegos é o perfecto punto de partida para mostrar a colisión destes puntos de vista tan polarizados.

    n

    Coincido coa escritora cando di que “non nos expulsaron os veciños salvaxes se non o capitalismo baixo a tutela franquista” xa que así o vexo representado en As Bestas, pois quen o representa mellor que un personaxe que claramente está enganado polo que lle parece que lle pode ofrecer o sistema (un taxi en Ourense, dicía) e que actúa coa actitude autoritaria propia do franquismo? Ou non eran os veciños fachas os que delataban aos republicanos?

    n

    O ingrediente emocional de todo debate

    n

    A película de Sorogoyen exhibe escenas violentas cunha épica que inspira moitas emocións no espectador. Estas escenas non son prato de bo gusto e moitos galegos non se senten identificados con elas. Mais o filme en si, non pretende transmitir tales situacións como se estas fosen o día a día da Galiza rural, ao fin e ao cabo, trátase dun mal veciño que lle complica a vida a todos. Ou non hai varias escenas nas que se mostra a xenerosidade e acolledora natureza dos galegos?

    n

    As Bestas condena a violencia ao mostrar o intento de resolver un conflito emocional coa palabra. E de novo, non me estou a referir só ao francés, se non a todos os outros personaxes que parecen ser ignorados por aqueles que temen ser identificados co rol representado por Luís Zahera.

    n

    No filme de Carla Simón, proxectase a realidade con distancia e sen xerar crítica ningunha sobre as dinámicas dos sistemas relacionais (neste caso unha familia) disfuncionais. Para un ollo experimentado ao que lle resulta sinxelo distinguir entre a toxicidade e o amor, Alcarrás pode ser unha película perfecta para manter unha interesante conversa post-visionado.

    n

    Non obstante, no caso do espectador envolto en relacións tóxicas e por tanto incapaz de ver a diferencia entre uns comportamentos e outros, Alcarrás non lle proporciona punto de referencia ao que agarrarse. Encadrado na situación destes receptores, o filme corre o risco de normalizar ditos comportamentos ao xustificar a figura dun pai que ignora e agrede aos seus familiares por estar victimizado no contexto du sistema capitalista que trata de roubarlle o seu estilo de vida.

    n

    n

    Que vivas unha inxustiza non xustifica a violencia contra a túa propia familia. Ningún trauma debería converter o narcisismo en xustificable.

    n

    n

    Esta proxección sen guía da realidade semella lexitimar a violencia cando mostra sen consecuencias o ataque no que un home lle rompe dúas costelas a outro. Non hay conversación que permita unha resolución sá do conflito, non hai arrepentimento xa que durante todo o filme se acepta a incapacidade deste home para lidar coas súas emocións. E non é que esta falta de regulación emocional quede relegada a el, non, de feito vese como a neglixencia e o abuso tamén forman parte da personalidade da nai quen non sostén nin unha soa conversa cos seus descendentes que non sexa para criticar ou censurar á súa filla ou para soltarlle un sopapo ao seu fillo sen cuestionar a causa do seu comportamento errático.

    n

    E é o feito de que todos estes comportamentos ocorran sen contraposición algunha o que me incomoda desta película. Dígoo pola miña propia experiencia, por ter eu sido unha desas persoas incapaces de ver a violencia subxacente no ambiente que me rodeaba e nas producións culturais que non o sinalan ao precisar xustificar o abuso que eu sufría. Non é que iso a faga menos obra de arte, por suposto que non. É sen dúbida unha obra realista e obxectiva co valor que iso implica. Agora ben, é unha obra que se pretendía ter algún carácter didáctico ou pedagóxico, non o ten.

