{"id":9831,"date":"2007-12-27T17:45:00","date_gmt":"2007-12-27T16:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:42:26","modified_gmt":"2024-11-12T14:42:26","slug":"prova-dorchestra-unha-terceira-de-hoxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2007\/12\/27\/prova-dorchestra-unha-terceira-de-hoxe\/","title":{"rendered":"Prova d&#8217;orchestra, unha terceira de hoxe lembrando a Hern\u00e1n Naval"},"content":{"rendered":"<p>Data: S\u00e1bado 21\/11\/1992<br \/>\nFonte: La Comarca del Eo (semanario ribadense)<br \/>\nT\u00edtulo:PROVA D\u00b4ORCHESTRA<br \/>\nAutor: HERNAN NAVAL<br \/>\nDescrici\u00f3n: (Refereida por Fuji) ARTIGO, toma o titulo dunha pelicula de Fellini e prantexa os delicados equilibrios entre democracia e liberdade que se dan nunha agrupacion profesional<br \/>\nComentarios: Artigo o f\u00edo dunha actuaci\u00f3n da Sinf\u00f3nica de Galicia en Ribadeo no ciclo de Inverno, a sinfonica de Galicia, de recente creacion, compartiu ano de creacion coa banda municipal de Ribadeo. Igual nunha que noutra desataronse polemicas coa sua creacion cada unha o seu nivel.<\/p>\n<p>\u201cProva d\u00b4orchestra\u201d<\/p>\n<p>\u201cPara Sabas Calvillo, quen logo do concerto, frente a unhas cervexas, convenceume doutro fraseo para \u201cNegra Sombra\u201d<\/p>\n<p> At\u00e9 hai pouco, como en Galiza non hab\u00eda unha soa Sinf\u00f3nica, como aos sucesivos ocupantes de Raxoi non lles ca\u00eda a cara de vergo\u00f1a porque nen trazas de que a fora haber houber, como a Xoven Orquestra era moi xoven e intermitente, alg\u00fans andabamos coa teima pretenciosa: as Bandas han de ocupar o lugar das Orquestras. Iso \u00e9, nen Sinf\u00f3nicas eran as Bandas existentes (ag\u00e1s, a m\u00e9dias, a da Coru\u00f1a) e aqu\u00ed dispostos a atacar a Tit\u00e1n de Mahler frente a trinta educandos. Enton, un d\u00eda, o fara\u00f3n herculino anunciou con europeica fachenda que \u00e1 cidade do Obelisco virian quedaranse, para tocar\u2026, m\u00fasicos dos tres pontos cardinais, ou sexa, do Leste e do Oeste. E vi\u00f1eron. Axi\u00f1a se extendeu un lado patrioteiro: \u00a1\u201dS\u00f3 nove espa\u00f1ois, e nen un s\u00f3 galego\u201d!. Houbera audicions de captaci\u00f3n en Londres, en Moscova, na Julliard de Nova Iorque, dixeron. No entanto, os m\u00fasicos daqu\u00ed intent\u00e1bamos un dolce no tr\u00edo de Ponteareas.<\/p>\n<p> Ouvimos \u00e1 Orquestra Sinf\u00f3nica da Galiza aqu\u00ed, en Ribadeo, que para algo \u00e9 un Concello do Bloque e alg\u00fans sabemos de \u00f3pera, de estratexia militar e, seguramente, de extinci\u00f3n de chamas de papel\u2026 Mozart, Dvorak e unha Negra Sombra sen excesos frase\u00edsticos. O grupo \u00e9 formidabel. Ficaron en volver. E tocar\u00e1n outravolta en Ribadeo o 11 de decembro, con Cristobal Halffter, como director convidado, \u00e1 batuta.<\/p>\n<p> Os xornais deron conta de que na Orquestra Sinf\u00f3nica de Galiza comezaran as hostilidades, perm\u00edtasenos o eufemismo b\u00e9lico aprendido en televisi\u00f3n cando a Guerra do Golfo. O cosmopolistismo, o tecido internacional do grupo humano (m\u00fasicos rusos, ianquis, sulamericanos, centroeuropeos\u2026) non nos fixeron nunca pensar que no seo da orquestra se pudese viver a guerra fr\u00eda.  Extremo a confirmar, of course, e en todo caso se se acredita no suposto que conti\u00f1a unha das primeiras informaci\u00f3ns dun diario galego sobre a crise sinf\u00f3nica: estari\u00e1se a producir un enfrontamento entre \u00f3s m\u00fasicos norteamericanos e os do grupo de antigos pa\u00edses comunistas. E n\u00f3s \u201cda capo\u201d Lug-Ferrol, pero a car\u00f3n da Orquestra Sinf\u00f3nica, do grupo de gospel The Fairfield Four, do dueto Airapetiante e do Coro \u201cAiri\u00f1os de Ribadeo\u201d, nese Ciclo de Inverno parido por Balbino nun acto de nepotismo concertante sen precedentes.