{"id":974,"date":"2024-02-05T20:37:00","date_gmt":"2024-02-05T19:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T12:01:09","modified_gmt":"2024-10-23T10:01:09","slug":"as-eleccions-do-antroido","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/02\/05\/as-eleccions-do-antroido\/","title":{"rendered":"As elecci\u00f3ns do antroido"},"content":{"rendered":"<p>As elecci\u00f3ns do antroido<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Se miramos no dicionario \u2018entroido\u2019 (que o \u2018antroido\u2019 dunha ampla zona est\u00e1 desterrado do dicionario da RAG), atopamos, a m\u00e1is do seu significado m\u00e1is usado, na cuarta acepci\u00f3n \u201cPersoa que en xeral anda vestida de maneira descoidada ou rid\u00edcula\u201d. Por outra banda, se procuramos por \u2018elecci\u00f3ns\u2019, atopamos \u201cAcci\u00f3n e efecto de escoller unha ou m\u00e1is persoas para un cargo, particularmente pol\u00edtico, por medio de votos\u201d.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cando isto escribo, estamos xa en campa\u00f1a electoral en Galicia para as elecci\u00f3ns do 18 de febreiro, e faltan dez d\u00edas para o martes de antroido. Ou sexa, de aqu\u00ed \u00e1s elecci\u00f3ns, confundiranse mensaxes electorais con antroidadas. No tempo, pero tam\u00e9n na aparencia. M\u00e1is a\u00ednda cando parece que a tendencia, referendada unha vez m\u00e1is este ano, \u00e9 que o per\u00edodo de antroido, en beneficio do turismo, se ampl\u00eda. Confusi\u00f3n \u00e1 que d\u00e1 p\u00e9 que se comecen os actos festivos tres fins de semana antes, como en Foz, ou fac\u00e9ndoos estenderse a tres fins de semana en lugares como Ribadeo, engadindo e estirando convocatorias festivas. Ou, pola outra banda do mesmo \u2018m\u00e1is a\u00ednda\u2019 antes citado, cando mesmo antes da chamada \u2018precampa\u00f1a\u2019, o tempo tende a confundirse co dunha campa\u00f1a electoral permanente, ou cando \u00f3 primeiro debate non se presenta o candidato \u2018m\u00e1is popular\u2019.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Nos desfiles de antroido aparecer\u00e1 algunha figura pol\u00edtica, claro. Pero coido que a influencia ven sendo, dende hai tempo, maior en sentido contrario. Isto \u00e9, influ\u00edndo m\u00e1is as ideas do antroido na pol\u00edtica que as da pol\u00edtica no antroido.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Dic\u00eda eu hai m\u00e1is dun cuarto de s\u00e9culo nun preg\u00f3n que titulei \u2018<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=antroido+do+futuro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">o antroido do futuro<\/a>\u2019: \u201cO disfrace de antroido permite facer moitas cousas que en outro caso ser\u00edan vistas con moi malos ollos\u201d. Tal parece que nas elecci\u00f3ns ocorre algo semellante cos candidatos, que se acollen \u00f3 dito castel\u00e1n \u2018Prometer ata meter, e logo de meter, esquecer o prometido\u2019. Claro que o citado dito tam\u00e9n se est\u00e1 a aplicar m\u00e1is e m\u00e1is no d\u00eda a d\u00eda pol\u00edtico.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tam\u00e9n apuntei daquela que \u201cdisfrazarse ten os seus l\u00edmites\u201d. Pero iso parece que ao menos est\u00e1 murcho, se non caducou. Tanto no antroido como na pol\u00edtica. No antroido, porque a diversidade na sociedade actual pode sobrepasar de longo a caracterizaci\u00f3n das antigas m\u00e1scaras, e o disfrace conf\u00edrmase como iso, como disfrace, e polo tanto, perde parte da s\u00faa realidade e do seu impacto. E, na pol\u00edtica, porque entre ocultaci\u00f3ns, falsas novas e diversos outros desaxustes, parece que pouco importa para os votos e outras cousas o que fagan os pol\u00edticos, sen\u00f3n que s\u00f3 importan as relaci\u00f3ns que te\u00f1an tecido con outros poderes (medi\u00e1ticos, empresariais cando non son os mesmos que os anteriores, etc) para lograr e manterse no seu poder, a veces concibido como principal e outras s\u00f3 como poder vicario daqueles nos que procuran apoio.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Unha nota final: no \u00faltimo caso apuntado no par\u00e1grafo anterior, o t\u00edtulo deste artigo quizais debera cambiarse a algo como &#8216;as elecci\u00f3ns dos antroidos&#8217; ou &#8216;a elecci\u00f3n do antroido&#8217;.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/Disfrace.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"426\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/Disfrace.jpg\" class=\"wp-image-975\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As elecci\u00f3ns do antroido &nbsp;&nbsp; &nbsp;Se miramos no dicionario \u2018entroido\u2019 (que o \u2018antroido\u2019 dunha ampla zona est\u00e1 desterrado do dicionario da RAG), atopamos, a m\u00e1is do seu significado m\u00e1is usado, na cuarta acepci\u00f3n \u201cPersoa que en xeral anda vestida de maneira descoidada ou rid\u00edcula\u201d. Por outra banda, se procuramos por \u2018elecci\u00f3ns\u2019, atopamos \u201cAcci\u00f3n e efecto [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":975,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[25,13,9],"class_list":["post-974","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-festas","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/974","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=974"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/974\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/975"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=974"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=974"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=974"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}