{"id":9706,"date":"2008-03-22T00:56:00","date_gmt":"2008-03-21T23:56:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:38:24","modified_gmt":"2024-11-12T14:38:24","slug":"nota-de-prensa-recibida-da-banda-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/03\/22\/nota-de-prensa-recibida-da-banda-de\/","title":{"rendered":"Nota de prensa recibida da Banda de M\u00fascia"},"content":{"rendered":"<p>a pesares de ter publicado xa unha <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/03\/un-anaco-do-concerto-da-bmr-e-da-banda.html\">entrada o mesmo d\u00eda da actuaci\u00f3n<\/a>, remato de recibir unha nota de prensa que po\u00f1o \u00e1 vosa consideraci\u00f3n:<br \/>\n  \t<meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title>Ribadeo e Mirandela selan un irmanamento musical<\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 2.2  (Linux)\"><meta name=\"AUTHOR\" content=\"sus\u00edn\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20080321;17030000\"><meta name=\"CHANGEDBY\" content=\"sus\u00edn\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"20080321;17030000\"> \t \t \t \t \t \t \t  <\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\"><span style=\"font-size:180%;\">Ribadeo e Mirandela selan un irmanamento musical<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\"><strong>Ribadeo, marzo de 2008.<\/strong><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\"> A Banda Municipal de Ribadeo (BMR), xunto coa Escola Municipal de M\u00fasica e Danza (EMMeD) de Ribadeo, e m\u00e1is a Escola Profesional de M\u00fasica de Mirandela (Portugal) selaron un irmanamento musical co gallo do concerto de Semana Santa da municipal ribadense no que actuou como formaci\u00f3n convidada a Brass Band Esproarte, do centro luso. Agora t\u00f3calle, en datas a\u00ednda por confirmar, a unha formaci\u00f3n musical ribadense viaxar at\u00e9 Mirandela para completar a segunda parte dun intercambio cuxos respons\u00e1beis sinalaron que \u201cse vai manter no tempo\u201d.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\">Tanto o director da formaci\u00f3n ribadense, Louren\u00e7o Cruz, coma o da Brass Band Esproarte, Nuno Machado, calificaron o concerto coma \u201c\u00e9xito tanto pola participaci\u00f3n do p\u00fablico como polas sensaci\u00f3ns que este intercambio deixou nos mozos e mozas que forman ambas e d\u00faas agrupaci\u00f3ns. Para eles foi unha experiencia moi positiva poder ensaiar e tocar con m\u00fasicos aos que non co\u00f1ecen as\u00ed como ter que preparar un repertorio para ofrecer en p\u00fablico\u201d.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\">Tanto a Brass Band Esproarte como a Banda Municipal de Ribadeo ofreceron o seu repertorio en solitario pero como remate final do concerto ambas e d\u00faas formaci\u00f3ns, de xeito conxunto, interpretaron o <\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\"><em>Aleluia<\/em><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\"> de Haendel e m\u00e1is un arranxo do musical <\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\"><em>Highlights from Chess<\/em><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\"> de Ulvaeus e Andersson. Como unha interpretaci\u00f3n \u201cespectacular e moi coidada\u201d, as\u00ed calificaba ao remate do concerto Louren\u00e7o Cruz, o director da BMR, a actuaci\u00f3n da formaci\u00f3n lusa. Pouco ou nada difiren as s\u00faas palabras da opini\u00f3n dun p\u00fablico que despediu \u00e1 Brass Band Esproarte cunha prolongada e pechada ovaci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\">Pero se espectaculares foron as actuaci\u00f3ns por separado, m\u00e1is a\u00ednda o foi a actuaci\u00f3n conxunta, onde segundo sinalaron os seus respons\u00e1beis, as d\u00faas formaci\u00f3ns \u201cofreceron o mellor de si, demostrando que son dous modelos de centro educativo \u2013 musicais moi semellantes cuxos resultados est\u00e1n sendo enormemente positivos\u201d. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\">O director pedag\u00f3xico da Escola Profesional de M\u00fasica de Mirandela, Jose Francisco Dias, sinalou no seu discurso de agradecemento que este intercambio \u00e9 \u201cun xeito de estreitar lazos entre dous pa\u00edses, Galicia e Portugal, con enormes semellanzas a nivel ling\u00fc\u00edstico, cultural e paisax\u00edstico\u201d. Dias reafirmou o seu compromiso de \u201clevar adiante m\u00e1is intercambios destas caracter\u00edsticas con Ribadeo e brindou o seu mellor recibimento para cando a formaci\u00f3n ribadense viaxe a Mirandela\u201d.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\">Pola s\u00faa banda o director da municipal ribadense, Louren\u00e7o Cruz, calificou como \u201cextraordinaria\u201d a experiencia e convidou, tanto aos m\u00fasicos como aos respons\u00e1beis dos centros, a \u201cmantelo vivo no tempo e a afondar m\u00e1is a\u00ednda nestes lazos musicais que unen dende xa a Ribadeo e m\u00e1is a Mirandela\u201d.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\">NOTA DESCRITIVA DA BRASS BAND ESPROARTE<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\">A <\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\"><em>Brass Band Esproarte<\/em><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\"> xorde no marco da Escoal Profissional de M\u00fasica de Mirandela, un centro educativo-musical que nace a comezos dos anos 90. Conta co apoio do goberno portugu\u00e9s as\u00ed como da C\u00e2mara Municipal Mirandela e a asociaci\u00f3n de comerciantes e industriais desta localidade portuguesa sita na rexi\u00f3n Norte, no Alto de Tr\u00e2s \u2013 os \u2013 Montes. Este centro veu encher un oco para todas e todos aqueles que na zona quer\u00edan adicar a s\u00faa vida \u00e1 m\u00fasica, un proxecto innovador que rachou todas as barreiras na rexi\u00f3n e axi\u00f1a se converteu nun referente do ensino musical no pa\u00eds luso.<br \/>\nGrazas \u00e1 s\u00faa calidade e \u00e1 solidez do seu proxecto a Escola de Mirandela non s\u00f3 vai ser o centro no que recalen os mozos e mozas da rexi\u00f3n norte, tam\u00e9n outros chegados do resto de Portugal van dar ao cabo cos seus estudos musicais neste centro.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\">Un dos eixes centrais do seu traballo pedag\u00f3xico \u00e9 a celebraci\u00f3n de actuaci\u00f3ns p\u00fablica en diferentes escenarios do pa\u00eds e tam\u00e9n do estranxeiro. Formaci\u00f3ns xurdidas no marco da Escola Profissional de M\u00fasica de Mirandela, como \u00e9 o caso da <\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\"><em>Brass Band<\/em><\/span><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\"> que hoxe nos visita, te\u00f1en ofrecido concertos en \u00c1vila, Salamanca, Zamora, Canad\u00e1, Escocia, arquip\u00e9lago de Madeira ou  Angola.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family:Arial Narrow, sans-serif;\">Todo elo baixo \u00e1 direcci\u00f3n de Jos\u00e9 Francisco D\u00edas, respons\u00e1bel do centro, e un dos encargados de convertela nun referente en todo o pa\u00eds luso.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>a pesares de ter publicado xa unha entrada o mesmo d\u00eda da actuaci\u00f3n, remato de recibir unha nota de prensa que po\u00f1o \u00e1 vosa consideraci\u00f3n: Ribadeo e Mirandela selan un irmanamento musical Ribadeo e Mirandela selan un irmanamento musical Ribadeo, marzo de 2008. A Banda Municipal de Ribadeo (BMR), xunto coa Escola Municipal de M\u00fasica [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[23],"class_list":["post-9706","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-musica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9706","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9706"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9706\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9706"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9706"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9706"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}