Logo da asociación: é o logo de Godot coa bandeira galega de cores

Xuntanza Godoteira o 24 de outubro en Marín

Temos o pracer de anunciar a nosa próxima Xuntanza Godoteira en Marín (Pontevedra) o día 24 de outubro (sábado) de 2026.

Realizarase en dous espazos situados na Avenida de Ourense, ao carón do porto, por unha parte o Museo Manuel Torres (pola mañá) e a Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos (pola tarde).

No Museo Manuel Torres se levará a cabo unha mostra de xogos feitos en Godot con ordenadores prestados por socies. Tamén faremos unha presentación da asociación e as primeiras indicacións para inscribirse nela. A actividade comeza ás 11:30h e remata ás 13:30h.

Na Biblioteca Vidal Pazos se darán os habituais faladorios e obradoiros. A actividade comeza ás 16:00h e remata ás 19:30h (ou un pouco antes según faladoiros anotados).

Cartaz da Xuntanza Godoteira 2026. 24 de outubro en Marín. Mostra de xogos ás 11:30 no Museo Manuel Torres e Faladoiros e obradoiros na Biblioteca Vidal Pazos ás 16:00h. Proba e comparte xogos locais e coñece á comunidade local de Godot. Organiza o Concello de Marín e a Asociación Godoteires.

Enlaces relacionados (importante)

Enlace á actividade en Mobilizón (confirma a túa participación! non é obrigado, pero axuda á organización)
https://mobilizon.fr/events/0d5b3690-34ee-46ea-9b3b-2af84cc9540e

O formulario de faladoiros e obradoiros (para propor o teu propio faladoiro/obradoiro)
https://my.liberaforms.org/xuntanza-godoteira-marin-2026

Enlace á entrada do calendario de Devuego:
https://www.devuego.es/deventos/evento/xuntanza-godoteira-marin-2026-10-24

Como chegar a Marín

Monbus é a compañía de buses que da servizo á Vila de Marín e podes atopar nesta web cómo chegar dende Pontevedra, Cangas, Bueu, Loira, Seixo, Mogor… cos seus respectivos horarios.

Por outra parte, se ves no teu transporte particular, podes atopar múltiples aparcadoiros públicos gratuitos. Hai aparcadoiro dabondo na propia Avenida de Ourense e ao carón do Auditorio de Marín.

Senón, podes empregar os aparcadoiros da rúa Quevedo e da rúa Inferniño, que son as mellores opcións en canto a distancia.

Tamén hai servizo de taxis.

Onde comer en Marín

O evento lévase a cabo nunha parte bastante céntrica de Marín. Polo que hai moita oferta gastronómica como La huerta de la abuela, o local máis preto, con opcións ovo lacteo vexetarianas no seu menú. Na mesma rúa (rúa Méndez Núñez) hai outros locáis gastronómicos e un Supermercado Gadis.

Ao redor da Alameda de Marín está o Bar Umia, a Tapería O Casino e a hamburguesería La Favorita.

Ao redor do Parque Eguren (subindo a Rúa Estrada ou pola Rúa da Roda) están as bocaterías Atalaya e o Rural. Tamén os restaurantes Fociño e Pilaro.

Adxuntamos plano orientativo contextualizando a zona de Marín que tomaremos ao asalto.

Captura do Google Maps. Vese os espazos públicos onde levarase a cabo o evento contextualizados con respecto ao porto, a Alameda e a Escola Naval Militar.
Fediverse reactions

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *