{"id":9950,"date":"2007-10-10T07:43:00","date_gmt":"2007-10-10T05:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:46:26","modified_gmt":"2024-11-12T14:46:26","slug":"parte-do-problema-est-en-creer-que-co","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/10\/10\/parte-do-problema-est-en-creer-que-co\/","title":{"rendered":"Parte do problema est\u00e1 en creer que co activismo conseguense resultados inmediatos"},"content":{"rendered":"<p>Tr\u00e1tase sempre dunha loita moi longa, de toda a vida. T\u00edtulo e primeira frase est\u00e1n recollidos dunha entrevista \u00e1 activista canadiense Naomi Klein, e coido que ve\u00f1en ben para centrar o manifesto da AVV O Tes\u00f3n:<\/p>\n<p>Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os O Tes\u00f3n de Ribadeo<br \/>\nNota de prensa da Xunta Directiva<\/p>\n<p>Cando no mes de xullo foi elixida a nova Xunta Directiva da Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os O Tes\u00f3n, constitu\u00edda por Fco. Jos\u00e9 Campos Dorado como Presidente, Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez D\u00edaz, Vicepresidente, Antonio Gregorio Montes, Secretario, Soledad Rodr\u00edguez D\u00edaz, Vicesecretaria, Jos\u00e9 M\u00aa Bao Fari\u00f1a, Tesoureiro, e Jos\u00e9 Fco. Alonso Quelle e Roc\u00edo Botana Garc\u00eda como vocais, tamen se acordou facer un par\u00e9ntese nas actividades sociais ata o novo curso.<br \/>\nUnha vez comezadas a finais de agosto as actividades da nova Xunta Directiva, vemos convinte manifestar cales ser\u00e1n nun futuro pr\u00f3ximo as nosas preocupaci\u00f3ns m\u00e1is inmediatas, e polo tanto, informar tanto \u00f3s asociados como \u00f3s veci\u00f1os en xeral sobre os eixes que marcar\u00e1n a nosa actuaci\u00f3n.<br \/>\nEn primeiro lugar, seguimos abogando por ampliar a participaci\u00f3n cidad\u00e1 nos asuntos locais, segundo o permite e mesmo aconsella a lexislaci\u00f3n vixente. Hai que resaltar que estamos \u00e1 espera de ser recibidos polo alcalde, co que esperamos compartir inquedanzas e ter colaboraci\u00f3n. Por outra banda, pero no mesmo sentido, p\u00eddese a colaboraci\u00f3n cidad\u00e1 (non s\u00f3 dos socios), e en particular daquela xente que non utiliza ning\u00fan cauce para falar dos problemas que ve ou sufre.<br \/>\nA dinamizaci\u00f3n do Castro das Grobas \u00e9 outra das nosas teimas. Coidamos que no estado actual, pequenas actuaci\u00f3ns (e de baixo custe) poden rendir moito beneficio. M\u00e1xime cando se poden aproveitar axudas da Xunta de Galicia para acometelas. Asemade, impulsaremos as xesti\u00f3ns para a consecuci\u00f3n de obxectivos m\u00e1is ambiciosos, entre os que se atopan a determinaci\u00f3n de todo o potencial que ten o castro, antes de levar a cabo acci\u00f3ns de maior envergadura.<br \/>\nNon podemos tampouco deixar de lado o tema do urbanismo, no que se multiplican o que poderiamos chamar puntos quentes en torno \u00e1 legalizaci\u00f3n de edificaci\u00f3ns e irregularidades, \u00f3 tempo que est\u00e1 presente na mente de todos o pr\u00f3ximo Plan Xeral que tanto necesita Ribadeo. Proc\u00fapannos temas da r\u00faa como a ocupaci\u00f3n de espazos p\u00fablicos que representa unha privatizaci\u00f3n do chan (como acontece con certas terrazas), o que poderiamos chamar a privatizaci\u00f3n do ceo encerrando as r\u00faas con aut\u00e9nticos muros ata o ceo nalg\u00fans puntos, os ru\u00eddos que se deben contemplar nas zonas ac\u00fasticamente saturadas, pero que deben encararse tam\u00e9n dun xeito m\u00e1is xeral no Plan, etc. Non s\u00f3 son necesidades, sen\u00f3n tam\u00e9n propostas, das que se poden adiantar, a petici\u00f3n da creaci\u00f3n dunha comisi\u00f3n de seguimento (sen precisar polo momento cousas como o seu funcionamento) en temas urban\u00edsticos ou a necesidade de que, se fora o caso, antes de poder contemplar ningunha legalizaci\u00f3n de ilegalidades actuais, sexan reverquidas \u00f3 concello as plusval\u00edas que xeraron.<br \/>\nXunto cos anteriores, outros temas recaban a nosa atenci\u00f3n e ser\u00e1n tratados dentro das nosas posibilidades. Entre estes, est\u00e1n os relacionados coa atenci\u00f3n \u00f3s maiores: o seguemento de funcionamento do Centro de D\u00eda, Hospital Asilo, Asistencia no Fogar, Piso Tutelado, Centro de Servicios Sociais&#8230; procurando a protecci\u00f3n dos dereitos dos usuarios segundo a aplicaci\u00f3n da Lei 39\/2006 de Promoci\u00f3n da Autonom\u00eda Persoal e Atenci\u00f3n \u00e1s Persoas en Situaci\u00f3n de Dependencia. Sen esquecer outros relacionados coa r\u00eda, a s\u00faa conservaci\u00f3n, o seu disfrute, o seu aproveitamento, &#8230; ou coas antenas de telefon\u00eda m\u00f3bil, como foi tratado no seu momento na Asamblea da sociedade.<br \/>\nAsemade, faremos constar onde sexa necesario o noso apoio a temas de interese xeral, como pode ser a recuperaci\u00f3n do xulgado.<br \/>\nEn Ribadeo, a 8 de outubro de 2007<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tr\u00e1tase sempre dunha loita moi longa, de toda a vida. T\u00edtulo e primeira frase est\u00e1n recollidos dunha entrevista \u00e1 activista canadiense Naomi Klein, e coido que ve\u00f1en ben para centrar o manifesto da AVV O Tes\u00f3n: Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os O Tes\u00f3n de Ribadeo Nota de prensa da Xunta Directiva Cando no mes de xullo foi [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[74,9],"class_list":["post-9950","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-teson","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9950","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9950"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9950\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9950"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9950"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9950"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}