Logo da asociación: é o logo de Godot coa bandeira galega de cores

Das pantallas á prensa escrita

Boas godoteires! Estivemos este luns facendo a foto institucional correspondente co Concello de Marín. Este sábado temos unha cita imprescindible para as persoas aficionadas a Godot ou con interés en saber máis sobre este motor para facer videoxogos. Así que apunta a data na axenda e achégate canda nós.

Toda a información e enlaces para saber as localizacións, horario, onde aparcar… a podes atopar na entrada anterior deste blogue, que a enlazamos cómodamente aquí.

A noticia en Pontevedra Viva dice así: “A Xuntanza Godoteira chega a Marín con mostras de videoxogos, faladoiros e talleres” e podedes leela completa aquí.

Compis facéndose a foto institucional xunto a un edil do Concello diante da biblioteca

Tamén atoparás a nota de prensa en outros medios como o Faro de Vigo, que saiu en físico. Tamén está o evento enlazado en DeVuego, Acontece.gal e outros. Gracias pola publicidade.

Fediverse reactions

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *