{"id":9900,"date":"2007-11-04T07:46:00","date_gmt":"2007-11-04T06:46:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:44:44","modified_gmt":"2024-11-12T14:44:44","slug":"mia-intervencin-na-presentacin-do-libro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/11\/04\/mia-intervencin-na-presentacin-do-libro\/","title":{"rendered":"A mi\u00f1a intervenci\u00f3n na presentaci\u00f3n do libro &#8216;Estudio sobre toponom\u00eda en Ribadeo&#8217;"},"content":{"rendered":"<p>3\/11\/2007 \u2013 Presentaci\u00f3n &#8216;Estudio sobre toponimia de Ribadeo&#8217;&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Grazas a todos e a todas por estar hoxe aqu\u00ed neste acto de presentaci\u00f3n \u00f3 que dou comezo. Te\u00f1o que dicir que incentivou o meu orgullo que <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 M\u00aa<\/a> contase comigo para a presentaci\u00f3n dun libro que vin xestar na distancia e que se escapa da pequena \u00e1rea de co\u00f1ecemento \u00e1 que estou afeito. Engado \u00f3 anterior que Jos\u00e9 Mar\u00eda \u00e9 unha persoa que me ten ensinado moitas cousas (non s\u00f3 de co\u00f1ecementos, sen\u00f3n de actitudes), cantidade que con este libro viu aumentar o seu tama\u00f1o.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Reco\u00f1ezo o valor da palabra, da lingua. De feito, comezo unha parte das mi\u00f1as clases, a da formulaci\u00f3n qu\u00edmica, coa seguinte cita: &#8216;unha lingua pode ser dif\u00edcil de aprender, pero o froito da s\u00faa aprendizaxe \u00e9 fermoso e rendible: permite comunic\u00e1rmonos&#8217;. Pode dicirse que nese nivel me quedo no uso da lingua.<br \/>\nPero tam\u00e9n sei que hai diferentes niveis de comunicaci\u00f3n, con distinta profundidade, e o mesmo que \u00f3 escoitar algo de ingl\u00e9s p\u00e9rdome con facilidade, vexo que cando non co\u00f1ecemos o significado das palabras m\u00e1is que co da inmediatez que da a s\u00faa asociaci\u00f3n a unha imaxe, por exemplo, estamos a perder algo de co\u00f1ecemento e de relaci\u00f3n, qued\u00e1ndonos nunha comunicaci\u00f3n cun rendemento baixo que non nos permite aprehender a substancia conceptual desa figura. \u00c9 dicir, segundo a experiencia de cada quen coas verbas que usa (que emite e que escoita), a lingua pode supo\u00f1er algo moito m\u00e1is profundo, pasando a formar parte da historia, da cultura, mesmo do propio ser. \u00c9 a ese nivel \u00f3 que nos leva o libro de Jos\u00e9 M\u00aa falando da toponimia ribadense.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Visto as\u00ed, a\u00ednda a pesar do t\u00edtulo, non \u00e9 un libro sobre toponimia. \u00d3 menos, non s\u00f3. \u00c9 un libro sobre o significado das nosas circunstancias, isas \u00e1s que Ortega y Gasset lles daba o mesmo estatus que \u00f3 propio ser anterior co seu &#8216;yo soy yo y mi circunstancia&#8217;. Dende a experiencia persoal, tam\u00e9n foi para min a s\u00faa letura un crisol no que fundir o novo e o vello a causa da toponimia.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Despois de ler o libro, at\u00f3poo sinxelo e rigoroso. Obxectivo. Pero non as\u00e9ptico. Monte h\u00famido, praia do maiorazgo, son novos significados de lugares que antes non me dic\u00edan m\u00e1is que a s\u00faa imaxe actual. O relacionar o Mondigo con lugares portugueses ou da Coru\u00f1a af\u00edrmame nalgo que intu\u00eda que ti\u00f1a que ser as\u00ed, que ti\u00f1a que ter unha relaci\u00f3n, pero sen antes saber nin cal nin o por que.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dicir por \u00faltimo que me chamou a atenci\u00f3n que, \u00e1 procura do gazapo para ter algo que contar non sendo t\u00e9cnico na materia, a\u00ednda a costa do autor, s\u00f3 atopei para rese\u00f1ar o da portada, na que aparece un mapa das parroquias ribadenses que di &#8216;escala 1:50000&#8217; cando a realidade \u00e9 que a esa escala o mapa non caber\u00eda nunha folla co formato  do libro. Un erro (pode que sinxelamente unha referencia fotogr\u00e1fica e non un erro) derivado non do autor, sen\u00f3n do tratamento gr\u00e1fico, e algo que se me antoxa xustificaci\u00f3n do mesmo libro, pois o seu interior tenta constru\u00edr uha visi\u00f3n en perspectiva do noso contorno e deixalo no seu aut\u00e9ntico tama\u00f1o e escala: p\u00e1xinas densas de circunstancias, historia e nomes que nos axudan a ver de onde vimos e quen somos.<br \/>\nCedo a palabra a Marcelino Zapico.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>O libro, <a href=\"\/\/www.slideshare.net\/slideshow\/embed_code\/key\/JSkpE8wnRJ7kxW?hostedIn=slideshare&amp;page=upload&quot; width=&quot;476&quot; height=&quot;400&quot; frameborder=&quot;0&quot; marginwidth=&quot;0&quot; marginheight=&quot;0&quot; scrolling=&quot;no&quot;&gt;&lt;\/iframe&gt;\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">colgado na rede anos despois<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>3\/11\/2007 \u2013 Presentaci\u00f3n &#8216;Estudio sobre toponimia de Ribadeo&#8217;&nbsp; &nbsp; &nbsp;&nbsp; &nbsp;Grazas a todos e a todas por estar hoxe aqu\u00ed neste acto de presentaci\u00f3n \u00f3 que dou comezo. Te\u00f1o que dicir que incentivou o meu orgullo que Jos\u00e9 M\u00aa contase comigo para a presentaci\u00f3n dun libro que vin xestar na distancia e que se escapa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,9],"class_list":["post-9900","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9900","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9900"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9900\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9900"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9900"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9900"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}