{"id":9675,"date":"2008-04-15T07:41:00","date_gmt":"2008-04-15T05:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:37:21","modified_gmt":"2024-11-12T14:37:21","slug":"web","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/04\/15\/web\/","title":{"rendered":"Web"},"content":{"rendered":"<p>Hai xa varias semanas que no blog adiantaba que posiblemente teriamos unha renovaci\u00f3n, totalmente necesaria, da web do concello. Hoxe sae na prensa un adianto da s\u00faa estrutura, na que haber\u00e1 informaci\u00f3n, promoci\u00f3n e colaboraci\u00f3n. No de informaci\u00f3n non entendo moi ben se ir\u00e1 tam\u00e9n toda a xesti\u00f3n que hoxe pode dar de si unha p\u00e1xina web dunha administraci\u00f3n, pero coido que as\u00ed debera ser. E a de colaboraci\u00f3n, de entender ben, ser\u00e1 unha ferramenta b\u00e1sica de desenvolvemento do concello no futuro, canalizando parte das opini\u00f3ns e contribuci\u00f3ns veci\u00f1ais dun xeito m\u00e1is \u00e1xil, menos mediatizado polo clientelismo, gardando m\u00e1is a historia e a difuxi\u00f3n desas contribuci\u00f3ns, etc. De t\u00f3dolos xeitos, e pola mi\u00f1a experiencia de varios anos de uso de internet como medio de comunicaci\u00f3n e cooperaci\u00f3n cos meus alumnos, a cousa necesitar\u00e1 unha pequena rodaxe e seguir\u00e1 a manter diferencias de comunicaci\u00f3n entre o rural e a vila mentras non se normalice a situaci\u00f3n do internet rural (algo que, por outra banda, se est\u00e1 tentando paliar por medio do funcionamento de internet nas ex-escolas rurais).<br \/>\nReferente \u00f3 eido tecnol\u00f3xico, onte atopeime en Ribadeo nas ant\u00edpodas, cun sentemento que, se ben me atopara antes, non sentira con tanta intensidade. Tr\u00e1tase de algo \u00f3 que a tecnolox\u00eda polo momento \u00e9lle accesorio, tr\u00e1tase do ambiente agobiante que unha vila a\u00ednda non moi grande pode ter sobre alg\u00fans veci\u00f1os. Non \u00e9 cuesti\u00f3n de ter poucos actos culturais (o nivel de Ribadeo en actos culturais en relaci\u00f3n \u00e1 poboaci\u00f3n que ten coido que \u00e9 moi bo) ou en xeral, &#8216;cousas que facer&#8217; (sempre hai un mont\u00f3n). Non, tr\u00e1tase da relaci\u00f3n entre persoas que observei en diversos medios e da que quero dar nota pero tampouco concreto polo momento nun estudo. A sociedade ribadense \u00e9 moitas veces a dunha pequena aldea que se estende moito m\u00e1is al\u00f3, pero que hai preguiza, ou medo, ou envidia autolimitante, (entre algunhas posibilidades) para chegar a ela, e polo tanto, \u00e9 como se non existira. Son consciente de que non o estou a contar moi ben, polo que haber\u00e1 que voltar sobre elo noutro momento con m\u00e1is tempo para contribu\u00edr tanto a un profundizamento sociol\u00f3xico de Ribadeo como sobre todo, a po\u00f1er patente a necesidade dun cambio de ambiente nalg\u00fans aspectos do d\u00eda a d\u00eda ribadense.<br \/>\n&#8230; E sa\u00edu o medio ambiente non s\u00f3 na li\u00f1a a nterior, sen\u00f3n no novo ministerio de agricultura de medio ambiente. O orden de alusi\u00f3n non prognostica moito bo para a independencia da xesti\u00f3n do medio en relaci\u00f3n co interese econ\u00f3mico doutras actividades. Pero non ter\u00eda dito nada se hoxe mesmo non  tivera visto nos medios un titular que conecta de xeito lateral coa xesti\u00f3n do entorno por parte dun ente p\u00fablico, contribu\u00edndo a facelo menos p\u00fablico (o entorno, que o ente xa sabemos por experiencia que ten pouco de p\u00fablico e transparente), que me chamou a atenci\u00f3n e que me resisto a ver tal cual e non unha esaxeraci\u00f3n: &#8220;<a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2008\/04\/15\/0003_6734139.htm\">Portos autorizar\u00e1 un p\u00e1rking en el puerto de Burela si una empresa lo gestiona<\/a>&#8220;. \u00c9 dicir, se hai unha xesti\u00f3n po\u00f1amos, por parte do municipio, ent\u00f3n, xa non vale? No interior da nova tampouco da moitos apoios para interpretar outra cousa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai xa varias semanas que no blog adiantaba que posiblemente teriamos unha renovaci\u00f3n, totalmente necesaria, da web do concello. Hoxe sae na prensa un adianto da s\u00faa estrutura, na que haber\u00e1 informaci\u00f3n, promoci\u00f3n e colaboraci\u00f3n. No de informaci\u00f3n non entendo moi ben se ir\u00e1 tam\u00e9n toda a xesti\u00f3n que hoxe pode dar de si unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-9675","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9675","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9675"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9675\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9675"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9675"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9675"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}