{"id":9975,"date":"2007-09-24T07:46:00","date_gmt":"2007-09-24T05:46:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:47:18","modified_gmt":"2024-11-12T14:47:18","slug":"un-aproveito","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/09\/24\/un-aproveito\/","title":{"rendered":"Un aproveito"},"content":{"rendered":"<p>Aproveito unha nota de prensa recibida para ser publicada onte como primeira de hoxe&#8230;<br \/>\n&#8216;A Escola Municipal de M\u00fasica e Danza de Ribadeo inicia ma\u00f1\u00e1 o curso con m\u00e1is de 330 alumnos e alumnas matriculados<br \/>\nA cifra sup\u00f3n un incremento de 75 matr\u00edculas con respeito ao ano anterior<\/p>\n<p>Ribadeo, 21 de setembro de 2007. A Escola Municipal de M\u00fasica e Danza (EMMeD) de Ribadeo dar\u00e1 comezo ma\u00f1\u00e1 de xeito oficial ao curso acad\u00e9mico 2007 \u2013 2008 con m\u00e1is de 330 alumnos e alumnas matriculados, unha cifra que sup\u00f3n un incremento de arredor de 75 matr\u00edculas con respeito ao curso anterior.<br \/>\nEntre as especialidades m\u00e1is demandadas est\u00e1n a asignatura de ballet, cun aumento no n\u00famero de matr\u00edculas do cento por cento con respeito ao curso 2006 \u2013 07, os instrumentos de vento, as\u00ed como a formaci\u00f3n de adultos.<br \/>\nO director do centro, Louren\u00e7o Cruz, mostrouse moi ilusionado de cara o novo ano acad\u00e9mico e sinalou que \u201cagora toca traballar para demostrar a toda esta xente que conf\u00eda en n\u00f3s que na EMMeD de Ribadeo podemos ofrecer un ensino de calidade cuns resultados excepcionais na formaci\u00f3n musical dos nosos alumnos e alumnas\u201d.<br \/>\nEn canto \u00e1 li\u00f1a a seguir de cara este curso, Louren\u00e7o Cruz destacou que \u201cnun principio a base de traballo vai ser a mesma do ano pasado, tratando de reforzar e estabilizar as formaci\u00f3ns do centro a\u00ednda que xa hai proxectos confirmados que ir\u00e1n xurdindo a medida que avance o curso\u201d. Cruz referiuse a novas colaboraci\u00f3ns con outros centros educativos do pa\u00eds, unha delas xa apalabrada, cun centro de Baiona co que se levar\u00e1 a cabo un intercambio a trav\u00e9s da banda infantil do centro. Louren\u00e7o Cruz tam\u00e9n anticipou que os concertos did\u00e1cticos comezar\u00e1n xa dende os primeiros meses de curso as\u00ed como as actuaci\u00f3ns polas parroquias, unha iniciativa que aposta por manter \u201cpois achegan o noso traballo \u00e1 xente que ao mellor non ten tan sinxelo o vir \u00e1 vila ver os nosos concertos\u201d.<br \/>\nOutra das li\u00f1as de traballo van ser os cursos e os seminarios formativos, tanto para alumnos e alumnas como para os docentes do centro. \u201cXa hai confirmados curso de vento-metal grave e de corda que se impartiran en breve\u201d, sinalou Cruz.<br \/>\nCon respeito \u00e1s agrupaci\u00f3ns mant\u00e9\u00f1ense a banda infantil, a orquestra cl\u00e1sica, os ensembles de metal, saxo, clarinete, guitarras, percusi\u00f3n e piano, o grupo da aula de m\u00fasica moderna, a big band e  existe a posibilidade de que ao longo do curso xurda un grupo de m\u00fasica folque, todo elo co obxectivo, segundo Louren\u00e7o Cruz, de que \u201cas agrupaci\u00f3ns te\u00f1an entidade propia\u201d.<br \/>\n\u00c1s asignaturas cl\u00e1sicas da Escola este ano eng\u00e1desenlle d\u00faas novas especialidades que xa tiveron ampla demanda dende a s\u00faa posta en marcha, canto e acorde\u00f3n. Outra das novidades deste ano \u00e9 o n\u00famero de profesores que aumenta de dez a dezaseis conformando deste xeito un claustro que o propio Louren\u00e7o Cruz definiu como \u201camplo e moi ben preparado a nivel pedag\u00f3xico\u201d.&#8217;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Aproveito unha nota de prensa recibida para ser publicada onte como primeira de hoxe&#8230; &#8216;A Escola Municipal de M\u00fasica e Danza de Ribadeo inicia ma\u00f1\u00e1 o curso con m\u00e1is de 330 alumnos e alumnas matriculados A cifra sup\u00f3n un incremento de 75 matr\u00edculas con respeito ao ano anterior Ribadeo, 21 de setembro de 2007. A [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,23],"class_list":["post-9975","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-musica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9975","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9975"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9975\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9975"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9975"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9975"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}