{"id":9668,"date":"2008-04-20T00:55:00","date_gmt":"2008-04-19T22:55:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:37:10","modified_gmt":"2024-11-12T14:37:10","slug":"as-primeiras-pxinas-do-pxom","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/04\/20\/as-primeiras-pxinas-do-pxom\/","title":{"rendered":"As primeiras p\u00e1xinas do PXOM"},"content":{"rendered":"<p>Cando comezo a escribir, levan pasadas d\u00faas semanas dende que iniciou o prazo de alegaci\u00f3ns, e non vin moitas alusi\u00f3ns na prensa.<br \/>\nA empresa supo\u00f1o que xa cobrou parte do terceiro tempo do PXOM (\u00e9 dicir, a terceira vez que a mesma empresa fai o proxecto para a mesma validaci\u00f3n do PXOM en Ribadeo). E ser\u00eda cousa que non fora as\u00ed. &#8216;As\u00ed&#8217;  vai polo cobro repetido por facer algo que s\u00f3 debera ter sido feito unha volta, pero ben. Claro que os pol\u00edticos tam\u00e9n infl\u00faen en que non se dera feito polo momento. Pero &#8216;as\u00ed&#8217; vai tam\u00e9n porque esa falta de movemento implica que o plan estase a levar como algo de particulares, cada un defendendo os seus propios intereses, pasando \u00f3 final, e por dicilo dun xeito suave con verbas de Kipling, que as \u00e1rbores non deixen ver o bosque. \u00c9 dicir, que os intereses de cada un non deixen sa\u00edr a flote os intereses comunitarios que deben de estar por riba e que en xeral influir\u00e1n en que os intereses particulares tam\u00e9n sexan atendidos en forma convinte.<br \/>\nO plan que est\u00e1 en per\u00edodo de alegaci\u00f3ns (ata o 2 de xu\u00f1o) \u00e9 moita informaci\u00f3n especializada para abordala en solitario e cuns co\u00f1ecementos moi reducidos. Por iso un grupo de xente estamos mans \u00e1 obras para abranguelo algo mellor. Pero mentres chega e non chega, e como dous meses non son moito tempo (os especialistas que fixeron o plan tardaron m\u00e1is, non si? E os pol\u00edticos que lle deron a aprobaci\u00f3n inicial, tam\u00e9n) vaian algunhas verbas para comezar, sen pretender nun par de cuartillas dar unha estrutura xeral alternativa, sen\u00f3n chamar a atenci\u00f3n sobre alg\u00fans puntos indicativos que se poden ver dunha ollada curta e profana na materia.<br \/>\nNa mi\u00f1a opini\u00f3n, o documento presenta s\u00edntomas de chapuza nalg\u00fans aspectos. Te\u00f1o deixado no meu blog imaxes con zonas de Ribadeo que non se corresponden coa realidade, o que, para o terceiro intento da mesma empresa non di moito de bo. \u00c9 certo que a complexidade dun plano como o PXOM vai deixar sempre erros, pero de seguir coa mesma t\u00f3nica, un plano correspondente a unha cidade, po\u00f1amos Vigo, ser\u00eda sinxelamente ilexible, e non pola dificultade t\u00e9cnica, sen\u00f3n polos erros.<br \/>\nCalquera pode ver cousas como que obras xa realizadas non aparecen (pode tentar procurarse a fonte do Parador, coa s\u00faa rotonda), obras que levan xa tempo previstas e apunto de comezar, tampouco (que se mire polo ascensor da atalaia), outras aparecen de xeito diferente en planos diferentes (e a\u00ednda mal en todos eles, como o \u00faltimo recheo, que ou ben non aparece ou ben aparece con medidas que non corresponden, como se fora algo do que se avergo\u00f1a o concello, por citar ata o momento s\u00f3 obra p\u00fablica). Aparecen zonas de planta baixa compartindo parede con outras zonas de sete alturas, r\u00faas sen o ancho adecuado, pero tampouco co ancho real, e as\u00ed sucesivamente. Exemplos, sobran. E estrana que non sa\u00edran \u00e1 palestra ata o momento.<br \/>\nDe calquera xeito, por alg\u00fan sitio hai que comezar se se quere ollar o plano xeral. Por exemplo, pola memoria que o acompa\u00f1a.<br \/>\nB\u00f3tolle a ollada \u00e1s primeiras p\u00e1xinas e&#8230; sorprende que cun goberno do BNG a memoria vaia en castel\u00e1n con nomes en galego polo medio, misturados, pero esa \u00e9 a t\u00f3nica non s\u00f3 da memoria, sen\u00f3n tam\u00e9n dos planos en relaci\u00f3n \u00f3s 112,3km2 declarados como extensi\u00f3n do concello.<br \/>\nEntrando en materia, non parece que os redactores do plan &#8216;entraran moito en materia&#8217; d\u00e1ndose uns paseos por Ribadeo antes ou \u00f3 momento de coller e po\u00f1erse a traballar cos planos. Parece m\u00e1is ben unha obra de estudo, deixando a realidade f\u00f3ra. E non me refiro s\u00f3 polos gazapos nos planos, xa citados.<br \/>\nNa memoria, p\u00e1xina 12, obs\u00e9rvase que non existe a autov\u00eda como estrutura de comunicaci\u00f3n, citando unha conxestionada estrada costeira sen m\u00e1is. Outras referencias noutros lugares da memoria indican o mesmo, mentres nos planos se mant\u00e9n como un futurible o que xa estaba realizado cando se deu a aprobaci\u00f3n inicial. Por suposto, a evoluci\u00f3n posible do tr\u00e1fico \u00e1 luz de segundas residencias ou dos prezos e esgotamento do petr\u00f3leo \u00e9 algo que lle queda grande \u00f3 plano.<br \/>\nUnha p\u00e1xina m\u00e1is adiante recolle o de Vilaframil como o &#8216;\u00fanico aer\u00f3dromo da provincia&#8217;. Non afecta \u00f3 de Vilaframil que o de Rozas sexa m\u00e1is co\u00f1ecido e abondo m\u00e1is antigo, pero di algo sobre como se fixo a recollida de datos.<br \/>\nOs datos demogr\u00e1ficos que usa na p\u00e1xina 14 son os do censo 2001, nos que Ribadeo aparece con 9163 habitantes, e non cos 10000 que pretend\u00eda o alcalde o pasado ano e que estaban pendentes de comprobaci\u00f3n (ou os 9704 que aparecen no c\u00f3mputo de xaneiro de 2007). O caso \u00e9 que hai entre ambas cifras unha diferencia de perto do 10%, e 7 anos nos que Ribadeo evolucionou: o plan pret\u00e9ndese para 30 anos, pero esa diferencia implica que se parte xa cunha incertidume inicial correspondente a un cuarto de dita cifra, o que se ve apoiado e incrementado porque na p.15 realiza unha recompilaci\u00f3n de datos sobre a demograf\u00eda anterior de Ribadeo e non os proxecta sobre a futura. \u00c9 dicir, contan m\u00e1is os habitantes de Ribadeo no 1991 que a d\u00eda de hoxe, como se corrobora asemade na p.22 onde se toma como base \u00faltima os datos das vivendas no 1991. Cambiou Ribadeo dende ent\u00f3n? Coido que si, e m\u00e1is a\u00ednda se introducimos que a tendencia de datos de poboaci\u00f3n que se consideran non \u00e9 a actual. Por outra banda, os datos, chantados sen m\u00e1is, necesitar\u00edan dunha m\u00ednima an\u00e1lise para saber como se van a interpretar e de xeito consecuente que se vai a facer con eles.<br \/>\nNas p\u00e1xinas 20 ou 25 aparecen algunhas curiosidades, que hai que ver \u00e1 luz dos bailes de datas delatados no par\u00e1grafo anterior: dous de cada cinco empregos de Ribadeo est\u00e1n no sector servizos (eu dir\u00eda que m\u00e1is&#8230;), e no termo de Ribadeo existen &#8230; 371 segundas vivendas! (eu dir\u00eda que m\u00e1is!)<br \/>\nFacendo un inciso, e despois dunha ollada moi r\u00e1pida sobre o documento, coido que segue a faltar un desideratum sobre o que se pretende para Ribadeo no futuro, pedido polo Tes\u00f3n e por min como alegaci\u00f3n e tam\u00e9n na comarca e no blog con anterioridade.<br \/>\nCausa estra\u00f1eza (alomenos a min) que, \u00f3 coller un criterio de entidades de poboaci\u00f3n de 500 habitantes, Rinlo non sexa en consecuencia considerado como n\u00facleo urbano para c\u00f3mputos poboacionais (p.27) na memoria. En contradici\u00f3n co anterior, nos planos de n\u00facleos urbanos si aparece Rinlo diferenciado.<br \/>\nA memoria ten dez veces m\u00e1is extensi\u00f3n que a que levo comentado, e os planos son moitos m\u00e1is. Polo momento, punto.<br \/>\n(publicado onte na Comarca e onte e hoxe no El Progreso\/ A Mari\u00f1a)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando comezo a escribir, levan pasadas d\u00faas semanas dende que iniciou o prazo de alegaci\u00f3ns, e non vin moitas alusi\u00f3ns na prensa. A empresa supo\u00f1o que xa cobrou parte do terceiro tempo do PXOM (\u00e9 dicir, a terceira vez que a mesma empresa fai o proxecto para a mesma validaci\u00f3n do PXOM en Ribadeo). E [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65],"class_list":["post-9668","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9668","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9668"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9668\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9668"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9668"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9668"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}