{"id":9713,"date":"2008-03-18T11:59:00","date_gmt":"2008-03-18T10:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:38:35","modified_gmt":"2024-11-12T14:38:35","slug":"o-via-crucis-de-san-patricio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/03\/18\/o-via-crucis-de-san-patricio\/","title":{"rendered":"O Via Crucis de San Patricio"},"content":{"rendered":"<p>Onte luns foi san Patricio. Entereime \u00e1 noite coa m\u00fasica e os sombreiros&#8230; o final do d\u00eda do via crucis. Comezou cun monogr\u00e1fico da COPE sobre a dimisi\u00f3n de Val\u00edn no posto do PP, anunciada a semana pasada e \u00e1 que se lle quixo dar aires de crise provincial do partido (dun partido \u00f3 que se lle achaca unha crise nacional sen ver moi \u00e1s claras o por que). E \u00eda rematar co Via Crucis &#8211; Via Crucis polas r\u00faas de Ribadeo, pero iste, por medo \u00e1 choiva que logo non se prodigou, quedou encerrado nun mini por dentro da igrexa, reducido mesmo no n\u00famero de pasos. \u00c9 o mesmo. Nestes casos hai que elixir entre centrarse nas verbas, nos feitos ou nos sentementos. querer abranguer os tres non o vexo posible. As verbas, en castel\u00e1n, e relacionadas coa relixi\u00f3n, non soen casar moito cos feitos\/actitudes que se prodigan, xa sexan de decencia ou de reverencia. E os sentementos permanecen como illados, sen saber que carta xogar cando hai que po\u00f1erse en situaci\u00f3n\/teatro e \u00f3 tempo receber leturas que se nota que son iso, leturas e non &#8216;o que sae de dentro&#8217;. A igrexa, con ocos abondo, non puido competir coa asistencia doutros anos, pola r\u00faa.<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhnRmAtJz_ROKVF_r5yn1a2Xe7UoJ_7ynLFcjVcW5skjQJXXpANdeSv4KXvTQ1-TKUiwtn0EXhHy1Feb8DQFW955zMjg82F7uJ6mRHwgqbP4BnMSBzZajKFLk2cqkZhZdzznR4_\/s2048\/DSCI0027+prevencion.JPG\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhnRmAtJz_ROKVF_r5yn1a2Xe7UoJ_7ynLFcjVcW5skjQJXXpANdeSv4KXvTQ1-TKUiwtn0EXhHy1Feb8DQFW955zMjg82F7uJ6mRHwgqbP4BnMSBzZajKFLk2cqkZhZdzznR4_\/s2048\/DSCI0027+prevencion.JPG\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nA foto, na esquina da praza de Espa\u00f1a con Amando P\u00e9rez, unha estampa xa co\u00f1ecida. Cunha diferencia: a prevenci\u00f3n que indica a fina li\u00f1a amarela na foto, posta recentemente en funci\u00f3n dunha falta que era patente, a da seguridade pola ca\u00edda de anacos da casa baixo os soportais. P\u00f3dese ver xa en <a href=\"http:\/\/ribadeo.webcindario.com\/Ribadeo_falls\/img0.html\">Ribadeo falls (Ribadeo, 2006)<\/a> o tema, e <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/05\/patio-feo-ou-cisne-branco.html\">varias veces despois no blog<\/a>. De calquera xeito, segue a camar a atenci\u00f3n que este\u00f1an cubertos os vidros para a proxecci\u00f3n das curtas&#8230; dende hai dous anos, e non se cubrira ata agora o perigo na parte baixa: os carteis que se ven a\u00ednda indican cosas da Semana Santa, como a propaganda das festas nouturnas.<br \/>\n&#8230; hoxe a cousa non vai exactamente de urbanismo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte luns foi san Patricio. Entereime \u00e1 noite coa m\u00fasica e os sombreiros&#8230; o final do d\u00eda do via crucis. Comezou cun monogr\u00e1fico da COPE sobre a dimisi\u00f3n de Val\u00edn no posto do PP, anunciada a semana pasada e \u00e1 que se lle quixo dar aires de crise provincial do partido (dun partido \u00f3 que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,93,9],"class_list":["post-9713","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-fotos-ribadeo","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9713","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9713"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9713\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9713"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9713"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9713"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}