{"id":9748,"date":"2008-02-23T09:31:00","date_gmt":"2008-02-23T08:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:39:45","modified_gmt":"2024-11-12T14:39:45","slug":"co-ntigo-galiza-decide-por-todo-o-que","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/02\/23\/co-ntigo-galiza-decide-por-todo-o-que\/","title":{"rendered":"Contigo Galiza decide por todo o que paga a pena con cabeza e coraz\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEif_9I4ZxCAGaaAPAhmkIrmIGh-d0dkYmqoct2uqbhCbV-1sS7LIpJlHmPwIgegdeKrlY25ahmtsN0NhxhLMzfljA-qP5wqL5LEI13s7EgyyxC7qYaok1zfcoWvgBbkK23CHkrd\/s2048\/DSCI0001+oco+ascensor.JPG\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEif_9I4ZxCAGaaAPAhmkIrmIGh-d0dkYmqoct2uqbhCbV-1sS7LIpJlHmPwIgegdeKrlY25ahmtsN0NhxhLMzfljA-qP5wqL5LEI13s7EgyyxC7qYaok1zfcoWvgBbkK23CHkrd\/s2048\/DSCI0001+oco+ascensor.JPG\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n\u00d3 comezo da campa\u00f1a eleitoral p\u00f3dense facer alg\u00fans xogos. por exemplo, combinar os lemas das vallas que se van po\u00f1endo (en Ribadeo, polo momento, vin carteler\u00eda de tres tipos: PP, PSOE e BNG), como fixen no t\u00edtulo desta entrada. Por certo, que sendo quizais o do BNG o lema que menos chama &#8216;\u00e1 interioridade&#8217; dun, \u00e9 o m\u00e1is pr\u00e1tico no sentido de que constru\u00edr unha frase cos tres, na orde que se queira, implica que resalte e sexa o que leva o sentido da frase, como no t\u00edtulo.<br \/>\nNo outro extremo da propaganda at\u00f3pase o ribadense <a href=\"http:\/\/grueiro.blogaliza.org\/2008\/02\/22\/mariano-grueiro-candidato-o-senado-por-lugo-co-posi\/\">Mariano Grueiro<\/a>, que non ter\u00e1 unha soa valla nin cartel, nin d\u00edptico, nin m\u00edtin (ma\u00f1\u00e1 domingo, m\u00edtin do PP en Ribadeo), &#8230; nin partido detr\u00e1s para ir apoialo porta a porta, e a quen lle auguro un m\u00ednimo: 3 votos. Pero non un m\u00e1ximo. Imaxinemos que a s\u00faa candidatura \u00f3 <a href=\"http:\/\/www.elecciones.mir.es\/generales2008\/candidaturas\/i_csen_11_27_0.html\">Senado por Lugo<\/a> (non importa moito o partido republicano polo que se presenta, pero si que vai para o senado -o partido non se presenta \u00f3 congreso por Lugo-, no que se vota de xeito individual a cada persoa, podendo misturarse de diferente partidos, por exemplo, e non \u00f3 <a href=\"http:\/\/www.elecciones.mir.es\/generales2008\/candidaturas\/i_cand_11_27.html\">Congreso, con lista cerrada de cada partido<\/a>) \u00e9 acollida pola xente que non ten que votar porque est\u00e1 desilusionada do sistema. Ou por aqueles que saben que o seu voto non vai ser \u00fatil porque aborrecen dos partidos maioritarios que ser\u00e1n quen se leve o gato \u00e1 auga. Ou mesmo por aqueles e aquelas que queren saber de xeito claro unhas cantas ideas do candidato senatorial \u00f3 que est\u00e1n votando. Alomenos nos dous primeiros casos sair\u00eda por goleada. Respeto \u00f3 terceiro, a difusi\u00f3n de internet e o seu uso para determinadas cuesti\u00f3ns na provincia far\u00edan abondo improbable a s\u00faa sa\u00edda. Dif\u00edcil ser\u00e1 que cadre calquera dos tres supostos, pero quen se presenta, a\u00ednda sabendo que vai de perdedor, sempre ten un pequeno resquicio para unha milagre (deses que non existen&#8230;)<br \/>\nPor certo, hoxe \u00e9 23 de febreiro, aniversario da <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/23-F\">intentona de golpe de estado de Tejero<\/a> &amp; cia, o que vexo reflexado na <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Portada\">Galipedia<\/a> e animo a calquera a cubrir o artigo, mesmo tendo como referencia a wikipedia espa\u00f1ola (<a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/23-F\">primeira ligaz\u00f3n do par\u00e1grafo<\/a>), ou como m\u00ednimo a lembrar a historia para non repetila (aquela noite m\u00e1is dun pensou en marchar de Espa\u00f1a&#8230;)<br \/>\nA foto corresponde non a un pozo con luz no fondo, sen\u00f3n \u00f3 oco dun ascensor tomado dende abaixo: as cousas \u00e1s veces non son o que parecen (na realidade, con m\u00e1is frecuencia da que imaxinamos). O caso \u00e9 a luz do final: un cami\u00f1o angosto, pero p\u00f3dese chegar \u00e1 luz se se pasan as dificultades. Algo que se parece a procura do candidato adecuado para depositar o voto&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00d3 comezo da campa\u00f1a eleitoral p\u00f3dense facer alg\u00fans xogos. por exemplo, combinar os lemas das vallas que se van po\u00f1endo (en Ribadeo, polo momento, vin carteler\u00eda de tres tipos: PP, PSOE e BNG), como fixen no t\u00edtulo desta entrada. Por certo, que sendo quizais o do BNG o lema que menos chama &#8216;\u00e1 interioridade&#8217; dun, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[103,13],"class_list":["post-9748","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9748","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9748"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9748\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9748"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9748"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9748"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}