<\/p>\n<p> Unha das m\u00e1is fermosas pel\u00edculas de Federico Fellini. Prova d\u00b4orchestra (Ensaio de orquestra) , tal vez conte\u00f1a, na s\u00faa filosf\u00eda, alg\u00fan elemento de interpretaci\u00f3n do que pudo ocorrer na orquestra. Fellini sorprendiase a si proprio tratando coa c\u00e1mara unha cuesti\u00f3n dif\u00edcil: c\u00f3mo unha orquestra de formaci\u00f3n tan heterox\u00e9nea, con xentes sempre a piques da contenda persoal, lograba tal harmon\u00eda final? Prova d\u00b4orchestra \u00e9, segundo J. M. Latorre, \u201cunha met\u00e1fora sobre os traballadores da m\u00fasica, sobre a delimitaci\u00f3n de competencias no feito e no terreo da criaci\u00f3n artistica e sobre a m\u00fasica mesma\u201d, e lembra o cr\u00edtico o tema bufo de Nino Rota, o autor da banda sonora, empregado para unha secuencia na que se desata a histeria dun profesor de orquestra\u2026., a\u00ednda que \u00e9 m\u00e1is com\u00fan que sexan os directores quen ceiben a neura.<\/p>\n<p> \u00bfCrise na Sinf\u00f3nica? Ao fondo albiscar\u00edase unha controversia natural sobre as limitaci\u00f3ns democr\u00e1ticas nun colectivo musical e, se se empe\u00f1an, sobre as relaci\u00f3ns Leste-Oeste\u2026 Imposible xa outra crise dos misis, ve\u00f1a a crise dos atr\u00eds. E os aut\u00f3ctonos tam\u00e9n valemos para o c\u00edrio. A Banda de Vigo esta en fase terminal desde que o alcalde Soto quixera facer dela unha Orquestra de C\u00e1mara (era humilde de m\u00e1is e as\u00ed e todo, porque o que hab\u00eda que facela era Sinf\u00f3nica). Algo debe ocorrer na de Compostela se no peri\u00f3dico saen cartas que falan de presuntas irregularidades e posteriores desmentidos do mestre Santos Bartolom\u00e9. O conflicto da de Lugo tivo estalido sindical polo San Froil\u00e1n, cando os m\u00fasicos apontados \u00e1 CXTG non quixeron que a Sabeli\u00f1a de Freire e de Trapero chorase ao escoitalos. Mentras estas notas tecleamos en limpo soan n aparato unhas pezas para clavecin de F. Couperin que se titulan As barricadas misteriosas\u2026 En Ribadeo, nada. Nada de contemplaci\u00f3ns, quero dicer. Con permiso correlixionairo, ensaiamos Suspiros de Espa\u00f1a.<\/p>\n<p> -Dire, a ver cando cobramos a \u00faltima sa\u00edda. E a ver se facemos un descanso de dez minutos. E adem\u00e1is, par\u00e9ceme que os \u201ctresillos\u201d \u00e9stes de Suspiros\u2026 non son as\u00ed.<br \/>\n &#8211; Ti toca e cala, ou encerrate no water co instrumento a \u201cfacer labio\u201d a base  de \u201cnotas tenidas\u201d.<\/p>\n<p>HERN\u00c1N NAVAL<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Data: S\u00e1bado 21\/11\/1992 Fonte: La Comarca del Eo (semanario ribadense) T\u00edtulo:PROVA D\u00b4ORCHESTRA Autor: HERNAN NAVAL Descrici\u00f3n: (Refereida por Fuji) ARTIGO, toma o titulo dunha pelicula de Fellini e prantexa os delicados equilibrios entre democracia e liberdade que se dan nunha agrupacion profesional Comentarios: Artigo o f\u00edo dunha actuaci\u00f3n da Sinf\u00f3nica de Galicia en Ribadeo no [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51],"class_list":["post-9831","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9831","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9831"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9831\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9831"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9831"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9831"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}