{"id":9972,"date":"2007-09-27T07:39:00","date_gmt":"2007-09-27T05:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:47:12","modified_gmt":"2024-11-12T14:47:12","slug":"que-bonitio-que-ou-as-reservas-da","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/09\/27\/que-bonitio-que-ou-as-reservas-da\/","title":{"rendered":"Que boniti\u00f1o que \u00e9 ou &#8216;as Reservas da Biosfera saen gratis&#8217;"},"content":{"rendered":"<p>Recopilemos: unha zona que incl\u00fae a r\u00eda de Ribadeo, e que se extende por Asturias e Lugo foi declarada Reserva da Biosfera. Con ela, o terceira parte da provincia de Lugo \u00e9 Reserva da Biosfera. Por se algu\u00e9n se fac\u00eda ilusi\u00f3ns (alg\u00fan alcalde querendo capitalizar o tema, pro exemplo), ven a conselleira asturiana correspondente e enm\u00e9ndalles a plana: &#8216;\u00e9 un t\u00edtulo honor\u00edfico&#8217;, di. Ou sexa, o cativi\u00f1o \u00e9 boniti\u00f1o, porque total, para o que costa dicilo&#8230;<br \/>\nO que non significa que non se poda rendibilizar dalg\u00fan xeito. Como propaganda, por exemplo: estamos nunha Reserva da Biosfera, ter\u00e1n dito Calvo Sotelo e dem\u00e1is como representantes ribadenses estes d\u00edas en Madrid a contas de representantes ribadenses na xuntanza das vilas mari\u00f1eiras da Espa\u00f1a verde. E, adem\u00e1is, xa chega a autov\u00eda dende Asturias (bo, case, \u00e9 unha pequena mentirixi\u00f1a), a\u00ednda que pola parte de Galicia (de onde ve\u00f1en menos turistas, non fai tanta falla) a autov\u00eda non ser\u00e1 completa ata 2011 (e de aqu\u00ed al\u00f3, os retrasos que acumule).<br \/>\nSolucionar\u00e1 o vivir nunha Reserva de Biosfera o ru\u00eddo da noite? Fernando, que vivimos nunha reserva da Biosfera, non debe haber problemas de aparcamento! &#8230; coido que non \u00e9 por a\u00ed: se se usa como propaganda para atraer turismo, \u00f3 mellor os problemas medran, non dimin\u00faen.<br \/>\nAdem\u00e1is, as\u00ed a\u00ednda hai unha compensaci\u00f3n \/ explicaci\u00f3n para o tema da autov\u00eda: somos unha Reserva da Biosfera, a autov\u00eda ten que pensarse moito e por eso \u00e9 l\u00f3xico que acumule retraso&#8230; ou a\u00ednda, para que queremos inversi\u00f3ns estatais, se xa temos as subvenci\u00f3ns que representa a marca &#8216;Reserva da Biosfera&#8217;? Nun mundo de imaxe e s\u00edmbolos, onde o real se difumina no virtual e as apariencias son puro teatro da vida (xa o teatro cl\u00e1sico espa\u00f1ol afondaba neste concepto), aqu\u00ed temos outro fito m\u00e1is nese sentido: como moito, un reco\u00f1ecemento de que a zona a\u00ednda se vai mantendo ben porque &#8216;tivo a sorte&#8217; de non estar moi desenvolta, non unha protecci\u00f3n inmediata para que se mante\u00f1a mellor, desenvolv\u00e9ndose dun xeito saudable..<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Recopilemos: unha zona que incl\u00fae a r\u00eda de Ribadeo, e que se extende por Asturias e Lugo foi declarada Reserva da Biosfera. Con ela, o terceira parte da provincia de Lugo \u00e9 Reserva da Biosfera. Por se algu\u00e9n se fac\u00eda ilusi\u00f3ns (alg\u00fan alcalde querendo capitalizar o tema, pro exemplo), ven a conselleira asturiana correspondente e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26,9],"class_list":["post-9972","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9972","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9972"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9972\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9972"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9972"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9972"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}