    n

    Aquí gustaríame mencionar La última primavera (2020) de Isabel Lamberti, un filme que recibiu moita menos atención ca estes que estamos a tratar e que reflexa a importancia da regulación emocional nos momentos máis difíciles. Esta produción de Lamberti co-escrita con Lenina Ungari conta como os veciños da Cañada Real ás aforas de Madrid son expulsados das súas casas ao estar construídas en terreos que non posuían. Neste filme combínase a denuncia social (persoas sen recursos a quen o sistema lle quere quitar ata a dignidade) cunha profundización moi enriquecedora das relacións persoais. Os protagonistas son persoas de mínimos estudos e escasos libros na casa, pero que posúen moita educación. Unha educación que xira arredor do apoio mutuo e a compaixón, que se transmite co contacto humano honesto e que conforma as bases dunha boa saúde mental.

    n

    Entendo que non todo o mundo estará de acordo, mais non podo velo doutro xeito. A loita social que vencerá as monstruosidades deste sistema ha de pasar polo filtro emocional pois os bos ideais sempre son susceptibles de se converter en cazas de bruxas cando estes son liderados por impulsos reaccionarios ante unha dor mal xestionada.

    n

    O rural adáptase perfectamente a esta discusión porque a proximidade coa natureza e ese pasar lento do tempo propio do campo, son as características que lle permiten a estes directores atopar un escenario non só fermoso pero exiguo de ruído no que tratar asuntos tan complexos como os traumas e a sobrecarga emocional.

    n

    As mulleres e os seus diálogos

    n

    Parece que a visión que se dá das mulleres en As Bestas tamén xera opinións encontradas, ou máis ben a frase que Dénis Menochet dixo ao recoller o seu Goya: “é a homenaxe á forza do amor das mulleres fronte á tolería dos homes”.

    n

    Con esta frase poderías imaxinar que as mulleres se mostran pacientes e compracentes, cando é todo o contrario. Non son mulleres que aman mentres calan, son mulleres que teñen unha das mellores conversacións interxeracionais que viu o cine. Para min foi especialmente poderosa a perspectiva que se ofreceu ao poñer en contraposición a unha muller totalmente autónoma e que sabía o que facía discutindo coa súa filla quen sufría por ver a súa nai padecendo ao mesmo tempo que temía a súa caída na loucura.

    n

    Son as conversas o que máis boto en falta na obra de Carla Simón a quen debemos agradecer por nos agasallar coa interpretación de cantigas tradicionais cheas de historia e conseguir plasmar eses típicos comentarios das relacións disfuncionais, pero que deixou esquecida a antítese de opinións coa que, considero, debemos tratar ao adentrarnos nestes debates.

    n

    Que me ofende de este debate?

    n

    Xa vos falei das feridas polas que creo As Bestas ofende a moitos galegos. Agora tócame revelar as miñas propias feridas que me impulsaron a escribir este artigo ao sentirme invisibilizada, e dalgún xeito tamén ofendida.

    n

    Din que As Bestas é unha imaxe desfiguradora da xente do rural. Quero pensar que iso é así. É máis, sei que iso é así. Pero cando insisten en que os personaxes que se ven no filme non se necesitan representar máis no cine faime sentir que están a negar a miña existencia.

    n

    Esta película conta unha historia que sucedeu cando eu estaba medrando, tería uns catorce ou quince anos. Eu medrei sendo arrastrada a eses bares nos que os vasos de alcol se beben como grolos únicos de elixir. Medrei escoitando esas conversas, eses tons ameazantes, eses berros. Un pode pensar que é só cousa da miña experiencia, mais nos bares hai xente de todas as casas. Non digo que sexa unha realidade única do mundo rural, e tampouco era a única experiencia que se vivía no pobo, tamén existían os que non pasaban polo bar máis que en días de celebración.

    n

    É obvio que a violencia non é única de Galicia posto que no filme de Alcarrás sofren do mesmo mal aínda que ninguén morra no camiño. Pero é que son eses nenos ignorados, esas nenas criticadas, eses aos que menosprezaron e berraron mentres tiñan que ser educados os que medran para converterse en presas da indefensión aprendida ou en autores de crimes violentos. Son os que máis adiante se deixan levar pola cobiza e as ansias de ambición para así esquecer o pequenos que lles fixeron sentir.