A ironía dos oKupas en España

Featured image of post A ironía dos oKupas en España

Cres que recoñecerías un okupa se o vises?

n

Os okupas poden ter un aspecto diferente. Hoxe en día, son case unha especie distinta debido á súa forma de vivir. Evolucionaron de maneira moi allea á nosa e podemos observar tales adaptacións no seu comportamento. A súa característica máis vistosa é que afrontan a incerteza moito mellor. Iso é a selección natural xogando a súa man. Non se molestarían con ningunha absurda póliza que asegure o seu futuro aínda que a puidesen pagar. En cambio, viven día a día, gozando de luxos como son a comida barata e a auga potable. Polo que parece non evolucionaron o suficiente así que aínda teñen que facer fronte á necesidade primaria de abrigo, e é por iso que as nosas especies entran en conflito.

n

n

“Tememos as cousas en proporción á nosa ignorancia das mesmas”.
n— Christian Nestell Bovee

n

n

Hai pouco descubrín que no estranxeiro a xente sabe infinitamente máis sobre o problema dos okupas que hai en España ca podes saber ti. O tema xurdiu nunhas cantas discusións con amigos internacionais e, sen dúbida, grazas ás noticias, os meus interlocutores estaban totalmente ao día sobre o asunto coñecendo os pormenores de como o noso sistema económico non afecta en absoluto ao acceso á vivenda.

n

Preocupeime especialmente cando me falaron das espantosas experiencias que teñen as grandes empresas inmobiliarias. Os meus amigos estaban pensando en comprar unha casa e acabaron rexeitando a idea por mor dos okupas! O feito de que non poidan mudarse a España porque non saben castelán e atopar alí un traballo que pague unha hipoteca é case imposible non tivo nada que ver coa súa inesperada decisión de quedarse onde están. O caso é que o tema me infundiu curiosidade e decidín escribir un artigo a pesares do bo traballo de difusión que fan os grandes medios españois.

n

Os okupas son un inconveniente desagradable para aqueles que posúen tanta propiedade que a deixan abandonada durante anos. Imaxina o horrible que un se debe sentir cando se lembra de reformar aquel piso que deixou baleirondurante cinco anos á espera de que subisen os prezos; e de súpeto descobre que unha familia de status social inferior, por desencantamento coa gran selección de vivendas sociais dignas que posúe o noso país, estivo creando alí o seu fogar. Que desesperación!

n

Hai quen di que se está a estender un insá desexo por converternos en ricos, mais o certo é que a xente só quere acumular o exclusivamente necesario para sobrevivir uns cantos séculos no caso de que algo saia mal e se forme unha pequena brecha na nosa forte rede de protección social.

n

Todo este problema dos okupas engádese a ese lexítimo sentimento de cobiza incrementando a angustia dos máis privilexiados. Partimos dun tenebroso porto privado para deixarnos guiar por un necio compás que nos mostra o inxusto que pode ser o mundo se non tomamos todas as precaucións que uns experimentados caciques nos ofrecen. E no que se refire á vivenda, como non van saltar todas as alarmas?! Quen non faría o que fose para evitar perder o seu dereito a todo un negocio de teitos dignos ante un miserable espécime de okupa?!

n

n

“O pensamento non vencerá o medo, senón a acción”.
n— W. Clemente Stone

n

n

A maioría da xente non é consciente deste feito, pero cando tes medo o mellor non é calmar as túas preocupacións infundadas antes de facer algo ao respecto porque se non tomas precaucións aleatorias baseadas nos teus impulsos emocionais, podes acabar quedando en ridículo e lamentándoo. Ademais, se hai algo máis suculento na vida que unha sensación de seguridade é aquilo de semellar intelixente.

n

E así mesmo o saben as compañías de seguridade e aseguradoras do fogar que tratan de manternos ben informados. Chaman á túa porta xusto despois das noticias da mañá ou mentres les impulsivamente no teléfono (o teu catastrofista electrónico persoal). Daquela, xa viches moitos dos seus anuncios na televisión. Nas revistas tamén. Nas redes sociais, posiblemente. E se me fas apostar, diría que na radio. “Vas de vacacións? Pode que non teñas casa cando volvas!”

n

Ao principio, poida que penses que están reaccionando desmedidamente, pero despois duns cantos meses coa mesma mensaxe petando na túa materia gris finalmente aceptas que, se existen tales anuncios, debe haber unha boa razónnpara iso. Polo que sabes, nunca se emitiron mentiras e estafas pola televisión. E cando por fin cruzan a túa porta para unha rápida charla informativa na que esaxeran e fabrican aterradoras historias personalizadas para o teu gusto particular, a túa avoa-fráxil interior comeza finalmente a tomalas en serio.

n

n

“O único que temos que temer é o propio medo”.n— Franklin D. Roosevelt

n

n

Por iso os medios prestan tanta atención aos okupas, porque se preocupan pola xente e os seus sentimentos máis profundos. Nunca tiveron unha axenda privada na que o seu obxectivo sexa vender a maior cantidade de publicidade posible. Por suposto que non!

n

Pero xa sabes, son humanos e como tal cometen erros, así que inventan aínda máis historias tan orixinais como que unha anciá sae a facer a compra e volve a unha casa okupada. E como son falibles escápaselles o detalle de que nese caso, nin sequera falamos de okupas senón de entrada forzada, algo que a policía o manexa inmediatamente e sen facer case preguntas. Esquecen inocentemente que para considerar unha vivenda okupada ten que estar previamente desocupada e ninguén debe vivir alí (incluídas asnsegundas residencias).

n

Tampouco din que a gran maioría das vivendas okupadas son propiedade de bancos e empresas de fondos de investimento inmobiliario porque, se o fan, corren o risco de ter que mencionar que eses bancos foron rescatados con cartos públicos durante a crise de 2008 sen repercusión positiva para a poboación xa empobrecida. Eles quedaron co diñeiro porque non se decataran que o recibiran para solucionar o lío que montaran. Logo, tamén se levaron aqueles pisos que custaban moitísimo para o buscador de vivenda común pero que para eles resultaron gratuítos porque a xente máis afectada pola crise non ten que ser necesariamente a que máis axuda reciba. E como non tiñan tanto sobriño para tanto piso acabaron vendendo boa parte deles por unha miseria a fondos de investimento inmobiliario como Blackstone ou Blackrock. Todo foi un golpe de mala sorte e un desentendemento que a poboación non sabería comprender polo que evitan comentar o asunto. Como poderían os grandes medios mencionar os nomes dos seus ben queridos amigos xunto a tal escándalo?

n

E é que é moito mellor para o negocio da información iso de crear demanda para os seus clientes de publicidade que informar sobre calquera tipo de crise real que está a suceder. Sobre todo se esas crises teñen unha estreita relación coa mala xestión dos partidos políticos que financian o seu prezado negocio. Ou queres que centos de xornalistas explotados perdan o seu traballo por culpa dun editor xefe honesto? Non o creo…

n

n

“A vida é o que pasa mentres te preocupas polos okupas que poden entrar nun piso que non tes durante as vacacións que non podes pagar.”
n— graffiti nas rúas de Madrid

n

n

Así que esta é a situación en España, a xente está incriblemente ocupada preocupándose de que usurpen a súa casa para que logo veñan os europeitos con que hai que falar de como se está a remodelar o sistema de saúde ou de que falsas promesas do rap sigan en incómodos hoteis institucionais por cantar unha canción terriblemente escrita ou de que a familia real española siga engadindo peripecias aos seus diarios persoais coa bendición da xustiza. E logo atrévense a dicir que os españois somos preguiceiros! Somos uns preocupados frenéticos!

n

Algúns verán isto como un problema endémico do noso país. Un tema que afecta a un dos denominados “PIGS” (tamén coñecido como Portugal, Italia, Grecia e España) porque as economías mal xestionadas tenden a vernconsecuencias ao longo prazo como cidadáns converténdose nunha especie totalmente nova que vive excelentemente ben na incerteza. Pero advírtovos como o fai unha compañía de seguros. Este é un problema sistémiconque todos teremos que afrontar nalgún momento.

n

n

“A xente non ocupa porque si, a xente quere pagar o aluguer, quere pagar a luz, a auga, quere vivir tranquila. Ocupar é vivir nun estado de alarma permanente, sen saber cando van vir a desaloxarte, sen saber cando un grupo de paramilitares virá á túa casa a ameazarte. Realmente non é unhansituación cómoda como algunhas persoas queren demostrar, é todo o contrario".
n— Lucía Delgado (portavoz da Plataforma de Afectados polas Hipotecas)

n

n

Se afondamos no “problema dos okupas” chegamos a algunhas cuestións sociais menores, moito menos interesantes para a xente común que algunhas casas usurpadas. Como xornalista, un sempre debe escoller os temasnmáis relevantes para os seus lectores (como é o caso dos okupas) pero se tes algún recuncho baleiro no teu xornal podes enchelo con titulares bastante sensacionalistas:

n

Exclusión residencial ou como un é rexeitado como inquilino, non por mor da súa herdanza xenética, nacionalidade ou condición sexual, se non porque ese a min non mo metes na casa!

n

Infravivendas ou como os grandes capitais acumulan inmobles para que non importe a onde vaias sempre poidas arrendar un apartamento do Santander!

n

Prezos de alugamento abusivos e a odisea de profesionais de baixo e alto nivel educativo atopar un pisiño de solteiro co soldo dun bolseiro!

n

Desahucios: a última tendencia en educación social opresiva dirixida tanto a adultos como á infancia indefensa!

n

Gentrificación ou como expulsamos aos baristas dos seus barrios residenciais pobres para convertelos en barrios máis modernos nos que tomar un Pumpkin Late sen saber o que iso leva dentro!

n

Pero ti e máis eu sabemos que todos estes temas son para persoas ás que lles gusta queixarse durante todo o día e aínda non coñeceron a arte do pensamento positivo. O futuro espéranos e non debemos perder ontempo con discusións baleiras sobre como poden 8.000 millóns de persoas sobrevivir nun anaco de rocha enfadada que está sacudindo os seus parasitos a golpe de sequías e inundacións. A resposta a iso é doada. Simplemente precisamos un pouquiño de orde e malversación para poder crear a nosa sociedade perfectamente sostible.

n

Temos moitos manuais de ciencia ficción que explican en detalle como arrebatarlle a vontade á xente e crear unha sociedade na que non escoitemos queixas, só algún berro que outro dun suicida ao caer. Pero a verdadeira pregunta é: Como chegamos a ela partindo da sociedade que xa temos? Como logramos ese futuro utópico?

n

n

“A forma máis eficaz de destruír a xente é negar e borrar a súa propia comprensión da súa historia”.
n— George Orwell

n

n

En primeiro lugar, evitaremos dirixir calquera esforzo á mellora do parque de vivendas sociais xa que isto nos dará a oportunidade de aumentar os prezos á nosa vontade. Neste punto, temos que manternos fortes porque hai quen esixirá regulación. Non queremos tal cousa porque iso limitaría a nosa capacidade de abusar financeiramente tanto dos inquilinos como dos compradores.

n

Se logramos controlar a situación teremos o escenario perfecto para ampliar a duración da hipoteca media ata polo menos 30 anos e así poderemos cobrar uns intereses cada vez máis altos. Neste período de inflación non hai que subir os soldos xa que iso permitiría aos cidadáns seguir cos seus pagamentos e, polo tanto, non deixarían de pagar as súas débedas.

n

Despois duns anos de loita, teremos unha posición bastante avanzada para a negociación. A xente estará sufrindo terriblemente, sen podernpagar as súas hipotecas e coa fame chamando ás súas portas. Os niveis de pobreza poden aumentar enchendo as rúas coa desagradable imaxe da miseria humana, pero tamén é o momento de boas novas: Comezan a tempada de desahucios!

