{"id":9751,"date":"2008-02-21T22:12:00","date_gmt":"2008-02-21T21:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:39:49","modified_gmt":"2024-11-12T14:39:49","slug":"ordenacin-dende-o-accesorio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/02\/21\/ordenacin-dende-o-accesorio\/","title":{"rendered":"A ordenaci\u00f3n, dende o accesorio"},"content":{"rendered":"<p>Unha ordenaci\u00f3n, como calquera actividade, ten un n\u00facleo e tam\u00e9n cousas accesorias. O b\u00e1sico \u00e9 o n\u00facleo, pero moitas veces \u00e9 o que pasa \u00f3 segundo plano, quedando s\u00f3 como testemu\u00f1a de algo que sucedeu, mentras o secundario, o accesorio, pasa \u00f3 imaxinario popular, \u00e1 &#8216;historia&#8217;. \u00c9 dende un consciente segundo plano dende o que enfoco a mi\u00f1a mirada, algo motivado en parte polo esoterismo que representa para min unha ordenaci\u00f3n.<br \/>\n\u00d3 chegar a Lugo o pasado 9 de febreiro, rec\u00e9n finalizado o antroido, e pasar por diante dun quiosco fixeime nalgo que me impactou: na fachada do comercio un peri\u00f3dico coa nova da ordenaci\u00f3n en portada non daba destacado dun segundo plano, tachonado en boa parte por revistas do coraz\u00f3n. Hab\u00eda d\u00faas cousas indicativas: a importancia medi\u00e1tica (relacionada coa importancia asignada popularmente) e a mistura entre novas moi diferentes. A primeira, portada dun diario, e polo tanto con importancia concedida en certos medios, contrastaba coa importancia xeral, un segundo plano entre novas &#8216;do coraz\u00f3n&#8217;. Tal parecer\u00eda que a asignaci\u00f3n de importancia dunha ordenaci\u00f3n (desta en concreto) est\u00e1 en funci\u00f3n da cor rosa ou amarillismo dos medios de comunicaci\u00f3n. A segunda da unha idea da banalizaci\u00f3n de algo considerado como sacro, entroncando coa idea de antroido e non de coresma: un signo dos tempos, poder\u00eda dicirse.<br \/>\nCami\u00f1ando m\u00e1is adiante, xa fronte \u00e1 catedral, a bandeira vaticana fac\u00eda de \u00fanico emblema postizo do pazo episcopal. Ten extraterritorialidade o Pazo? Te\u00f1o que confesar que non o sei, pero tam\u00e9n que interiormente xa te\u00f1o decidido que non a debera ter. Dende que a igrexa &#8211; estrutura se convertiu en estado, te\u00f1o as mi\u00f1as d\u00fabidas: o acubillo nas igrexas &#8211; edificio ti\u00f1a unha raz\u00f3n de Igrexa &#8211; relixi\u00f3n, pero a bandeira dun pa\u00eds estranxeiro&#8230; ou funciona o bispado como embaixada? Parece que o emblema ten algo que ver coa visita do Nuncio, pero a\u00ednda as\u00ed.<br \/>\nO ver xente traxeada e sorrinte \u00e9 t\u00edpico das festas, das celebraci\u00f3ns. Tam\u00e9n de cando hai oportunidade para amosarse en p\u00fablico cunha certa relevancia. As\u00ed \u00eda a xente que se aproximaba \u00f3 acto. Coido que a porta m\u00e1is usada \u00e9 a lateral fronte \u00f3 bispado, pero neste caso estaba vedada: dentro, as filas de cadeiras reservadas para diversas autoridades ocupaban no brazo da cruz catedralicia o sitio correspondente normalmente \u00f3 paso cara a nave principal. Iso fac\u00eda necesario un paseo pola r\u00faa lateral ata a fachada principal, conforme coa oportunidade para amosarse en p\u00fablico.<br \/>\nHoxe en d\u00eda calquera actividade que se preste (\u00e9 dicir, que se considere de prestixio por algunha raz\u00f3n) non se escapa dos medios audiovisuais. A ordenaci\u00f3n non foi excepci\u00f3n. E a\u00ed temos a primeira cousa accesoria en importancia, que colleu o protagonismo no mesmo desenvolvemento do acto a epsares de ser algo totalmente externo: as diversas c\u00e1maras e sobre todo, pantallas, que ench\u00edan a Santa Igrexa Catedral, inclu\u00eddo no lote algunha operadora que (segundo comentarios, pois eu non o vin) \u00eda &#8216;descocada&#8217;. As pantallas deron que falar: houbo quen se quedou na casa para ver o acto de xeito m\u00e1is c\u00f3modo, a carpa externa colocada \u00e1 entrada da fachada principal quedou vac\u00eda \u00f3 non funcionar a pantalla xigante e a igrexa quedou chea de cadeiras por calquera oco dispo\u00f1ible onde se poidera ver unha das moitas pantallas accesorias dispostas. Quen por al\u00ed estivo observou que o aderezo principal durante o acto foron esas pantallas, tanto como a mesma ordenaci\u00f3n. Alomenos mentras a xente non se afixo a elas, e dir\u00eda que houbo quen non chegou a afacerse.<br \/>\nOs invitados tam\u00e9n foron dispostos por zonas, deixando \u00f3s non invitados de xeito oficial nos sitios m\u00e1is alonxados da acci\u00f3n principal. Cando tentei chegar \u00f3 novo bispo, procurei a v\u00eda m\u00e1is r\u00e1pida (natural, non?) e visto que a escollida non ti\u00f1a unha cola como \u00e9 debido,  met\u00ednme como puiden ata que cheguei o que se poder\u00eda chamar unha cola organizada. Nese momento notei que estaba entre os VIP \u00f3 identificar a determinada xente. Houbo quen me dixo cun sorriso algo as\u00ed como que me estaba a meter onde non deb\u00eda (ollo, non onde non pod\u00eda), e contestei que alg\u00fan dereito ti\u00f1amos o pueblo llano (si, en castel\u00e1n, as d\u00faas intervenci\u00f3ns de xeito flu\u00eddo e non \u00e1spero) nestes actos. Todo foi ben ata que, catro ou cinco persoas antes de chegar \u00f3 novo prelado, algu\u00e9n da organizaci\u00f3n d\u00edxonos a uns cantos m\u00e1is ou menos que que hab\u00eda que deixar rematar \u00f3s VIP antes de pasar n\u00f3s (non era o \u00fanico non-VIP que chegara ata al\u00ed). A poucos pasos do altar, do bispo, nunha cerimonia, &#8230; cando pasou por diante o meu interlocutor anterior f\u00edxome un xesto m\u00e1is ou menos cari\u00f1oso \u00f3 que contestei algo as\u00ed como &#8216;esta vez non puido ser&#8217;. Algo que me fixo pensar, pode que de xeito inconvinte, na cerimonia (calquera cerimonia) como medio de submisi\u00f3n.<br \/>\nComo medio de lembranza da ordenaci\u00f3n, est\u00e1 o libri\u00f1o de gu\u00eda cerimonial. Despois da cerimonia tr\u00f3uxenme unha lembranza tam\u00e9n material: o recordatorio coa estampa da Nosa Se\u00f1ora dos Ollos Grandes, o libro, e tam\u00e9n un papeli\u00f1o de asento reservado correspondente a outro amigo, o Delegado de Medio Ambiente. Por tanto, te\u00f1o a oportunidade de miralos con m\u00e1is detemento, inclu\u00edda a reserva r\u00e1pidamente manuscrita que fai de compensaci\u00f3n, algo que se me antolla parello \u00e1 frase &#8216;p\u00f3 eres e en p\u00f3 haste converter&#8217;, que por si s\u00f3 non di moito, mais permite reflexionar en relaci\u00f3n \u00f3 acto dende outro punto de vista, en perspectiva.<br \/>\nInclu\u00eddo no libro, o escudo do novo bispo e a lenda. Quedoume abondo clara a lenda coa explicaci\u00f3n. O escudo (o &#8216;blas\u00f3n&#8217;), non tanto, en particular no seu por que na actualidade, pois s\u00f3 atopei unha descrici\u00f3n, non unha explicaci\u00f3n de significado. Tam\u00e9n poido ver o equilibrio entre o maioritario castel\u00e1n e o testimonial galego, cada un adicado a cousas concretas, como por estratos ou clases, inclu\u00eddo a\u00ednda o m\u00e1is testimonial lat\u00edn e mesmo grego (*). Outra alternativa \u00f3 ver os papeis, para moi pouco tempo, \u00e9 que podo mirar mellor os sobrios anuncios contidos no libro, indicadores agradecidos pero m\u00ednimos do apoio arx\u00e9ntico recibido.<br \/>\nUnha \u00faltima cousa: o anel, ou mellor a s\u00faa falta patente no sa\u00fado final individual \u00f3 novo bispo, que quixera interpretar como unha diferenciaci\u00f3n desta ordenaci\u00f3n particular e algo que ver\u00eda con gusto dende as mi\u00f1as ideas, a\u00ednda que polas s\u00faas propias verbas a orixe do feito at\u00f3pase noutro lugar.<br \/>\nPoderiase seguir, ou tratar m\u00e1is en profundidade as r\u00e1pidas pinceladas anteriores, pero non te\u00f1o tanta perspicacia, intenci\u00f3n, nin tempo. Por eso remato dun xeito r\u00e1pido; despois do anterior reaf\u00edrmome no que dixen outra volta e considero evidente: o novo bispo vai ter moito traballo.<\/p>\n<p>(*) En resume: en castel\u00e1n, a descrici\u00f3n do blas\u00f3n, a cita correspondente \u00f3 lema episcopal (tomado de Jn 17, 14-19) datos biogr\u00e1ficos, descrici\u00f3n da di\u00f3cese, explicaci\u00f3ns da litruxia e grande maior\u00eda da mesma; en galego, canto de entrada, leturas (non o Evanxeo), salmo responsorial, s\u00faplica lit\u00e1nica (excepto conclusi\u00f3n), contade as marabillas do Se\u00f1or, bendici\u00f3n final; en lat\u00edn, lema (&#8216;Sanctificati in veritate&#8217;), veni creator, ; e tam\u00e9n en grego, a cita correspondente \u00f3 lema episcopal.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/02\/dous-amigos.html\">Anterior sobre o tema<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha ordenaci\u00f3n, como calquera actividade, ten un n\u00facleo e tam\u00e9n cousas accesorias. O b\u00e1sico \u00e9 o n\u00facleo, pero moitas veces \u00e9 o que pasa \u00f3 segundo plano, quedando s\u00f3 como testemu\u00f1a de algo que sucedeu, mentras o secundario, o accesorio, pasa \u00f3 imaxinario popular, \u00e1 &#8216;historia&#8217;. \u00c9 dende un consciente segundo plano dende o que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-9751","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9751","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9751"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9751\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9751"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9751"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9751"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}