{"id":9987,"date":"2007-09-16T10:52:00","date_gmt":"2007-09-16T08:52:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:47:46","modified_gmt":"2024-11-12T14:47:46","slug":"esperanzas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/09\/16\/esperanzas\/","title":{"rendered":"Esperanzas"},"content":{"rendered":"<p>\u00c9 de esperar que a construci\u00f3n de vivendas non siga indefinidamente: nin a terra (espazo f\u00edsico) nin a Terra (o equilibrio do planeta) dan para m\u00e1is a partires dun certo momento. Antes de que cheguen esas imposibilidades, est\u00e1 xa aqu\u00ed o par\u00f3n que representa a econom\u00eda para aminorar a marcha esta tempada: quedaron pisos sen alquilar, din. Haber\u00eda que ver o volume total de visitantes para xulgar o tan cacareado na prensa (a falta outras novas) &#8216;mal ver\u00e1n&#8217; que houbo na zona: s\u00ed \u00e9 certo, v\u00e9se, que non houbo un aumento como vi\u00f1a habendo, pero o de mal ver\u00e1n en canto a visitantes sempre \u00e9 algo relativo, como xa te\u00f1\u00f3 tratado outras veces. Tam\u00e9n \u00e9 de creer que o gasto relativamente diminuiu, pois os estudos econ\u00f3micos din que a xente estamos rascando os petos m\u00e1si qeu en anos anteriores para pagar hipotecas e dem\u00e1is.<br \/>\nNo medio deste panorama que alg\u00fans pintan como normal, outros como aviso do que vir\u00e1 e outros a\u00ednda como desolador, segue a haber anuncios como que unha promotora ribadense vai constru\u00edr 500 vivendas na Veiga. E o primeiro que se ven \u00e1 cabeza cando un lee a nova \u00e9 eso, que \u00e9 un anuncio. Para a promotora e para a venda de vivendas en promoci\u00f3n. Logo, na letra mi\u00fada, aparece que polo momento ir\u00e1 s\u00f3 a cuarta parte adiante, e que a promoci\u00f3n non est\u00e1 a\u00ednda vendida. Hai outros temas interesantes, como que ten que cumprir a normativa medioambiental (na nova est\u00e1 expresado de xeito moito m\u00e1is favorable, parece que fora un agasallo da construtora que vai a maiores do prezo), e queda un pouco oculto no medio do conxunto de dados un tema b\u00e1sico para o negocio: canto menos se vende en plano, menos cartos quedan para facer de inversi\u00f3n financieira do promotor mentras non se van empregando. Dependendo do montante total e o dispo\u00f1ible, pode ser necesario para a promotora recorrer \u00f3 cr\u00e9dito, co que non s\u00f3 deixa de ga\u00f1ar, sen\u00f3n que se mete en m\u00e1is gastos, etc. \u00c9 dicir, o que se poder\u00eda chamar o modelo de negocio na construcci\u00f3n destes \u00faltimos anos parece ser que est\u00e1 a cambiar, e non poo que diga un estudo macroecon\u00f3mico, sen\u00f3n polo que se pode ver na prensa diaria. C\u00e1nto, a que velocidade se produce o cambio, cal ser\u00e1 o punto final do mesmo, a lo menos para min non est\u00e1 claro a\u00ednda, pero si o est\u00e1 o cambio en si. En concreto, parece que xa pasaron os tempos nos que pagaba a pena pedir un cr\u00e9dito para constru\u00edr e non ter pr\u00e9sa en vender pois os prezos sub\u00edan m\u00e1is \u00e1 pr\u00e9sa que os intereses.<br \/>\nPode que eso calme a construcci\u00f3n &#8216;non sostible&#8217; (dig\u00e1molo en xeito eufem\u00edstico) m\u00e1is que as leis da Xunta.<br \/>\nE un tema relacionado: Estar\u00e1n vendidos xa os miles de vivendas da pol\u00e9mica focense? Os cartos\/ a falta deles pode influenciar as actividades do concello como estrutura, econ\u00f3micas dentro do concello, e mesmo a visi\u00f3n que te\u00f1an de Foz e a zona os inversores. O balance de forzas no pulso por facer as vivendas pode cambiar, &#8230; sen que importe o desenvolvemento mantible ou a est\u00e9tica ou a capacidade de ofertar servizos ou mesmo auga. Curioso.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 de esperar que a construci\u00f3n de vivendas non siga indefinidamente: nin a terra (espazo f\u00edsico) nin a Terra (o equilibrio do planeta) dan para m\u00e1is a partires dun certo momento. Antes de que cheguen esas imposibilidades, est\u00e1 xa aqu\u00ed o par\u00f3n que representa a econom\u00eda para aminorar a marcha esta tempada: quedaron pisos sen [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26,9],"class_list":["post-9987","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9987","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9987"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9987\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9987"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9987"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9987"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}