A Asociación Godoteires é unha asociación galega, recién constituida, de xente interesada en aprender, crear e disfrutar empregando o motor Godot. Independientemente do nivel de coñecemento ou experiencia creando videoxogos.
En Godoteires construimos unha comunidade inclusiva ao redor do motor Godot cunha serie de fins que marcan a nosa visión tanto deste motor como dos videoxogos e do asociacionismo na nosa terra. Estes fins son:
Ao contrario do interese xeral do avance da creación de videoxogos a nivel global seguindo modelos comerciais que non respetan nin aos creadores nin aos xogadores tratando os videoxogos como meros produtos, avogamos pola democratización da creación de videoxogos dende a súa vertente máis artística, lúdica e creativa.
Respetando e defendendo a pluralidade da sociedade galega, aspiramos a converternos nun punto inclusivo de referencia en Galicia do motor de creación de videoxogos Godot. Godot xoga un papel moi relevante na democratización ao acceso á creación de videoxogos gracias a súa licencia aberta, motivo polo cal dende a nosa asociación tamén se promoverá o uso de software libre.
O acceso a ferramentas tecnolóxicas, incluído o propio Godot, é vital para o achegamento á xente á creación de videoxogos, polo que un dos fins da asociación é promover a creación, tradución e difusión de documentación e material audiovisual en galego relacionado con estas ferramentas. Sendo conscientes da dificultade de atopar xogos en galego, motivo de preocupación tamén da asociación, esta solidarízase coas creacións en linguas minorizadas, que serán de especial atención.
Para levar a cabo estes fins, realizaremos encontros presenciais, telemáticos ou en modalidade mixta relacionados con calqueira dos fins expostos neste texto. Nestes encontros organizados pola asociación, levaranse a cabo faladoiros, obradoiros ou mostras de traballo, entre outras actividades. (Estes encontros poden ser parte doutras actividades, xornadas ou eventos non organizados directamente pola asociación).
Tamén na liña dos seus fins, a asociación difundirá, mediante artigos ou boletíns, xogos en Godot feitos en Galicia ou/en galego, así como en linguas minorizadas. Ademáis de poder elaborar distinción honoríficas para premiar creacións de interese para as persoas socias ou de interese para a sociedade.
Por último, entendendo as Game Jams como retos que motivan a creatividade, convocaremos esta clase de certames aliñándose cos fins descritos.