{"id":9756,"date":"2008-02-17T12:35:00","date_gmt":"2008-02-17T11:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:39:58","modified_gmt":"2024-11-12T14:39:58","slug":"en-espera-da-publicacin-na-rede-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/02\/17\/en-espera-da-publicacin-na-rede-do\/","title":{"rendered":"En espera da publicaci\u00f3n na rede do libro do antroido"},"content":{"rendered":"<p>En espera da publicaci\u00f3n na rede do libro dos 25 anos do antroido (que conto facer a pr\u00f3xima semana), a\u00ed vai o meu artigo como segunda de hoxe:<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>O antroido perdido e ganado na r\u00faa<\/p>\n<p>Remato de ver unha foto dun ano que \u00e1s veces se considera perdido para o antroido ribadense: 1983. Perdido oficialmente por falta de colaboraci\u00f3n. Na realidade, un antroido un pouco diferente, con algo menos impulso que outros, pero antroido, \u00f3 fin. Na foto, participantes que a modo de esquiroles do antroido levaron unha celebraci\u00f3n independente da oficial, e a contribu\u00edron a que a festa correra en Ribadeo como outros anos. Igual? Non, pero, que edici\u00f3n foi igual a outra?<\/p>\n<p>Queir\u00e1molo ou non, o antroido vai por dentro, un pouco como esas crenzas pag\u00e1s anteriores \u00f3 cristianismo que se enquistaron na xente e deron lugar \u00e1 celebraci\u00f3n. Un pouco porque somos persoas e necesitamos a sociedade, pero tam\u00e9n, porque a necesitamos, temos necesidade de rirnos dela e do papel que desenrolamos cada un de n\u00f3s.<\/p>\n<p>Por eso, non \u00e9 de estranar que, se din que a Igrexa \u00e9 a entidade con m\u00e1is historia (alomenos en anos), o antroido, de ser considerado como entidade en troques de como festa, non lle ir\u00eda \u00e1 zaga, sen\u00f3n m\u00e1is ben lle tomar\u00eda a dianteira.<\/p>\n<p>E o antroido en Ribadeo ten historia, non s\u00f3 como manifesta o libro que tes entre mans, sen\u00f3n anterior. Unha historia que, polo momento, conc\u00e9ntrase na s\u00faa parte final nestas p\u00e1xinas, esquecendo aparentemente o que ser\u00eda a gran parte oculta do iceberg do antroido ribadense. Historia recente recollida case sen interpretaci\u00f3n, en estado bruto, a base de imaxes nas que moitas veces se evidencia aquelo de que unha imaxe vale m\u00e1is que mil palabras, unha frase que recolle tam\u00e9n en certo xeito o esprito do carnaval: un desenvolvemento onde o que conta \u00e9 a imaxe, e a palabra \u00e9 en xeral accesoria, a\u00ednda que sexa un acompa\u00f1amento que axude moito nalg\u00fans casos.<\/p>\n<p>A accesoriedade da palabra nestas festas explica a cortedade dun artigo neste libro. A imaxe mostra o que a palabra pode embarullar con facilidade. A imaxe recolle o momento do esprito querendo recoller o esprito do momento, mentras que a palabra primeiro ten que explicar o que \u00e9 o esprito do antroido, perdendo polo cami\u00f1o o desfrute da vida, o carpe diem que nos lembra o carnaval.<\/p>\n<p>Antonio Gregorio Montes<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En espera da publicaci\u00f3n na rede do libro dos 25 anos do antroido (que conto facer a pr\u00f3xima semana), a\u00ed vai o meu artigo como segunda de hoxe: &#8212; O antroido perdido e ganado na r\u00faa Remato de ver unha foto dun ano que \u00e1s veces se considera perdido para o antroido ribadense: 1983. Perdido [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[129,9],"class_list":["post-9756","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-entroido","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9756","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9756"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9756\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9756"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9756"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9756"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}