{"id":9984,"date":"2007-09-18T07:37:00","date_gmt":"2007-09-18T05:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:47:42","modified_gmt":"2024-11-12T14:47:42","slug":"pleno-s-oito","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/09\/18\/pleno-s-oito\/","title":{"rendered":"Pleno \u00e1s oito"},"content":{"rendered":"<p>Onte, \u00e1s oito da tarde, deu comezo o pleno que abriu o &#8216;novo curso&#8217; pol\u00edtico en Ribadeo. Sen megafon\u00eda, resultou moi dificultoso seguir algunhas intervenci\u00f3ns, por iso quizais ca\u00edn na conta nalg\u00fan pequeno detalle como que o retrato do Rei, situado detr\u00e1s do alcalde, est\u00e1 semi tapado por unha bandeira espa\u00f1ola, nunha superposici\u00f3n de s\u00edmbolos na que se ocultan uns a outros.<\/p>\n<p>Nove veci\u00f1os, no momento de maior asistencia, estaban en minor\u00eda fronte \u00f3s elexidos municipais.<\/p>\n<p>comezouse a falar do orzamento de cultura, pasando logo \u00f3s apoios no consello territorial provincial e diversas outras representaci\u00f3ns. Seguiu a petici\u00f3n da cesi\u00f3n das rotondas (Voar e entronque coa autostrada), e a petici\u00f3n como festivos do martes de antroido e 8 de setembro para o pr\u00f3ximo ano. Temas todos que sa\u00edron por unanimidade (excepto o primeiro) e que quizais por iso, propiciaron unha sesi\u00f3n tranquila.<\/p>\n<p>O seguinte punto coido que deu lugar \u00f3 inicio real do pleno: trat\u00e1base do nomeamento duna persoa de confianza para a secretar\u00eda persoal do alcalde, que sa\u00edu cos votos de BNG e PP, e abstenci\u00f3n do resto, parece que por temas presupuestarios. A dicir que o pleno ten que apoiar o posto, non \u00e1 persoa. O alcalde propo\u00f1er\u00e1 a Mar\u00eda P\u00e9rez Mon, que traballa xa no concello.<\/p>\n<p>Sen discusi\u00f3n, foi aprobado despois o orzamento do ano en curso, xa tratado en instancias previas polos grupos municipais.<\/p>\n<p>D\u00e9suse despois traslado de acordos varios da Xunta Local de Seguridade (non de todos os tomados por ela), de colaboraci\u00f3n entre admnistraci\u00f3ns e comezo do plano local de seguridade. Aqu\u00ed saiu a controversia sobre a decisi\u00f3n de direccionar a entrada e sa\u00edda \u00e1 praia das Catedrais (Augas Santas), coa cr\u00edtica a que a sa\u00edda sexa a nivel de Casa Amadora, un dos peores sitios para sa\u00edr a N634 de toda a Mari\u00f1a.<\/p>\n<p>O tema da sa\u00edda foi retomado no punto seguinte, unha proposta de UPRI, na que sa\u00edron a relocer aparcamentos e adecuaci\u00f3n de viais, ambos polo que parece xa en marcha, inclu\u00edndo a consignaci\u00f3n pola Deputaci\u00f3n de cartos para viais. O aparcamento, privado, e o centro de interpretaci\u00f3n estar\u00edan m\u00e1is retrasados, o que deu lugar a un pequeno debate pol\u00edtico con puntualizaci\u00f3n ssobre o tema e sobre aproveitamento de discusi\u00f3ns no pleno por parte dos grupos, rexeitando \u00f3 final a proposta de urxir que se fagan ambas obras por ser redundante (BNG\/PP, en contra, PSOE\/UPRI a favor)<\/p>\n<p>O punto seguinte foi unha moci\u00f3n de urxencia de UPRI, \u00e1 que se lle negou a urxencia e polo tanto &#8216;desapareceu&#8217; do mapa. A destacar que o alcalde negoulle \u00f3 ex alcalde o dictame do secretario, que aquel quer\u00eda por considerar que se deb\u00eda votar a urxencia do tema.<\/p>\n<p>Entrouse nun longo turno de rogos e preguntas, ocupado polos dous concelleiros de UPRI na case totalidade, e donden entraron, entre outros, temas como a realizaci\u00f3n de carreiras polo paseo mar\u00edtimo (segundo se dixo, ch\u00e9gase a acadar os 140km\/h) o pintado de sinalizaci\u00f3n horizontal (parece que se quere ensaiar un novo sistema m\u00e1is duradeiro), a substituci\u00f3n de sinais en mal estado, o estado do campo da festa en Vilaosende, a retirada de postes non usados e antest\u00e9ticos de Feve e Barras, o horario de atenci\u00f3n \u00f3 p\u00fablico da casa da R\u00eda e o plan para o futuro da mesma, a recollida porta a porta dalgunha clase de lixo anunciada hai pouco, etc. temas, na s\u00faa maior\u00eda que coido que ser\u00eda preferible comunicar direitamente \u00f3s responsables para o seu tratamento, en troques de realizar rogos no pleno (pode que as\u00ed non fora tan efectiva a s\u00faa soluci\u00f3n nin rendible eleitoralmente, pero co p\u00fablico asistente este \u00faltimo detalle creo que pode descartarse)<\/p>\n<p>Saiu asemade no turno de preguntas algo curioso: a multa de 600\u20ac da Xunta \u00f3 concello por limpar cami\u00f1os de acceso \u00e1s praias en zona de Rede Natura, algo que parece ocorreu por iniciativa do propio persoal de limpeza no tempo de despois das elecci\u00f3ns, antes da elecci\u00f3n do novo alcalde.<\/p>\n<p>E a\u00ed vai o resume dun pleno abondo calmado e que resultou agradable polas fintas pol\u00edticas, intraducibles \u00f3 papel, que al\u00ed se deron. M\u00e1goa de unha mellor sonoridade. Apunto tam\u00e9n que o portavoz da UPRI sae perxudicado no tema da audici\u00f3n, pois \u00e9 con diferencia o que peor se o\u00eda, alomenos dende a posici\u00f3n na que esu estaba.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte, \u00e1s oito da tarde, deu comezo o pleno que abriu o &#8216;novo curso&#8217; pol\u00edtico en Ribadeo. Sen megafon\u00eda, resultou moi dificultoso seguir algunhas intervenci\u00f3ns, por iso quizais ca\u00edn na conta nalg\u00fan pequeno detalle como que o retrato do Rei, situado detr\u00e1s do alcalde, est\u00e1 semi tapado por unha bandeira espa\u00f1ola, nunha superposici\u00f3n de s\u00edmbolos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[61,42,13],"class_list":["post-9984","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-orzamentos","tag-plenos","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9984","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9984"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9984\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9984"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9984"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9984"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}