{"id":970,"date":"2024-02-05T23:08:00","date_gmt":"2024-02-05T22:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T12:01:06","modified_gmt":"2024-10-23T10:01:06","slug":"escudos-de-armas-do-retablo-da-marquesa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/02\/05\/escudos-de-armas-do-retablo-da-marquesa\/","title":{"rendered":"ESCUDOS DE ARMAS DO RETABLO DA MARQUESA (Castropol). Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>ESCUDOS DE ARMAS DO RETABLO DA MARQUESA (Castropol)<\/em><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pancho%20Campos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pancho Campos Dorado<\/a>&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/Pancho200.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/Pancho200.jpg\" class=\"wp-image-971\" width=\"427\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>Na Igrexa parroquial de Santiago Ap\u00f3stolo de Castropol, est\u00e1 este precioso retablo, cuxa imaxe central rememora a m\u00edtica Ascensi\u00f3n da Virxe ante a mirada at\u00f3nita dos Ap\u00f3stolos. Non falta detalle do arte barroco caracterizado polo realismo das s\u00faas formas e figuras, que se presentan v\u00edvidas ao espectador merc\u00e9 ao contraste de luces e sombras conformadas polos matices mesturados de claros-escuros das cores azuis ultramar e celeste, e verde cobalto claro, e esmeralda. As cores aplicadas nese fondo de intersticios entre as luxosas filigranas douradas crean un conxunto de formas delicadas que ampl\u00edan o efecto solemne e magn\u00edfico do retablo entre os fornelos dos santos e as columnas salom\u00f3nicas ateigadas de anxos e gabi\u00e1ns diversos.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNa parte alta at\u00f3panse dous Escudos de Armas, ambos os dous de forma el\u00edptica.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/Pancho203.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"458\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/Pancho203.jpg\" class=\"wp-image-972\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>O Escudo de Armas esquerdo segundo o observador mira o retablo, est\u00e1 timbrado cunha coroa de marqu\u00e9s, e o campo est\u00e1 cuartelado en cruz e rodeado de lambrequ\u00edns.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo primeiro cuartel: en campo de sinople, un castelo de ouro, mazonado (cos sillares indicados en sable), con tres torres, de cada unha delas sae unha lanza de sable. Son armas dos LANTOIRA.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSegundo cuartel: en campo de azur unha \u201cM\u201d de ouro coroada de ouro. Son armas dos MONTENEGRO.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTerceiro cuartel: en campo de gules, unha \u00e1rbore de ouro da que colga unha espada co pu\u00f1o de ouro e cargada, ao longo, por un escudo el\u00edptico de borde de ouro e burelado de sable. Son armas de DONLEB\u00daN.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCuarto cuartel: en campo de sinople dous cans (?) ou dos lobos (?) en pau, andantes cara a sinistra.<\/em><\/p>\n<p><em>Este escudo pertence aos bras\u00f3ns da Marquesa, D.\u00aa FRANCISCA DE NAVIA<br \/>\nARANGO MONTENEGRO y LANTOIRA<br \/>\nO Escudo de Armas dereito segundo o observador mira o retablo, est\u00e1<br \/>\ntimbrado cunha coroa de marqu\u00e9s, e o campo tam\u00e9n est\u00e1 cuartelado en cruz<br \/>\n e rodeado de lambrequ\u00edns.<\/em><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/Pancho207.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"466\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/Pancho207.jpg\" class=\"wp-image-973\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>No primeiro cuartel presenta: en campo de gules unha banda de sable engulida en dragantes dentados de sinople. Son armas dos NAVIA, a\u00ednda que con distintos esmaltes, \u00f3s que mencionan os nobiliarios: en campo de sinople unha banda de ouro engulida por dous dragantes do mesmo metal.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO segundo cuartel est\u00e1 cuartelado en catro. 1 e 4) En campo de sinople, un castelo de ouro con torre de homenaxe e mazonado. 2 e 3) Doce veros de ouro en tres faixas de catro cada unha. Son armas dos VIGIL DE QUI\u00d1ONES. (Nota: este bras\u00f3n at\u00f3pase representado nun escudo da casa de La Plazuela, na parroquia do Marcenado en Siero, a\u00ednda que este carece da bordura de sete grupos de seis veros en faixas de tres)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNo terceiro cuartel: en campo de azur unha barca co banzo de gules e borda dourada sobre ondas de azur e prata, portando a bordo dous lobos de sable furiosos (rampantes), colocados en faixa. Son armas dos CAD\u00d3RNIGA.