n

Agora ben, aquí temos dúas caras da mesma moeda. Por unha banda, os grandes capitalistas poderán comprar bens inmobles moi baratos. De feito, os bancos poderán quedarse con miles de casas e, a maiores, os intereses xa pagados por un diñeiro que prestaron pero que realmente nunca tiveron. Por outra banda, non tan agradable, a xente sairá á rúa a protestar innecesariamente por temas que non nos preocupan aos pensadores positivistas e se cadra os albergues públicos estarán ateigados de familias que empregarán a súa situación de desamparo para infundir empatía e compaixón na poboación. E se iso xa non pinta moi ben, o peor de todo, é que os okupas entrarán en edificios baldeiros e sen usar coa pretensión de reformalos para posteriormente utilizalos como residencia principal e única. Indignante, non si?

n

Máis debes ter paciencia! Ten en conta que este é o momento máis difícil para un cobizoso investidor financeiro construíndo unha sociedade triste enmediocre coa menor creatividade posible. É difícil enfrontarse ao feito de que despois de estar dilixentemente sentados durante horas nun elegante restaurante escoitando tediosas conversas superficiais e engulindo insípido viño de 200 euros a botella mentres subornamos ao político correcto, aínda por riba temos que presenciar como un desagradecido traballador sen fogar de Amazon, despois dunha absurda xornada laboral, se atreve a desafiar o sistema e atopar unha casa para a súa familia tirando todos os nosos esforzos pola fiestra.

n

Afortunadamente, isto só ocorre en menos do 0,5% do parque total de vivendas, e as autoridades apóiannos constantemente con toda a esaxerada violencia que poida ser necesaria. En xeral, a xente achanta e e as súas rabechas non nos afectan moito. Polo tanto, aínda que é unha incómoda dor de cabeza, paga a pena o tempo empregado.

n

Con estes sinxelos pasos, cada día achegámonos a unha utopía que só convén a uns poucos. O truco é asegurarnos de que somos un deles. Quizais non naceses nunha familia rica e polo tanto non tes capital que investir en vivenda, pero sempre podes construír unha empresa de tecnoloxía no garaxe dos teus pais, se é que o teñen, e logo só precisas unhas cantas ideas pouco comúns e revolucionarias que te catapulten á cima da pirámide económica. Unha vez que esteas alí, só tes que seguir estes pasos e non esquezas cubrir o teu “Diario da cobiza” todas as mañás para obter un resultado máis exitoso.

n

A modo de conclusión…

n

Se non estás de acordo co meu sabio consello, sempre podes politizarte e comezar a tomar partido en cuestións que non che afectan no momento presente pero que poden moldear o teu futuro. Podes malgastar o teu diñeiro apoiando medios independentes que che proporcionen noticias máis útiles e obxectivas. Mais non recomendo esta opción porque require moita lectura e estraga moitos praceres pouco éticos que antes non te cuestionabas.

n

Pode poñer o teu mundo patas arriba e incluso podes descubrir que o teu mellor amigo é un idiota integral. Tamén podes darte conta de que non tiñas razón todo o tempo e deprimirte pola enorme cantidade de coñecemento que nunca adquirirás. Ademais, coma se dun feitizo se tratara, sentiraste atraído a vivir con máis tranquilidade e enfrontaraste á realidade dun xeito que nunca experimentaches.

n

Se decides tomar este camiño debes saber que hai unha lista infinita de terribles consecuencias que marcarán o teu futuro e unha única que pode resultar beneficiosa: a sabedoría.

n

Boa sorte coa túa elección.

n

n

“A nosa paixón por aprender… é a nosa ferramenta para sobrevivir”.
n—Carl Sagan.

n

n

n

As catro historias de persoas que se viron obrigadas a converterse no que os medios chaman “okupas”.
nLas otras caras de la okupación

n

Plataforma de Afectados por la Hipoteca
nPAH

n

Minuesa: Una Okupación Con Historia (1988~1994)

n

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *