{"id":9979,"date":"2007-09-22T00:24:00","date_gmt":"2007-09-21T22:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:47:25","modified_gmt":"2024-11-12T14:47:25","slug":"ribadeo-e-teora-liberal-ou-por-que-hai","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/09\/22\/ribadeo-e-teora-liberal-ou-por-que-hai\/","title":{"rendered":"Ribadeo e a teor\u00eda liberal ou por que hai tantos BMW en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>A conto dos comentarios deixados na entrada anterior (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/09\/capacidades-e-limitacins.html\">Capacidades e limitaci\u00f3ns<\/a>) e dunha lectura recente sobre econom\u00eda, sae este comentario: se se poden facer trampas e son rendibles, rematan por facerse. Xuntemos a eso as posibilidades de facelas, que var\u00edan en funci\u00f3n do posto na sociedade de cada quen, a liviedade da esixencia no cumprimento de normas dependendo tam\u00e9n dese posto, e&#8230; faranse m\u00e1is cedo que tarde. O mesmo libro da receitas claras: se as trampas deran menor resultado, erradicar\u00edanse m\u00e1is e as consecuencias sociais tam\u00e9n ser\u00edan menores. Para logralo, a receita clave son normas claras iguais para todos e aplicaci\u00f3n transparente das mesmas. \u00c9 dicir, que non sexa necesario ser abogado para enterarse a medias das leis e ter moito tempo para facer o mesmo coas convocatorias, e que a informaci\u00f3n estea dispo\u00f1ible de xeito doado, comprensible e para todos por igual.<\/p>\n<p>Refiro o das trampas \u00f3 d\u00eda seguinte de que a prensa po\u00f1a que o porto non se pode ampliar m\u00e1is por estar en zona protexida, despois de que as obras da ponte dos Santos saltaran o da zona protexida, a rada de Porcill\u00e1n deixara de ter augas limpas (*) ou haxa a\u00ednda a pol\u00e9mica dunha piscifactor\u00eda en zona tam\u00e9n protexida (por unha beira, polas leis, e pola oposta por xente con poder), pero tam\u00e9n o mesmo d\u00eda de que algu\u00e9n me comentara respecto de Lugo a cantidade de coches caros que comezan a circulara por unha cidade sen industria: era Lugo, pero coido que relativamente, hai maior porcentaxe de veh\u00edculos dese tipo en Ribadeo&#8230;<\/p>\n<p>\u00c9 un batiburrillo este post? Pode que houbera que facelo m\u00e1is longo ou darlle outra redacci\u00f3n, pero coido que \u00e9 abondo comprensible e aplicable a Ribadeo en xeral e tam\u00e9n \u00e1 r\u00eda en particular. Queda outro apartado sobre o tema, pero eso si que ser\u00eda liala para hoxe.<\/p>\n<p>[*] Unha pequena historia: a finais do s\u00e9culo pasado ti\u00f1a por costume baixar a visitantes \u00e1 r\u00eda e fac\u00edalles ver a limpeza da auga en Porcill\u00e1n. Hai tempo que tiven que deixar de facelo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A conto dos comentarios deixados na entrada anterior (Capacidades e limitaci\u00f3ns) e dunha lectura recente sobre econom\u00eda, sae este comentario: se se poden facer trampas e son rendibles, rematan por facerse. Xuntemos a eso as posibilidades de facelas, que var\u00edan en funci\u00f3n do posto na sociedade de cada quen, a liviedade da esixencia no cumprimento [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,13,9],"class_list":["post-9979","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9979","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9979"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9979\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9979"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9979"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9979"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}