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nNeste bras\u00f3n aparece similitude nos nobiliarios, coas figuras dos SIERRA: \u201cen campo de sinople, dous osos enfurecidos ou furiosos (rampantes) de sable, embarcados nun bote de borda dourada e casco de gules, sobre ondas de azur\u201d.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSegundo se ve na representaci\u00f3n do bras\u00f3n, a cola larga dos animais, m\u00e1is parece de lobos que de osos; mais como xa vemos noutros casos, as figuras e os esmaltes foron recollidas moitas veces ao gusto do artista e non ao estrito concepto nobiliario.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDeixamos est\u00e1 d\u00fabida aqu\u00ed reflectida, posto que os MENDEZ NAVIA de Ribadeo son familia dos SIERRA, segundo testamento de D. BALTHASAR MENDEZ NAVIA Y SIERRA casado con D.\u00aa ANTONIA DE ESTRADA Y RIO (<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/07\/escudo-da-capela-de-san-roque-francisco.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, p.61<\/a>)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCuarto cuartel. En campo de gules tres faixas xaqueladas de ouro e gules de catro ordes cada unha. Son armas dos SOTOMAYOR.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTam\u00e9n puidese interpretarse este cuarto cuartel: en campo de gules, corenta e dous xaqueles de ouro, alternando entrantes de gules e sa\u00edntes de ouro. Podendo ser armas dos VALLADARES (con 42 pezas 6&#215;7) ou dos BERMUDEZ sobradas (con 30 pezas 5&#215;6)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEste escudo, sen d\u00fabida, pertence aos bras\u00f3n do III Marqu\u00e9s de Marcenado, D. \u00c1LVARO JOS\u00c9 DE NAVIA-OSORIO y VIGIL DE LA R\u00daA.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSegundo vemos ambos os dous Escudos de Armas deste retablo, non cabe d\u00fabida de que o esquerdo pertence a D.\u00aa FRANCISCA DE NAVIA ARANGO MONTENEGRO Y LANTOIRA (n. Castropol 1680- f. Valladolid 1706) filla dos Marqueses de FERRERA e titular da Casa do Campo de Castropol e o escudo dereito \u00e9 dun marqu\u00e9s do Marcenado, e  contrastando os seus bras\u00f3ns e datas coa xenealox\u00eda dos Marqueses de SANTA CRUZ DE MARCENADO, corresponde \u00f3 matrimonio do III Marqu\u00e9s (1717-1732), D. \u00c1LVARO JOS\u00c9 DE NAVIA-OSORIO Y VIGIL DE LA R\u00daA (n. Puerto Vega 1684\u2013 f.Or\u00e1n 1732). Fidalgo de Navia, III Vizconde del Puerto (referente a Puerto de Vega), Se\u00f1or da Casa de Celles e da Torre de Vigil entre outros moitos t\u00edtulos e cargos militares con rango de General, que casou en primeiras n\u00fapcias coa MARQUESA DE FERRERA, dona da Casa do Campo da Castropol, que a partir do seu matrimonio con D. \u00c1lvaro pasou a ser chamada O Pazo dos Marqueses de Santa Cruz de Marcenado, por aquelo da costume legal de que o home casado manti\u00f1a todos os seus privilexios, e acaparaba baixo o seu patrimonio todos os que a muller tivera. As\u00ed era e foi at\u00e9 que se redactou o Artigo 14 da Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola de 1978, e a\u00ednda quedaron farrapos para acadar a igualdade.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nXa tardou en chegar a civilizaci\u00f3n moderna a este pa\u00eds! Non vos parece?<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; ESCUDOS DE ARMAS DO RETABLO DA MARQUESA (Castropol) Pancho Campos Dorado&nbsp; Na Igrexa parroquial de Santiago Ap\u00f3stolo de Castropol, est\u00e1 este precioso retablo, cuxa imaxe central rememora a m\u00edtica Ascensi\u00f3n da Virxe ante a mirada at\u00f3nita dos Ap\u00f3stolos. Non falta detalle do arte barroco caracterizado polo realismo das s\u00faas formas e figuras, que se [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":971,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-970","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/970","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=970"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/970\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/971"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=970"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=970"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=970"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}